Na Biblioteca de Santa Cruz facémosche unha invitación que esperamos che resulte emocionante e orixinal. A partir do día 14 de febreiro, Día de San Valentín, no noso horario habitual, tes unha cita a cegas cun libro.
Trátase de que un libro atope lector/a e que xuntos pasedes unha estupenda velada…. ou o que xurda.
Trátase de que un libro atope lector/a e que xuntos pasedes unha estupenda velada…. ou o que xurda.
“Colle un libro, lévao a túa casa, móstralle o teu lugar favorito para ler, comparte con el o teu aperitivo favorito, podes ensinalo aos teus amigos/as e….¿quen sabe? ao mellor tedes futuro”
Temos un expositor con libros infantís e outro con libros para adultos. Para escoller a “túa primeira cita” podes fiarte dos pequenos comentarios que adxuntamos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario