24/3/17

Recomendacións en Radioleiros: 24 marzo 2017

 https://soundcloud.com/bibloleiros/recomendacions-en-radioleiros-24032017
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1229309&query_desc=au%2Cwrdl%3A%20fuertes%20and%20ti%2Cwrdl%3A%20oca%20loca- Infantil (nenas-os a partir de 6 anos):
"Poemas de la oca loca" de Gloria Fuertes, ilustracións de Miguel Ángel Pacheco. Editado por Kalandraka.
Selección de 25 poemas da inolvidable poeta das-dos nenas-os, rimas alegres, sorprendentes e absurdas, cheas de repeticións e xogos de palabras, para que as-os lectoras-es de hoxe podan saborear os seus versos de onte. Poemas cunha magnífica musicalidade e eterna tenrura que de seguro estarán presentes na memoria de moitas nais e pais cando os lean coas súas-seus fillas-os.
 
- Mozas-os e adultas-os:
"Qué pequeño es el mundo" de Martin Suter. En Libros del Asteroide.
O argumento da novela xira en torno á historia máis íntima dunha poderosa familia de
 http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1217803 industriais suizos e os intentos que fai a matriarca da familia por evitar que os recordos cada vez máis cercanos á infancia, debido ao alzheimer do principal protagonista da trama, Konrad Lang, poñan en perigo o emporio familiar.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario