30/5/14

Recomendacións en Radioleiros: 30 de maio

http://www.ipernity.com/doc/284673/32992189/in/album/594169
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=109145- Infantil (de 8 a 10 anos):
"O monstro das profundidades" de Manuel Uhía, editado por Everest Galicia.
Nunha pequena vila da costa galega, unha das dornas non volveu ao porto logo da xornada. Algo misterioso fixo envorcar a barca e Manolo perdeu a vida. Desde ese día, Noliño, fillo do mariñeiro desaparecido, non deixa de pensar na desgraza e teima por pescudar a causa da morte de seu pai. Un día que o avó saíu a pescar, pola madrugada, agochouse na dorna para lograr chegar ao caladoiro do naufraxio. Un texto que mestura misterio e aventura cun gran contido afectivo.


- Mozos-as e adultos-as:
"Hay alternativas: propuestas para crear empleo y bienestar social en España" de Vicenç Navarro, Juan Torres López e Alberto Garzón Espinosa. Prólogo de Noam Chomsky, en Sequitur. 

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-search.pl?q=chomsky%2C+noam&idx=auLibro de plena actualidade, onde os autores, politólogos e economistas, dan un paseo polos
problemas económicos mundiais, europeos e tamén peninsulares, desde unha perspectiva distinta á oficial. Escrito cun estilo ameno e claro, está estruturado en capítulos de fácil comprensión para aqueles non habituados ao vocabulario académico: salarios, déficit, débeda, pib, modelo produtivo e financiamento son comentados e definidos dun xeito transparente, contribuíndo a divulgar propostas diferentes.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario