29/3/19

En abril, libros mil!!!

https://www.oepli.org/Dia-Internacional-Libro-Infantil
No mes de abril estamos de celebración! O 2 de abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e o 23 o Día Mundial do Libro, por isto, nas Bibliotecas Municipais de Oleiros realizaremos numerosas actividades de promoción da lectura para festexar estas importantes datas.

Conmemoración do Día Internacional do Libro Infantil: actividades dirixidas ao alumnado dos centros de ensino de Oleiros
- Animaliños, a cargo do actor Ramiro Neira.
2 de abril, ás 10:00 e 11:45, na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) para alumnado de 4º de EP do CEIP Valle-Inclán. 4 de abril, ás 10:00, na Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros) para alumnado de 1º de EP do CEIP Rabadeira.
Peza de narración oral na que se contan e dramatizan contos da tradición oral de todo o mundo.
- Saltón no camiño e outras historias de ratiños, a cargo da actriz e contadora de contos Charo Pita.
2 de abril, ás 10:00 e 11:00, na Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros) para alumnado de 4º e 5º de EI do CEIP Rabadeira. 3 de abril, ás 10:15 e 11:45, na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) para alumnado de 5º e 4º de EI do CEIP Valle-Inclán. 4 de abril, na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz) para alumnado de 4º e 5º de EI do CEIP Isidro Parga Pondal. 9 de abril, na Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros) para alumnado de 6º de EI do CEIP Rabadeira.
Arnold Lobel é un magnífico creador de historias para o público infantil. Os seus contos de ratiños ou os personaxes de Sapo e Sepo son magníficos exemplos de narración onde a través de circunstancias cotiás e de feitos e persoeiros en aparencia miúdos fálase de temas universais como a amizade, a soidade, a empatía, a solidariedade, o coñecemento dun mesmo…
- Contiario, a cargo do actor e contador de contos Pablísimo.
2 de abril, ás 10:20, na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz) para alumnado de 4º de EI do CEIP Luís Seoane.
Colección de relatos que amosan a grande variedade, orixinalidade e riqueza da literatura infantil e da tradición oral.
- Oficina de obxectos perdidos, a cargo do actor e contador de contos Ramiro Neira.
3 de abril, ás 10:20 e 11:30, na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz) para alumnado do CEIP Luís Seoane.
Caixas que non só gardan obxectos, gardan historias dos invernos na aldea, das festas do pobo, dos veráns na praia...
- O pucheiro da señora Emilia, a cargo da actriz e contadora de contos Charo Pita.
5 de abril, ás 10:20, na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz) para alumnado de 2º de EP do CEIP Luís Seoane.
Historias de aquí e de alá, de medo e de risa, tristes e enxeñosas que lles aconteceron aos personaxes aos que deixou o pucheiro a señora Emilia. Espectáculo de narración oral para crianzas no que, a partir da historia de Gianni Rodari, “Apolonia, a das marmeladas”, vanse encadeando historias do mesmo autor, e outros contos como "A rúa da tixola", de Charo Pita. Ao longo da sesión introduciranse elementos da Gramática da fantasía de Gianni Rodari para animar o alumnado a xogar cos finais dalgunhas historias.
 
Actividades de promoción da lectura para público infantil fóra de horario escolar 
Contacontos para bebés de 1 a 3 anos, hora do conto para nenas-os a partir de 3 ou 4 anos e obradoiros para idades entre os 6 e os 12 anos. Os bebecontos e a hora do conto serán ás 18:30 horas e os obradoiros ás 17:30 h.
Para todas as sesións é imprescindible reservar praza na biblioteca en que se desenvolva cada unha das actividades, ben chamando por teléfono, ben achegándose persoalmente.
- Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Xoves, 4 de abril, ás 18:30, “Chimpo de ra”, contacontos para nenas-os de 1 a 3 anos a cargo de Raquel Queizás.
Xoves, 11 de abril, ás 17:30, “Un día de clases en Hogwarts”, obradoiro para nenas-os a partir de 6 anos a cargo de El caldero de Peltre.
- Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores, 3 de abril, ás 18:30, “O xornal de Lonxedetodo”, contacontos para nenas-os a partir de 4 anos a cargo de Trinke Trinke.
Mércores, 10 de abril, ás 18:30, “O berce das verbas”, contacontos para nenas-os de 1 a 3 anos a cargo de Caxoto.
- Biblioteca Municipal Mª José Trincado (Mera)
Venres, 12 de abril, ás 17:30, “Obradoiro de debuxos animados” a cargo de Manel Cráneo.
- Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda)
Luns, 8 de abril, ás 18:30, “Debaixo das tellas hai unha anduriña”, contacontos para nenas-os a partir de 4 anos a cargo de Paula Carballeira.
- Biblioteca Municipal Ánxel Fole (Nós)
Venres, 5 de abril, ás 18:30, “Dado, o duende”, contacontos para nenas-os a partir de 4 anos a cargo de Eduvía.
- Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros)
Martes, 9 de abril, ás 18:30, “Lonxedetodo”, contacontos para nenas-os a partir de 3 anos a cargo de Trinke Trinke.
- Biblioteca Municipal Xograr Mendiño (Lorbé)
Xoves, 11 de abril, ás 18:30, “Lonxedetodo”, contacontos para nenas-os a partir de 3 anos a cargo de Trinke Trinke.

No hay comentarios:

Publicar un comentario