4/12/13

Obradoiro "Leixaprem" n' As Torres de Santa Cruz: 5 de decembro

O Obradoiro de poesía "Leixaprem: Martín Codax" correrá a cargo do músico Juan Carlos Vázquez e participará o alumnado de 3º D de ESO do IES Miraflores de Oleiros, de 10:30 a 12:30. Celebrarase n' As Torres de Santa Cruz.
"Leixaprem" é un obradoiro de poesía, música e pintura a través do tempo (Século XIII - S. XXI). Unha actividade de creación poética a partir do poema de Martín Codax -"Eno Sagrad ́ en Vigo" (S. XIII)-, cantiga de amigo que emprega o paralelismo. As/os participantes escribirán e completarán unha cantiga medieval. A partir dun artificio formal, propiciado pola propia estrutura do leixaprem, elaborarán unha nova versión do poema “Eno sagrad’ en Vigo” de Martín Codax, acompañado de música modal con carácter improvisatorio.

3/12/13

Tertulia literaria en Rialeda: 4 de decembro (Grupo B)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario da obra "Amor de Artur" de Xosé Luis Méndez Ferrín.
Documentación

Nesta sesión contaremos coa presenza da profesora e catedrática de lingua e literatura galega Rosa García Vilariño.

A seguinte obra programada é "Una temporada para silbar" de Ivan Doig.

29/11/13

Recomendacións en Radioleiros: 29 de novembro

- Xuvenil (de 12 a 14 anos):

Son cinco relatos que abordan temas sobre nenas e nenos aos que se lles negan os dereitos básicos. Os textos que abren cada conto son adaptacións de artigos da Convención dos Dereitos da Infancia. 

Aakesh ten que sobrevivir buscando os alimentos nos contedores de lixo, Altair é explotada, o Meninho da rúa carece de identidade, Leila obrígana a casar cun home adulto e Carlos é un neno con discapacidades. Unha fermosa obra que aposta pola xustiza e a liberdade, deixando sitio para a esperanza. Un magnífico libro escrito con gran sensibilidade, no que presentan estas temáticas con tal delicadeza que o fan axeitado para adolescentes a partir de, aproximadamente, 12 anos. Esta obra foi incluída na Lista do Centro IBBY de Documentación para Nenos con Necesidades Especiais con sede en Oslo.

Fina Casalderrey, unha das mellores escritoras galegas de literatura infantil e xuvenil na actualidade, ven de ingresar hai uns días na Real Academia Galega. Desde as Bibliotecas Municipais de Oleiros queremos felicitala e darlle os nosos parabens. 


- Moz@s e Adult@s:

Cátedra (dispoñible tamén en Alianza, Altea e Unidad Editorial)

Foi publicada en 1859. É unha novela histórica sobre a Revolución francesa e a vida nesa época. Desenvólvese entre dúas cidades: Londres e París. Mentres que en Londres podían levar unha vida relativamente tranquila e representa a paz; en París é unha época de grandes cambios sociais e de axitación.

A obra esta formada por tres partes denominadas: “Vuelto a la vida”, “El hilo de oro” e “El rastro de una tempestad”.

Estamos no ano 1775, a moza Lucie Manette e o señor Lorry (un home que traballa no Banco Tellson, amigo da familia dende hai moito tempo) van a Francia a rescatar ao pai de Lucie, a quen crían morto. Estivera 18 anos recluído na prisión da Bastilla, no calabozo 105 da torre norte. Fora un médico de prestixio. Lucie trasládao a vivir con ela a Londres. Levan unha vida apracible, pero, no ano 1780, foron chamados como testemuñas nun proceso de traizón, o mozo Charles Darnay é acusado de ser espía ao servizo de Francia...

Destacan as descricións de personaxes e de lugares, xunto a unha gran ironía ao describir determinados feitos. Presenta unha crítica social e unha reprobación ás malas condicións de vida das clases máis baixas, a como eran oprimidas polos poderosos.

A obra explica o ambiente da Revolución francesa e as numerosas execucións realizadas, amosa a Revolución como un castigo á aristocracia pola explotación que realizaron ao pobo, sen ningún debate político nin filosófico e dándolle demasiado protagonismo ás clases populares. Transmítenos o seu rexeito da barbarie e da violencia, tanto da que realizan os poderosos como da das clases populares, ao mesmo tempo que nos fala das inxustizas e da pobreza dos oprimidos.

Estamos ante unha obra clásica da literatura universal, de espías e conspiradores, de heroes e fracasados, de conflitos sociais e de vinganzas, pero tamén de amor e de amizade.


Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

28/11/13

28 de novembro: Obradoiro "Leixaprem" nas Torres de Santa Cruz


Nas Torres de Santa Cruz celebrouse o obradoiro de poesía, música e pintura "Leixaprem" a cargo do músico Juan Carlos Vázquez.

"Leixaprem" é unha viaxe dende o século XIII, inspirada no poema de Martín Codax -"Eno Sagrad´ en Vigo" (S. XIII)-, cantiga de amigo que emprega o paralelismo.

É unha actividade dirixida ao alumnado de ESO dos centros públicos de ensino que consiste en escribir e completar unha cantiga medieval, elaborando asimesmo unha nova versión. Todo elo acompañado de música modal.

O xoves 28 de novembro foi realizada co alumnado de 3º C da ESO do I.E.S. Miraflores. Velaí unha imaxe do traballo realizado:




 

27/11/13

Exposicións bibliográficas na Biblioteca "Rosalía de Castro"

 
Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" (Santa Cruz) podes contemplar as exposicións bibliográficas "As máquinas" e "25 de Novembro: día internacional contra a violencia de xénero", ambas dirixidas ao público infantil.

24/11/13

Hora do conto: de 25 a 29 de novembro

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122549&name=DLFE-16222.pdf
http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Hora%20do%20ContoBiblioteca Pública Municipal "Mª José Ruso". Dorneda
Luns 25 de novembro
CONTACONTOS: Avoa Violeta da Compañía Trinke Trinke
TÍTULOS:  A buscar o que se perdeu: “Os catro amigos”, “Peluche”
Biblioteca Pública Municipal "Manuel María". Oleiros
Martes 26 de novembro
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULOS: “As princesas tamén xogan ao fútbol” 


Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 27 de novembro
CONTACONTOS: Genma Pardo
TÍTULOS: Ven ao mundo do circo!!: “A pallasa Lola”, “Agustina, a pallasa”, "O gran amigo do ceo”
Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 28 de novembro
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS: “Quen dixo medo?”
Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera
Venres 29 de novembro
CONTACONTOS: Raquel Queizás
TÍTULOS:  “O amigo do pequeno tiranosauro”, “Orellas de coello”
(AVISO: Os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente, todas as sesións son ás 18:30, dirixida a nenas e nenos de 3 a 10 anos)

22/11/13

Recomendacións en Radioleiros: 22 de novembro

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion/radio/podcast/todo-esta-nos-libros
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=103840- Infantil (de 6 a 8 anos):
"Artur e Clementina" texto de Adela Turin e ilustracións de Nella Bosnia, editado por Kalandraka.
Narración escollida con motivo da celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero: Tras a historia de dúas tartarugas, Artur e Clementina, que se namoran e se van vivir xuntos, está o proceso  por parte de Artur de intentar anular a Clementina, con pequenos detalles que semella facer para que ela se sinta máis feliz. A súa lectura leva aos-ás lectores-as,  sexan da idade que sexan, a pensar ata onde chega o namoramento ou o someterse ao namorado? Paga a pena vivir sometido cando a vida está chea de oportunidades, de praceres e sensacións? Clementina decide que non.
- Mozos-as e adultos-as:
"La grieta" de Doris Lessing, en Lumen.
Esta obra, unha das derradeiras da escritora recentemente falecida, está escrita como se dunha fábula para adultos-as se tratase, contada por un patricio romano que trata de explicar os inicios da vida na terra, nunha costa con rochas escarpadas onde viven femias capaces
de procrear soas sen varón, fecundadas pola Lúa. Toda a narración é unha alegoría que a propia Lessing recoñece que se lle ocurríu despois de ler un artigo científico no que se especulaba con que o primeiro ser humano tiña que ser unha muller. Estas primeiras mulleres habitantes das rochas, se daban a luz un varón, desfacíanse del deixándoo morrer nos cantís, pero as águias salvaban a moitos deles e así aparece unha comunidade de homes nun bosque cercano, que como é natural as mulleres rematan por atopar…
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

20/11/13

Instantáneas de plastilina na Biblioteca Central Rialeda

https://picasaweb.google.com/112968433170961771213/InstantaneasDePlastilinaNaBibliotecaCentralRialeda19112013?authuser=0&feat=directlink
O martes 19 de novembro tivo lugar na Biblioteca Central Rialeda, o obradoiro Instantáneas de plastilina coa artista plástica, escritora e ilustradora María Noel Toledo. Nesta actividade participaron alumnos-as de 3º A e 3º B de Educación Primaria do CEIP Valle-Inclán de Perillo
 Deixámosvos unha galería de fotos co "proceso de creación" e o resultado das 12 escenas froito deste taller. Poden visitarse no segundo andar de Rialeda (sala de audiovisuais) ata o mércores 27 de novembro.



Mostra bibliográfica de Doris Lessing en Santa Cruz

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=au%2Cwrdl&q=lessing%2C+doris&limit=branch%3AOLE2&sort_by=title_az&addto=
O pasado 17 de novembro faleceu a escritora Doris Lessing aos 94 anos. Recibíu o Premio Nobel de Literatura no ano 2007 por unha obra que segundo a Academia  “soubo capturar o esencial e a épica da experiencia feminina, que con escepticismo, lume e poder visionario someteu a exame a unha civilización dividida”.
Naceu en Kermanshah, Persia (actual Irán). Comezou a escribir aos 15 anos e practicou case todos os xéneros literarios, chegando a publicar máis dun centenar de libros. A súa obra “O caderno dourado” coñécese como a obra cume da literatura feminista. Lessing foi galardonada con numerosos premios: ademáis do Nobel en 2007, recibíu tamén o Príncipe de Asturias das Letras en 2001.

18/11/13

Tertulia literaria en Santa Cruz: 18 de novembro

Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
Hora: 18,30 a 20 h.

Comentario da obra "Entre la bruma" de Simonetta Agnello Hornby.

Obras de Simonetta Agnello Hornby nas nosas bibliotecas.

A seguinte obra programada é "Amor de tango" de María Xosé Queizán.

PINOCHO130: "trola a trola..."

PINOCHO130: Feliz aniversario!!!
Despois de longos meses de traballo, "trola a trola", o nariz de Pinocho foi medrando ata acadar os 16 metros, as 629´92 polgadas, as 80 cuartas, os 52´48 pés e as 17´44 iardas...  Para confeccionar esta formidable napia reutilizamos 130 partes de cartolina de 12'5 cm cada unha; daquelas antigas fichas de catalogación utilizadas nas bibliotecas: unha por cada ano do aniversario que conmemora o número 130 da publicación como libro en 1883, do personaxe de Collodi.
Feliz 130 aniversario, Pinocho! Grazas nen@s por decorar a biblioteca cun fociño tan orixinal!

17/11/13

Hora do conto: de 19 a 22 de novembro

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122549&name=DLFE-16222.pdf
Biblioteca Pública Municipal "Federico García Lorca". Montrove
Martes 19 de novembro
CONTACONTOS: Ratiña Lupiña da Compañía Trinke Trinke
TÍTULOS:  Ovos, letras e galiñas: “Sae do cascarón, poliño!”, “O galo Kiriko”
Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 20 de novembro
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS: “Una luz diminuta surgió de la nada...”
Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño". Lorbé
Mércores 20 de novembro
CONTACONTOS: Pizpireta

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Hora%20do%20Conto
TÍTULOS: "Gato Guille e os monstros", “O final de Metemedo"
Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 21 de novembro
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULOS: “Contos do outono africano”

Biblioteca Pública Municipal "Ánxel Fole". Nós
Venres 22 de novembro
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULOS:  “O medo é brandiño”, “Fiorina e Pionina”, “A cara perfecta”
(AVISO: Os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente; salvo indicación, todos os actos terán lugar ás 18:30 h.; actividade dirixida a nenas e nenos de 3 a 10 anos)