Acto no que irán alternando a presentación co recitado de poesía e que finalizará con música do grupo Maraxe.
Ricardo Seixo é poeta e mestre e traballou en diferentes localidades de Galiza. É un colaborador cultural da Asociación de Veciños da Agra do Orzán, unha asociación na que levan a cabo numerosas actividades. Como autor, ademais destas tres obras, tamén ten publicado: "Versos noctámbulos" e "Ollares".
En atención ás indicacións e medidas de seguridade fronte ao COVID-19, a presentación terá aforo limitado e será obrigatorio manter a distancia de seguridade e asistir con máscara, así como atender ás indicacións e normas da organización.
Desde as bibliotecas municipais invítase ás persoas que desexen asistir ata completar o aforo permitido para que gocen coa palabra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario