22/11/13

Recomendacións en Radioleiros: 22 de novembro

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion/radio/podcast/todo-esta-nos-libros
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=103840- Infantil (de 6 a 8 anos):
"Artur e Clementina" texto de Adela Turin e ilustracións de Nella Bosnia, editado por Kalandraka.
Narración escollida con motivo da celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero: Tras a historia de dúas tartarugas, Artur e Clementina, que se namoran e se van vivir xuntos, está o proceso  por parte de Artur de intentar anular a Clementina, con pequenos detalles que semella facer para que ela se sinta máis feliz. A súa lectura leva aos-ás lectores-as,  sexan da idade que sexan, a pensar ata onde chega o namoramento ou o someterse ao namorado? Paga a pena vivir sometido cando a vida está chea de oportunidades, de praceres e sensacións? Clementina decide que non.
- Mozos-as e adultos-as:
"La grieta" de Doris Lessing, en Lumen.
Esta obra, unha das derradeiras da escritora recentemente falecida, está escrita como se dunha fábula para adultos-as se tratase, contada por un patricio romano que trata de explicar os inicios da vida na terra, nunha costa con rochas escarpadas onde viven femias capaces
de procrear soas sen varón, fecundadas pola Lúa. Toda a narración é unha alegoría que a propia Lessing recoñece que se lle ocurríu despois de ler un artigo científico no que se especulaba con que o primeiro ser humano tiña que ser unha muller. Estas primeiras mulleres habitantes das rochas, se daban a luz un varón, desfacíanse del deixándoo morrer nos cantís, pero as águias salvaban a moitos deles e así aparece unha comunidade de homes nun bosque cercano, que como é natural as mulleres rematan por atopar…
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario