A Asociación Cultural Morreu o Demo presenta Títeres para o confinamento para que os títeres estean presentes nestes días que temos que ficar na casa. A través desta fermosa iniciativa poderás elaborar os teus propios títeres seguindo as instruccións destes tutoriais.
Proba con estes tres modelos: Como facer unha marioneta hixiénica, realizado por Larraitz Urruzola, como facer unha marioneta de papel, realizado por Anxo García, como facer unha marioneta de variñas realizado por Anxo García. Mans á obra!
Recomendamos que vexas o documental de Títeres Viravolta titulado Morreu o Demo, acabouse a peseta, dispoñible en GaliciaLe, que afonda na historia dos Silvent, marionetistas durante case cinco décadas que se gañaron a vida levando o seu espectáculo de feira en feira por toda Galicia: a estrela do espectáculo era un boneco de luva chamado Barriga Verde. Co obxecto de restaurar a memoria do personaxe, a compañía Títeres Viravolta construíu unha réplica da vella barraca dos Silvent e devolveuna aos camiños. O filme lévanos nunha viaxe internacional na busca das raíces comúns do teatro popular de marionetas europeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario