17/2/17

Recomendacións en Radioleiros: 17 febreiro 2017

http://www.ipernity.com/doc/284673/44343236/in/album/956276
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=ti&q=ovejita+vino+a+cenar&branch_group_limit=- Infantil (de 6 a 8 anos):

La ovejita que vino a cenar, de Steve Smallman
Beascoa

Imaxinade a situación: Un lobo famento que se está a preparar, refunfuñando unha sopa de verduras, mentres pensa en como lle gostaría poderse preparar un rico estofado de ovella. Xusto nese momento petan á súa porta, e que aparece diante dos seus ollos??? Unha ovelliña aterida de frío pedindo cobixo.

Trátase dunha tenra e simpática historia que toca varias emocións moi interesantes para traballar cos nenos.

- Mozos/as e adultos/as:

http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1229819&query_desc=kw%2Cwrdl%3A%20candidata%20sandeA candidata, de Miguel Sande
Galaxia

A candidata é un libro peculiar na súa forma narrativa. Conta, a 3 voces, a historia dunha familia normal e corrente que perde todo o que tiña, non só a nivel económico, senón tamén a nivel moral. A medida que perden os bens materiais: a casa, a empresa… vanse derrumbando as súas personalidades, máis as dos país que a da filla. Aínda que se le a un ritmo rápido debido á súa estructura narrativa, trátase dunha novela para reflexionar, para dixirila moi lentamente.

É o relato dunha debacle económica e moral e a dunha rebelión, a da nai e a da filla, contada dunha maneira “ferinte, impactante, abrupta e incorrecta”.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario