Traer unha filla ou un fillo ao mundo debe poder vivirse dunha maneira gratificante, con tranquilidade, saúde e ilusión, por este motivo desde o Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros resulta grato ofrecervos esta guía con recomendacións de fondos bibliográficos e enderezos de páxinas web sobre o embarazo, o parto, a crianza e a educación nas primeiras idades das nenas e dos nenos.
Esta guía pretende ser unha ferramenta útil para que as futuras nais e pais, poidan consultar unha selección de obras tanto de contidos como de ficción.
Non se pretendeu que tivese un carácter exhaustivo, senón que se realizou unha selección de diferentes fondos existentes nas bibliotecas públicas municipais de Oleiros.
Sería moi gratificante para nós que esta guía se convertese nun valioso apoio para gozar máis e mellor desta vivencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario