29/3/19

Recomendacións en Radioleiros: 29 marzo 2019

https://youtu.be/NeaDVdNvCHQ
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1365600&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas%20P%C3%BAblicas%20Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE- Infantil (de 6 a 8 anos):

Se me ha roto el corazón, de Elif Yemenici
Flamboyant

Un conto sobre unha nena á que se lle rompe o corazón. 

Certo día, os amigos de Kalben non quixeron xogar con ela e aínda por riba ao tirar a pelota o seu xeado desparramouse polo chan. Vale que foi sen querer, pero a Kalben rompeuselle o corazón. Sentíase tremendamente soa, así que decidiu  buscar remedios para aliviar a tristura: falar cos peixes, dar de comer aos gatos, beber leite morniño, observar as frores e o arco da vella. Ainda que todas esas cousiñas facíana sentir mellor o seu corazón seguía roto. Pensou que se quedaría así para sempre. Sería unha velliña e todo seguiría igual. Ata que de súpeto, mentres ollaba pola fiestra apareceu unha gaivota que levaba unha caracola no pico…

- Mozas/os e adultas/os:

La lotería, adaptación gráfica de Miles Hyman a partir do texto de Shirley Jackson
Nórdica

Nun pequeno pobo de EEUU, sortéase un premio entre todos os seus habitantes. O sorteo celébrase todos os 27 de xuño. Por orden alfabética, cada cabeza de familia colle unha papeleta do interior dunha caixa de madeira (que todos os anos é a mesma). Todas os papeis están en branco menos un, que ten un círculo negro debuxado. Aínda que algunhas voces se levantan tímidamente contra esta tradición, todos acordan levala a cabo. Seguen e acatan as normas da peculiar lotería, da que en todo momento temos o presentimento de que non pode deparar nada bo.

Unha novela gráfica que se le en moi pouco tempo pero que é moi difícil de esquecer.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario