O martes 19 de novembro tivo lugar na Biblioteca Central Rialeda, o obradoiro Instantáneas de plastilina coa artista plástica, escritora e ilustradora María Noel Toledo. Nesta actividade participaron alumnos-as de 3º A e 3º B de Educación Primaria do CEIP Valle-Inclán de Perillo.
Deixámosvos unha galería de fotos co "proceso de creación" e o resultado das 12 escenas froito deste taller. Poden visitarse no segundo andar de Rialeda (sala de audiovisuais) ata o mércores 27 de novembro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario