O Laboratorio Contemporáneo de Fomento de la Lectura (LCFL) da FGSR elabora unha serie de recursos moi interesantes sobre a lectura, desde diferentes puntos de vista. Son documentos e fichas que podes consultar na súa web. Todos de gran interese. Reseñamos "La lectura desde la neurociencia" do neurólogo David Ezpeleta Echávarri . A neurociencia amósanos o funcionamento, aprendizaxe e a maneira de emocionarse o cerebro.
O cerebro é como un músculo que precisa "exercicio" coa cultura: estudo, música, aprendizaxe de idiomas e por suposto, a lectura, ocupa un lugar relevante nese "adestramento". "Somos e sobre todo seremos o que lemos" (páx. 20) e xunto co resto de prácticas culturais iremos xerando unha compensación en forma de pegada cerebral que imos gardando para o futuro.
Ler produce no cerebro unha especie de efecto bolboreta (páx. 21), un círculo virtuoso de estímulos e emocións. Todo isto funciona na lectura individual e silenciosa, e tamén ten impactos positivos no exercicio da lectura grupal. Por exemplo, as tertulias literarias e os clubs xuvenís de lectura que se desevolven nas nosas bibliotecas municipais perseguen ese obxectivo. Tes info desta e das demáis actividades de fomento da lectura no noso blog e web e en GaliciaLe podes ler libros do autor Antonio Damasio sobre o funcionamento do noso cerebro e neurociencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario