Máis literatura e máis música. Unha entrega nova a modo de lista de cancións que paga a pena escoitar.
- A música galega inspirada na literatura merece unha entrada propia. Entre tanto, eis a "Negra sombra" de Luz Casal.
"Negra sombra" de Rosalía de Castro, pertence ao poemario "Follas novas" (dispoñible en GaliciaLe), musicado por Xoan Montes, con arranxos de Carlos Núñez e cantado por Luz Casal. É o poema feito canción máis popular, ao que quizáis axudou a súa inclusión na banda sonora da película "Mar adentro".
- The Beatles e o seu "Paperback writer".
Podería ser unha especie de himno para aspirantes a escritoras-es...
- Manu Clavijo canta "En Leonberg".
Artista de orixe arxentina fascinado pola poesía galega. Musicou 16 textos de "Poesía última de amor e enfermidade", de Lois Pereiro ("Antoloxía poética" en GaliciaLe), no disco "Lois Pereiro. Canción última". "En Leonberg", é unha delas.
É unha adaptación da historia infantil feita por Dr. Seuss, de título homónimo, do que podes ler "Un pez, dos peces, pez rojo, pez azul" en GaliciaLe.
- "Osaka" de Os amigos dos músicos.
‘Osaka’ é unha das primeiras cancións do grupo ourensán Os amigos dos músicos, adaptando o poema "A orquesta filarmónica de Osaka" de Carvalho Calero (protagonista das Letras Galegas 2020).
- Alt-J, "Breezeblocks".
Estes roqueiros británicos independientes fixeron unha canción sobre Onde viven os monstros de Sendak.
- "Quen puidera namorala" na voz de Xoel López.
Xoel López canta o poema de Álvaro Cunqueiro, "No niño novo do vento", como antes fixeran Luis Emilio Batallán (quen o musicou), Amancio Prada, Astarot, Milladoiro… En GaliciaLe, de Cunqueiro podes gozar de "Poesía 1933-1981".
Foi Bulgákov quen inspirou esta canción? Quizáis foi Baudelaire? Dá igual, a canción é estupenda!
En GaliciaLe, do autor ruso, tes "Corazón de perro". Do francés, "Las flores del mal; El Spleen de París; Los paraísos artificiales".
En GaliciaLe, do autor ruso, tes "Corazón de perro". Do francés, "Las flores del mal; El Spleen de París; Los paraísos artificiales".
On the road de Kerouac está presente na letra da canción. Pódese ser raíña da música comercial e ter un pé na literatura?
García Lorca é un gran inspirador de cancións. ‘Ciudad sin sueño’ é un poema de "Poeta en Nueva York" (dispoñible en GaliciaLe) A canción pertence ao disco "Omega", esa marabillosa colisión entre o cantante flamenco Enrique Morente e o grupo de rock Lagartija Nick.
- "Take this waltz" interpretada polo músico e poeta Leonard Cohen.
É a versión máis internacional, realizada a partir de "Pequeño vals vienés", outro poema de "Poeta en Nueva York" (escoita a versión audiolibro en GaliciaLe). Lorca era un dos poetas preferidos de Cohen e nótase, o nome da súa filla é o segundo apelido do poeta granadino.
No hay comentarios:
Publicar un comentario