16/1/15

Maxia para nenas e nenos na Biblioteca Rosalía de Castro: 21 de xaneiro

 http://ailladosnenos.com/Espectaculos_Infantiles.asp?Cod=178
O mércores 21 de xaneiro, ás 18:30 horas, terá lugar na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz un espectáculo de maxia titulado “A maleta viaxeira: contamaxias” a cargo do Mago Pacodirixido a nenas e nenos a partir de 5 anos.  

Un buscador de historias enfeitizará ás nenas e nenos con contos que atopou polo mundo enteiro e que garda na súa prezada maleta, da que xurdirán unha morea de contos e personaxes cheos de fantasía e maxia. Xuntando as historias dos contos coas palabras máxicas dos magos poderemos ver un “contamaxias” cheo de aventuras, ilusión, sorrisos e moita, moita maxia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario