PreTextos é unha sección de Universo Abierto, blog da Biblioteca da Facultad de Traducción y Documentación da Universidad de Salamanca adicada a recoller testemuños de como a cultura, o cine e outros medios reflicten o libro, as bibliotecas e a imaxe profesional d@s bibliotecari@s.
Desta volta ofrécenos textos e audio de "A lingua das bolboretas", película dirixida por José Luis Cuerda. O guión é de Rafael Azcona e básase en tres historias do libro "¿Que me queres, amor?" (1996) do coruñés Manuel Rivas. Estes relatos son: “A lingua das bolboretas”, “Un saxo na néboa” e “Carmiña”.
Grazas PreTextos por esta fermosa achega.
No hay comentarios:
Publicar un comentario