“Trafegando na cociña” é unha exposición que vai dirixida aos cociñeiros máis pequenos da casa que podes contemplar na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz).
Mil e un libros sobre os alimentos máis importantes nas dietas dos nenos e nenas: froitas, peixes, verduras, etc. “ao chou” pola biblioteca.
Intentaremos desde a biblioteca fomentar hábitos saudábeis de alimentación entre os máis pequenos, que poderán levar para as súas cociñas libros con boas receitas para preparar inmellorables pratos, xogando a ser “MasterChef Cativo".
Bo apetito!
No hay comentarios:
Publicar un comentario