O xoves, 29 de maio, ás 20 horas, na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro, sita nas Torres de Santa Cruz realizarase a presentación da obra "A alternativa está aquí" de María Reimóndez.
Intervirán a escritora María Reimóndez e Ana Mourelle, vicepresidenta da Asociación Cultural Alexandre Bóveda.
O libro "A alternativa está aquí” parte dese afán de buscar as solucións onde xa se atopan, principalmente na nosa man e sobre todo na man das mulleres do sur. Fronte aos grandes discursos, “A alternativa está aquí” lévanos polos lugares e estratexias do día a día, pola necesidade de cambiar a ollada arrastrándonos, coa forza dos argumentos e das experiencias, ao traballo no colectivo desde o individual para transformar e transformarnos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario