Cada 20, 21 de marzo comeza a primavera. Ese día celebramos o Día mundial da poesía. Bibloleiros quere sumarse a esta conmemoración pedindo a colaboración das-dos nosas-os lectoras-es. Participa en #VersosEn140 e envíanos versos a biblioteca.rialeda@oleiros.org, déixanolos escritos na Biblioteca Central Rialeda ou através de Contacta. Lembra que non podes exceder os 140 caracteres.
Poden ser propios ou alleos, en calquera idioma.
Afina o teu corazón e espalla os teus versos pola arañeira mundial adiante!!!
O noso obxectivo é achegar a poesía a todas e todos de xeito que non se vexa como unha arte minoritaria ou alonxada da actualidade e da realidade.
Na Biblioteca Xograr Mendiño de Lorbé contamos cunha exposición bibliográfica de poesía infantil e unha actividade para debuxar sobre un poema. Estará toda a semana para todas-os que queran participar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario