Deixamos varias opcións para enredar con cousas chulas. Iso si, unha vez feitas as tarefas escolares e as de casa.
- O "Cuaderno de........., artista por descubrir" do ilustrador e dibuxante Puño.
Dirixida a nenas-os e adultas-os (nais-pais e docentes). Coñece a forma de pensar e traballar de dezaoito artistas e aprende a utilizar diferentes técnicas artísticas.
- Prepara tesouras e fita adhesiva para montar o "Ecosistema marino" cos recortables de Flamboyant.
- Crea unha escultura móbil estilo Calder con "Arte, crea tu libro" de Marion Deuchars.
- Do organismo francés Réunion des Musées Nationaux-Grand Palais, chégannos as pezas destes quebracabezas virtuais de famosos lenzos, con 3 niveis de dificultade. Para cativas-os, e non tanto. E a maiores, poderemos practicar a lingua francesa!
No hay comentarios:
Publicar un comentario