Está dirixido a mozas/os (a partir de 15 anos) e adultas/os, realizarase os martes e terá unha duración de dez sesións.
Foi unha iniciativa da Concellería de Cultura de Oleiros e da Asociación de Escritores en Lingua Galega coa que pretendeuse animar a escribir textos literarios mediante a manipulación de formas lingüísticas e a imitación de modelos expresivos da nosa tradición literaria, aos que podemos chegar mediante o xogo e a descuberta da nosa propia creatividade.
Dende a Biblioteca Central Rialeda queremos dar as grazas a todos e todas as participantes e ao profesor Xavier Seoane.
IMPORTANTE: A actividade realízase no 2º andar da biblioteca. Durante a mesma quedan fora de servizo os ordenadores da citada sala.
No hay comentarios:
Publicar un comentario