9/4/12

10 de abril: Encontro literario co escritor Xavier López Rodríguez

Xavier López Rodríguez naceu en San Ciprián de Hermisende, unha aldea de Zamora na que se fala galego. É xornalista  e escritor e na súa autobiografía da Biblioteca Virtual Galega dinos que do xornalismo gústalle poder dar voz aos que non a teñen, realizar reportaxes sobre marxinados, xentes con poucos bens materiais e moitos problemas. Tamén nos di que “entreter e emocionar” é o que busca cando escrebe. Estará no Teatro "As Torres" de Santa Cruz con todo o alumnado de 3º de ESO do IES Miraflores de Oleiros, o martes 10 de abril.
Ademais de “Cor gris vida” outras obras del son “O anano enredador”, “Amigo medo”, “Linguas longas”, “Destrucción” (novelas),  “Brumoso” ou “Días de desterro”, “O aliado inesperado”, “Noitebra”, “A citación”  (novelas xuvenís), “Cacaborro” ou “Lixo” (X2-G), “A serea do deserto”, “Coma unha pluma liviá” (X-G), “O dromedario nadador” “Un burro hippy”, “Os globos de andar” (premio Meiga Moira de literatura infantil e xuvenil no 2008), “O dromedario nadador”, “A alfombra falsa”, “Castiñeiro e compaña”, “O neno que matou a Deus”, “Voces de vacas”, ou “Catro pitas” para nenos/as pequenos, ou a obra “Outros heroes : Iglesias, Juanatey, Rial, de volta dunha viaxe polo lado salvaxe” publicada en Edicións Positivas, que fala sobre a drogadicción.
Gustaríanos que nos falase do proceso de creación da súa obra “Cor gris vida”, pero tamén da diferenza entre o seu traballo como autor de novelas e o do xornalismo, entre escribir un relato e un artigo xornalístico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario