Desde o 23 ao 30 de marzo celebrarase na Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño" de Lorbé o Día Mundial do Teatro. Farase unha selección de fondos de teatro e sobre o teatro, animarase aos usuarios a lelos e levalos a casa. Os venres 23 e 30 de marzo, se hai voluntarios/as se lerá unha obriña de teatro. Darase especial importancia á obra de Carlos Casares, no décimo aniversario da súa morte, “As laranxas máis laranxas de todalas laranxas”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario