7/2/14

Ler para saber A CIENCIA: 8 charlas para saber +

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-17365.pdf
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-17365.pdfLer para saber A CIENCIA:  charlas científicas para adolescentes e público en xeral,  na Biblioteca Central Rialeda, en Perillo.
Debido á boa acollida que tivo
a actividade Ler para saber nas edicións anteriores,  este ano realizamos unha nova programación para os meses de febreiro a maio.
Son oito charlas sobre temas científicos dirixidas a nenas e nenos (a partir de 10 anos de idade), adolescentes e público en xeral, que terán lugar na Biblioteca Central Rialeda, sita en Perillo, os venres, ás 18.30 horas.
Os obxectivos que se pretenden conseguir son: achegar a ciencia a todas as persoas, ampliar os coñecementos sobre temas científicos de importancia na vida diaria, fomentar o coñecemento específico dunha materia determinada, dinamizar os fondos bibliográficos e audiovisuais que tratan estes temas, atraer á biblioteca a un público interesado pola ciencia e, en definitiva,  fomentar  a lectura e a consulta de libros e outros recursos que traten estas temáticas.
Programáronse charlas sobre aspectos moi diferentes para atraer a un público de gustos diversos e variados: microbioloxía, comportamento animal, bioloxía, medicina, matemáticas, neurociencia, mitoloxía e arqueoloxía.
Para que esta programación se poida levar a cabo colaboran as seguintes institucións: a Universidade da Coruña, os Museos Científicos Coruñeses e diversos profesionais. Todos eles participan de forma altruísta e gratuitamente.
 

- 14 de febreiro
OS MICROBIOS E TI
Ángeles Cid Blanco. Doutora en Bioloxía. Profesora de Microbioloxía da Universidade da Coruña.
 

- 21 de febreiro
ANIMAIS MENTIREIROS
María José Servia García. Doutora en Bioloxía. Profesora de Comportamento Animal da Universidade da Coruña.
 

- 14 de marzo
IMOS FALAR DE OVOS: A REPRODUCIÓN OVÍPARA DOS ANIMAIS
Francisco Armesto Ramón. Biólogo. Director técnico de proxectos dos Museos Científicos Coruñeses (=mc2).
 

- 21 de marzo
TI PODES SALVAR UNHA VIDA. APRENDEMOS A RCP?
Carlos Agrasar Cruz. Licenciado en Medicina e Cirurxía. Doutor en Educación Física. Profesor de Anatomía da Universidade da Coruña.
 

- 28 de marzo
AVANCES DA REALIDADE VIRTUAL: DO VIDEOXOGO AO PARKINSON
Verónica Robles García. Investigadora no grupo de Neurociencia (NEUROcom) da Universidade da Coruña.
 

- 4 de abril
MATEMÁTICAS APLICADAS Á CONSTRUCIÓN
Isabel Martínez Lage.  Doutora Enxeñeira de Camiños, Canais e Portos. Profesora de Enxeñería da Construción da Universidade da Coruña.
 

- 25 de abril
NA PROCURA DOS DEUSES DA IDADE DO FERRO. DA CIENCIA Á FANTASÍA CON “VENTO E CHUVIA”
Manuel Gago Mariño. Profesor da Universidade de Santiago de Compostela, na Facultade de Ciencias da Comunicación. Director de culturagalega.org, portal de divulgación do Consello da Cultura Galega.
Soledad Felloza. Actriz e fotógrafa.
 

- 9 de maio
A TORRE DOS MOUROS NOS TEMPOS DOS VIQUINGOS. A LUZ DA ARQUEOLOXÍA PARA ÉPOCA ESCURA
Antón Fernández Malde. Arqueólogo. Director da equipa de investigación do Castro das Travesas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario