Para conmemorar o Día das Letras Galegas 2012 adicado este ano ao poeta, ensaísta, avogado, empresario, Valentín Paz-Andrade, as Bibliotecas de Oleiros van desenvolver diferentes actividades para dar a coñecer a figura do escritor nacido en Lérez.
- Expo bio-bibliográfica de Valentín Paz-Andrade
- Mar de Paz: os-as máis cativos-as poderán colorear peixes para encher o mar de obras, ideas, conceptos que representan a Valentín.
- Cores de Paz: o obxectivo é coñecer a Valentín a través das actividades que propón o Seminario Permanente de Formación do Profesorado do CEIP Galán de Oseiro-Arteixo, a quen agradecemos a edición deste precioso material.
Na Biblioteca de Santa Cruz:
- Mural interactivo sobre Valentín Paz Andrade
- Exposición material bibliográfico que podes atopar na biblioteca
- Actividades para os máis cativos “Un mar de letras e peixes con Valentín Paz Andrade” : decoramos o noso mural interactivo con diferentes tipos de peixes, xogos de letras, encrucillados, etc..
Ao longo da semana a cada usuario/a se lle obsequiará cun marcapáxinas e un tríptico conmemorativos.
Na Biblioteca de Mera:
- Exposición bibliográfica relacionada con Valentín Paz-Andrade (na sala de adultos).
- "O Barco das Letras": Coloreamos, recortamos e pegamos as ondas sobe o barco da nosas letras para finalmente montar o peixe, a estrela e o polbo. Con esta sinxela actividade destinada ao público infantil queremos destacar a vinculación de Valentín Paz-Andrade co mundo do mar e da pesca.
Na Biblioteca de Dorneda:
- Exposición bibliográfica sobre Valentín Paz Andrade.
- Marcapáxinas adicado a Valentín Paz-Andrade.
- Tríptico informativo que nos acerca á vida de Valentín Paz Andrade contén unha relación bibliográfica dos libros que temos na nosa biblioteca sobre ou de este autor.
- Pasatemposgalegos.com para diferentes idades. Tendo como tema central o Día das Letras Galegas e Valentín Paz Andrade, propoñemos unha serie de pasatempos para diferentes idades.
Na Biblioteca de Montrove:
- Exposición bibliográfica sobre Valentín Paz Andrade e o Día das Letras Galegas.
- "Investigando ímonos enterando": cuestionario con preguntas sobre Valentín Paz Andrade.
- "O Xogo de Valentín": pasatempo.
Na Biblioteca de Lorbé
- Marcapáxinas poético: Ven á biblioteca a crealo ti mesmo/a utilizando algún poema de Valentín Paz Andrade

- Deco-Biblio: Axúdanos a decorar as paredes de biblioteca con poemas, imaxes e debuxos alegóricos a Valentín Paz Andrade.
Tamén informarémosche sobre todos os actos que se están a celebrar en Galicia relacionados con Valentín.

No hay comentarios:
Publicar un comentario