24/4/26

Recomendacións en RadiOleiros: 24 abril 2026

A cornecha e a xibardo de Julia Donaldson e Axel Scheffler
Recomendacións en RadiOleiros: 24 abril 2026- Infantil (a partir de 5 anos):
A cornecha e a xibardo de Julia Donaldson e Axel Scheffler. En Patasdepeixe.

Fermoso álbum ilustrado que conta a historia dunha cornecha que viaxa sobre unha gran balea xibardo. Xuntas navegan polo mundo enteiro e, cando a balea queda varada nunha praia, a pequena cornecha terá que armarse de valor para salvarlle a vida.

O clan das Barbies de Antía Yañez
- Mocidade e persoas adultas:

O clan das Barbies de Antía Yañez. Editado por Xerais.
Dispoñible en GaliciaLe

Nun tempo futuro, no que a humanidade está en crise porque cada vez nacen menos nenas-os, atópanse dúas mulleres e un home trans nunha clínica de fertilidade. Non se coñecen pero, ese encontro fortuíto será o inicio dunha amizade xurdida da desesperación e da carraxe.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en RadiOleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas

No hay comentarios:

Publicar un comentario