- Infantil (nenas e nenos a partir de 10 anos):
"Maripepa e o club dos Tarambainas" texto de Alfredo Gómez Cerdá e ilustracións de Miguel Navia, en Macmillan.
A protagonista Maripepa, chámase así porque seu pai se chama Pepe e súa nai Mari, ademáis é española, gústanlle os churros e non se lle ocorrería nunca comer un can como leu nalgures que comen os chineses. Porque Maripepa naceu en China, pero ela cando se mira no espello en ningún momento se ve “amarela”… porque amarela é a camiseta de Brasil, e un canario… pero ela, non.

- Mozos-as e adultos-as:
"28 días" de David Safier, editado por Seix Barral.
28 foron os días que resistiron os querrilleiros da resistencia xudea dentro do gueto de Varsovia fronte aos soldados das SS na Segunda Guerra Mundial. Co exterminio sistemático como telón de fondo, Mira, unha adolescente xudea, afronta unha madurez precoz. Despois de presenciar a morte da súa familia e amigos, decide integrarse neste grupo da resistencia.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario