- Infantil (nenas-os a partir de 10 anos):
"Historia da bicicleta dun home lagarto" de Fina Casalderrey. Ilustracións de Laura Súa Campo, en Xerais.
Fermosa obra que fala de Mundo, un neno duns 7 ou 8 anos, que vive en Albarracín (Teruel), na época da Guerra Civil. Antonio, o pai de Mundo, era pastor e ás veces o neno acompañábao cando trasladaban os rabaños aos pastos. Nun destes traslados foi como coñeceu a Camilo, “o home lagarto”, un celador de telefonía que tiña unha bicicleta moi estraña, cunha barra da que colgaba unha maleta negra cunha palabra escrita: teléfonos e o número 217. Camilo ensinoulle como andar na súa bicicleta e pouco a pouco foron facéndose amigos. Pero un día comezan a ocorrer acontecementos preocupantes na localidade onde viven: desapareceu seu pai, tamén o mestre Don Manuel, incluso Ánxela, a costureira, e outros veciños...

Emotiva narración coa que a autora quere expresar que a mellor opción ante unha guerra é evitala.
- Mozas-os e adultas-os:
"Y las montañas hablaron" de Khaled Hosseini, editado por Salamandra.
A decisión dunha humilde familia de dar unha filla en adopción a un rico matrimonio é a base da que parte toda a obra, que comeza nunha pequena e remota aldea de Afganistán, pero que despois pasará a Kabul, a París e San Francisco en EE UU. Abarca desde mediados do século XX ata a actualidade. Unha historia que comprende varias xeracións e distintos países.
Estamos ante unha novela coral, con numerosos personaxes, que nos fala da relación entre irmáns, pero tamén entre pais e fillos. Preséntanos a mala situación económica de Afganistán, a gran diferenza social e económica entre as familias, a invasión soviética, a guerra e as súas consecuencias.
Veremos como moitos destes personaxes sofren remordementos por feitos que aconteceron no pasado e a través deles iremos coñecendo a dureza da súa existencia e o difícil que é sobrevivir para algunhas familias en Afganistán, fronte á opulencia económica doutras, despois veremos como viven en París e máis tarde os que emigraron a EE UU.
Unha novela interesante que nos dá a coñecer como é a vida neste país e tamén como é a dura realidade para estas persoas que practicamente non teñen nada e que o perden todo a consecuencia da guerra.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario