16/1/15

Recomendacións en Radioleiros: 16 de xaneiro

http://www.ipernity.com/doc/284673/36729672/in/album/748070
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=108096- Infantil:
"A galiña roxa", adaptación de Pilar Martínez e ilustracións de Marco Somà, editado por Kalandraka.
Adaptación dun conto tradicional.
Unha galiña vivía nunha granxa cos seus pitos, xunto cun can lacazán, un gato durmiñón e un parrulo barulleiro. Un día, en que a galiña andaba a remexer no chan, atopou uns grans de trigo e decidiu sementalos, para que lle produciran unha boa colleita, polo que pediu axuda aos seus amigos...
Posúe unhas fermosas e simpáticas ilustracións nas que predominan os tons ocres e cuns personaxes moi entrañables.
Unha obra que nos lembra que sen traballo e esforzo non se pode conseguir nada e que propón como valores para suxerir desde as máis pequenas idades.

 
- Mozas/os e adultas/os:
"Las viudas de los jueves" de Claudia Piñeiro, en Alfaguara.
Esta obra foi distinguida en Arxentina no ano 2005 co Premio Clarín e levada ao cine polo director Marcelo Piñeyro.
Na exclusiva urbanización privada Altos de la Cascada viven familias que levan un alto e luxoso estilo de vida e que queren mantelo por encima de todo. Un lugar onde imperan os cartos, a aparencia e a hipocrisía, cuns habitantes con moi poucos valores sociais. Mulleres que non saben que facer co seu tempo libre, fillas e fillos a veces criados polo persoal domésticohttp://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=ti&q=viudas+jueves&idx=kw&idx=kw&limit=mc-rtype%3Aa+and+Bib-level%3Dc|d|m&sort_by=relevance&do=Aceptar. Alí, un grupo de amigos xúntase todos os xoves, lonxe das miradas dos demais, só poden estar os homes. Ese día as mulleres saen da urbanización, polo que decidiron denominarse, de broma, "as viúvas dos xoves". 
Unha entretida novela cunha interesante crítica social.

 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario