26/11/14

Exposicións bibliográficas de Juan Goytisolo, Premio Cervantes 2014

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=au&q=goytisolo%2C+juan&limit=+%28branch%3A+OLE1++or+branch%3A+OLE2++or+branch%3A+OLE3++or+branch%3A+OLE4++or+branch%3A+OLE6++or+branch%3A+OLE7++or+branch%3A+OLE8++or+branch%3A+OLE9+%29&sort_by=title_az&addto=
O escritor Juan Goytisolo Gay (Barcelona, 1931) intelectual crítico, foi distinguido co Premio Miguel de Cervantes 2014. O xurado destaca a súa vontade de integrar as dúas beiras e a súa aposta permanente polo diálogo intercultural.
É un dos escritores con máis tradición narrativa da lingua española, considerado como interlocutor entre a cultura europea e a islámica. Vivíu desde moi novo fora de España: en 1956 instalouse en París, onde traballou como asesor literario da editorial Gallimard; en 1969 trasladouse a Estados Unidos onde foi profesor na Universidade de La Jolla de California; despois en Boston e Nova York. Reside en Marrakech (Marrocos).

Goytisolo forma parte do Parlamento Internacional de Escritores e é presidente do xurado da UNESCO que selecciona as Obras Mestras do Patrimonio Oral e Inmaterial da Humanidade. Coñecedor e estudoso do mundo árabe, contribuíu, a través de artigos e ensaios, a dar a coñecer en Europa a realidade destes pobos. Traballou para lograr que a UNESCO declare a praza de Xemáa el Fná de Marrakech como Patrimonio Oral da Humanidade. Info obtida na web www.mecd.gob.es
 
Podes visitar as exposicións bibliográficas coa obra de Juan Goytisolo na Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé), Rosalía de Castro (Santa Cruz) e Rialeda (Perillo). Convidámoste a levar algún dos seus libros en préstamo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario