De cores e de amores, de Xabier P. Docampo e Xosé Cobas
Editado por Galaxia
Libro fundamentalmente estético que comeza cun fondo branco para resaltar as cores. Ocupa as páxinas co resultado de mesturar as mesmas, as sensacións que producen e as diferentes posibilidades na combinación. Unha obra plástica cun toque de poesía.
- Mozos/as e Adultos/as
Editado por Xerais
Relatos curtos de diferente extensión con algún nexos. Multitude de asuntos recreados, textos con intriga e misterio, outros con personaxes como Darwin, Marx ou Franco, abaneando entre os clásicos e as vangardas. Amplo rexistro lingüístico.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.