26/2/21

Recomendacións en Radioleiros: 26 febreiro 2021

- Infantil (menores de 6 anos):

Hola hola. Animales para conocer y proteger, de Brendan Wenzel
El Pirata, 2020

O autor e ilustrador norteamericano tráenos este traballo que recolle 92 animais cunha preocupación pola conservación das especies ameazadas. Libro fundamentalmente visual, con moi pouco texto e recomendado para nenos e nenas a partir de catro anos. “Mellor libro infantil do ano” según The Washington Post.

- Mozas/os e adultas/os: 

Un señor elegante, de Suso de Toro
Xerais, 2020

Versión dixital en Galiciale

Novela de investigación arredor da familia Baltar, protagonista da sociedade galega desde o XIX cunha perspectiva “radicalmente local e ao tempo europea” según palabras do autor. Mestura de relato histórico e investigación social, aparecendo os Baltar vencellados a Rosalía de Castro e Murguía, Castelao, Rafael Dieste  e outros personaxes de primeira liña.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas


No hay comentarios:

Publicar un comentario