14/3/25

Recomendacións en Radioleiros: 14 marzo 2025

- Infantil (ata 6 anos):

A nube de Greta, de David Hernández Sevillano, con ilustracións de Luisa Vera.
NubeOcho.

Un simpático libro que nos presenta a Greta, unha nena que quere ter unha mascota, pero como é alérxica aos animais, decidiu que a súa mascota sería unha nube. Ter unha nube de mascota pode axudar a algúns veciños a regar as hortas ou apagar incendios, polo que están moi contentos; pero outros, pola contra, están enfadados porque lles estraga a churrascada ou lles molla a roupa. A vila está dividida entre os que a queren e os que non...

Unha divertida obra, cunhas coloridas e atractivas ilustracións, para fomentar a lectura con humor e imaxinación entre os máis pequenos, e que tamén pode servir para explicarlles que as persoas temos intereses distintos, o que pode ser bo para uns, pode non selo para outros.

- Mocidade e persoas adultas:

Los reyes de la casa, de Delphine de Vigan.
Anagrama.

Versión dixital en eBiblio.

Unha novela que provoca unha reflexión sobre a utilización dos menores, por parte dos pais, para obter un beneficio económico, fama, ou ambas.

Mélanie Claux é unha muller á que sempre lle gustaron os  reality shows, os reels e todo este tipo de concursos e de espectáculos. Cando era moza, a familia Claux seguía todos os xoves pola noite o concurso Loft Story sobre distintos candidatos reunidos nun chalet. Cada membro da familia tiña os seus preferidos. Mélanie nese momento contaba con 17 anos e sempre fora de carácter introvertido.

Por outra banda, nas aforas de París, Clara Roussel, unha adolescente de 15 anos e boa estudante,  miraba soa e furtivamente a final de Loft Story. Seus pais, unha parella de profesores moi comprometidos coa vida local e asociativa, pertencían desde a súa fundación a un colectivo moi activo contra calquera tipo de videovixilancia.

Cando Clara e Mélanie se viron por primeira vez, pasaran dez anos desde que Mélanie se independizara de seus pais e Clara entrara na policia. Mélanie casouse e decidiu ser ama de casa, pero ao pouco tempo cansouse desa vida. Ten un fillo e unha filla: Sammy e Kimmy. Así que comezou a gravar e a colgar en Internet escenas familiares, primeiro dúas veces á semana, pero despois máis a miúdo, o que lles reportou importantes beneficios económicos promocionando marcas comerciais. Ata que desapareceu Kimmy, con 6 anos de idade, mentres xogaba ao escondite con outros nenos do complexo residencial onde vivían...

Unha novela que analiza este tipo de prácticas de utilización dos menores. Un retrato potente e necesario da sociedade actual, pero tratado con sensibilidade, cunha intriga ben documentada, un estilo preciso e unha narración aditiva.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.


Hora do conto e actividades infantís: 19 a 21 de marzo 2025

- Aforo limitado: é imprescindible que reserves a túa praza a través de www.oleiros.org/bibliotecas/inscribete
Podes facelo desde 10 días antes da data de realización.

Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 19 de marzo, ás 18:30
Para crianzas de 2 a 4 anos AFORO COMPLETO!
TÍTULO: Chimpo de rá
CONTACONTOS: Raquel Queizás

Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Xoves 20 de marzo, ás 18:30
Para crianzas de 5 anos en adiante
TÍTULO: Tralará: contos, obxectos e música
CONTACONTOS: Marta Ortiz

Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado (Mera)
Venres 21 de marzo, ás 18:30
Para crianzas de 5 anos en adiante
TÍTULO: Amoriños contei
CONTACONTOS: Tarabelos Teatro

AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

Actividades de promoción da lectura: 17 a 21 marzo 2025

Programa de actividades educativas para o fomento da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, do 17 ao 21 de marzo:

Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo):
Luns 17 de marzo:
- 9:50 e 11:30 h. Alumnado de 4º de ESO do IES Miraflores (Oleiros).
Obradoiro "A metáfora visual" con Miguel Cuba.

Mércores 19 de marzo:
- 10:00 e 11:15 h. Alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil do CEIP Valle Inclán (Perillo).
"Aprendendo a querer" con Trinketrinke Teatro.

Xoves 20 de marzo:
- 10:00 h. Alumnado de 1º de Primaria do CEIP Valle Inclán (Perillo).
"Aprendendo a querer" con Trinketrinke Teatro.

Venres 21 de marzo:
- 9:50 e 11:30 h. Alumnado de 4º de ESO do IES Miraflores (Oleiros).
Obradoiro "A metáfora visual" con Miguel Cuba.

Na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz):
Martes 18 de marzo:
- 10:00 h. Alumnado de 6º de Educación Infantil do CEIP Parga Pondal (Santa Cruz).
"Aprendendo a querer" con Trinketrinke Teatro.

Mércores 19 de marzo:
- 10:00 e 11:30 h. Alumnado de 1º e 4º de Primaria do CEIP Parga Pondal (Santa Cruz)
"Son animal" con Paco Nogueiras.

11/3/25

Xoves 13 de marzo: Presentación de "Intelixencia Artificial para a sociedade" de Fina Paulos Lareo e Óscar Manuel Rey Calo

Teatro As Torres. Santa Cruz.
Xoves 13 de marzo ás 19:30 h.

Intervirán: Fina Paulos Lareo e Óscar Manuel Rey Calo (autores). Diana Varela Puñal (representante de Medulia editorial).

Intelixencia Artificial para a sociedade e un libro que vén a democratizar o uso da Intelixencia Artificial entre a poboación en xeral e achegar á veciñanza a un mundo que parece complexo pero, presente cada día nas nosas vidas.
A chave do libro está precisamente en abordar a IA desde unha perspectiva sinxela e atractiva para todos.

Fina Paulos Lareo é veciña de Perillo. Exerce como profesora de ensino secundario, na especialidade de Informática, no IES Maximino Romero de Lema, en Baio-Zas. Está comprometida coa innovación educativa e a integración das tecnoloxías dixitais no ensino. Está nomeada este ano á mellor docente de España na modalidade de secundaria e bacharelato nos Premios Educa.

Óscar Manuel Rey Calo é veciño de Corme. Tamén é docente no IES Maximino Romero de Lema, na especialidade de Sistemas e Aplicacións Informáticas. A súa aproximación ao ensino baséase no uso práctico das tecnoloxías dixitais, promovendo unha aprendizaxe colaborativa e motivadora para o alumnado.

Desde as bibliotecas municipais invítase a todas as persoas que desexen asistir, ata completar o aforo.

10/3/25

Conmemoración do Día da Muller nas Bibliotecas Municipais

Con todas estas as actividades, organizadas desde as Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros, deséxase conmemorar o Día da Muller e reivindicar a igualdade da muller co home na sociedade actual.

Recital poético "Con nome de muller" a cargo da actriz Chus Álvarez, acompañada ao piano por Ángeles Dorrio, no Teatro As Torres de Santa Cruz, o martes, 18 de marzo, ás 20:30 h.
Unha homenaxe á poesía escrita por mulleres universais, en galego e castelán. Unha escolma de 36 poemas únicos, recitados con voz falada e cantada, e música en directo.
Selección poética, interpretación e dirección: Chus Álvarez. Piano e voz cantada: Ángeles Dorrio.

Poetas galegas:
Alba Cid
Ana Romaní
Emma Pedreira
Estíbaliz Espinosa
Lucía Aldao
Luisa Villalta
Lupe Gómez
Luz Fandiño
Luz Pozo Garza
María Lado
Olalla Cociña
Olga Novo
Pilar Pallarés
Pura Vázquez
Rosalía de Castro
Xela Arias
Xohana Torres
Yolanda Castaño

Poetas españolas e internacionales:
Alba Flores
Alejandra Pizarnik
Alfonsina Storni
Ana Luisa Amaral
Beatriz Osés
Concha Méndez
Emily Dickinson
Gata Cattana
Gioconda Belli
Gloria Fuertes
Mar Benegas
María Elena Higueruelo
María Elena Walsh
Maya Angelou
Patricia Benito
Sylvia Plath
Wislawa Szymborska
Xitlalitl Rodríguez
 
Actividades da Hora do conto, dirixidas a nenas e a nenos, que promoven a igualdade entre a muller e o home ou de temática feminista. Todas para nenas e nenos a partir de 5 anos. Realizaranse ás 18.30 h: 

- Dúas heroínas voando van!, a cargo de Raquel Crespo. Na Biblioteca Rialeda de Perillo, o 6 de marzo.
- Dámoslle a volta ao conto, por Raquel Queizás. Na Biblioteca Mª José Ruso de Dorneda, o 10 de marzo.
- A verdadeira historia de Cincenta, a cargo de Charo Pita. Na Biblioteca Manuel María de Oleiros, o 11 de marzo.
- O mundo ao revés, por Trémola Teatro. Na Biblioteca Rosalía de Castro de Sta. Cruz, o 12 de marzo.
- Lúa quere viaxar a...Marte, a cargo de A Xanela do Maxín. Na Biblioteca Xograr Mendiño de Lorbé, o 13 de marzo.
- Contamos en igualdade, por Eduvía. Na Biblioteca Ánxel Fole de San Pedro de Nós, o 14 de marzo.

Nos Clubs de Lectura vanse ler e comentar libros escritos por mulleres ou que tratan temas relativos á muller:

Na Biblioteca Central Rialeda, Perillo:
- Vi: una mujer minúscula, de Kim Thuy (comentarase o 5 de marzo no grupo A e o 9 de abril no grupo B).
- Todo cuanto amé, de Siri Hustvedt (comentarase o 26 de marzo no grupo B).

Na Biblioteca Rosalía de Castro, Sta. Cruz:
- Desgracia, de J. M. Coetzee (comentarase o 18 de marzo no grupo C).

Na Biblioteca Mª José Trincado, Mera:
- Os seres queridos, de Berta Dávila (comentarase o 17 de marzo no grupo B).
- Historia de los vertebrados, de Mar García Puig (comentarase o 7 de abril no grupo A).

Na Biblioteca Manuel María, Oleiros:
- Circe ou o pracer do azul, de Begoña Caamaño (comentarase o 10 de abril).

Nas actividades dirixidas ao alumnado dos centros de ensino están programados actos con temática feminista ou pola igualdade da muller e o home: 

- E ti que queres ser de maior?, a cargo de Trémola Teatro. Na Biblioteca Rialeda, o 10 de marzo, ás 10 h. Dirixida a alumnado de 2º de primaria do Colexio Valle Inclán de Perillo.
- Muller, poeta en galego, a cargo da Premio Nacional de Poesía 2024, Yolanda Castaño. Na Biblioteca Rosalía de Castro, o 11 de marzo, ás 10.30 e ás 12 h. (son dúas sesións). Dirixidas a alumnado de 4º da ESO do IES Neira Vilas de Perillo.
- Rosalía pequena, a cargo de Ramiro Neira. Na Biblioteca Rialeda, o 27 de marzo, ás 10.15 e ás 11.45 h. (son dúas sesións). Dirixidas a alumnado de 3º de primaria do colexio Valle Inclán de Perillo.

Tamén se realizarán mostras bibliográficas sobre a muller en todas as bibliotecas, co obxectivo de dar visibilidade á muller e á temática da igualdade de xénero:

Biblioteca Central Rialeda, en Perillo: A Biblioteca Violeta de Rialeda presenta “Mulleres e ciencia”
Unha selección de libros sobre científicas ocultadas polo veo da invisibilidade. Mostra bibliográfica que fala de médicas, xeólogas, matemáticas, enxeñeiras, xenetistas, biólogas que foron inspiradoras, valentes e pioneiras. Mulleres vangardistas que contribuíron de xeito crucial a transformar as súas áreas científicas pero non tiveron recoñecemento, aínda hoxe, ao seu inmenso traballo.
Público ao que vai dirixida: todo tipo de público.
Tempo que durará a mostra bibliográfica: desde o 6 de marzo ata fin de mes.

Na Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro, en Santa Cruz a mostra bibliográfica titulada  “Mulleres entre viñetas”.

Selección de obras de banda deseñada escritas ou debuxadas por mulleres. Inclúense tanto títulos para o público adulto como para o infantil.
Os obxectivos que se pretenden conseguir son visibilizar o traballo das mulleres dentro do mundo da banda deseñada. Dar a coñecer autoras que forman parte do noveno arte. Achegar, tanto aos adultos/as como aos nenos/as, ao mundo do cómic a través de títulos escritos por mulleres. Deste xeito, na mostra figurarán nomes como Marjane Satrapi, Raina Telgemeier, Ana Oncina, Lola Vendetta, Ana Penyas, Katie O'Neill...
Público ao que vai dirixida: todo tipo de público.
Tempo que durará a mostra bibliográfica: mes de marzo.

Na Biblioteca Pública Municipal Manuel María, en Oleiros: “Mulleres bravas e loitadoras que abriron camiño”.
Historias de  mulleres  que  destacaron como científicas, no mundo das artes, da política, do deporte, etc. Pioneiras  que venceron as barreiras que lles estaban impostas,  que abriron camiño e ás que lles debemos non dar nin un paso atrás.
Público ao que vai dirixida: todos os públicos
Tempo que durará a mostra bibliográfica: mes de marzo

Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso, en Dorneda: “Con nome de muller”.
Formada por unha selección de novelas escritas por mulleres e que teñen unha protagonista  feminina.
Público ao que vai dirixida: público adulto
Tempo que durará a mostra bibliográfica: desde o 5 de marzo ata fin de mes.

Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado, en Mera: “Voces femininas: o 8M a través da literatura”.

Exposición bibliográfica que recolle unha selección de ensaios e obras literarias que abordan a loita das mulleres pola igualdade, os dereitos civís e sociais, así como a súa representación ao longo da historia. A través de textos clásicos e contemporáneos, esta mostra invita á reflexión sobre os logros alcanzados e os desafíos que aínda existen na loita feminista.
Público ao que vai dirixida: para todos os públicos.
Tempo que durará a mostra bibliográfica: do 5 ao 14 de marzo.

Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole, en Nós: “Mulleres empoderadas”.
Biografías de mulleres que destacaron nos eidos da ciencia, literatura, medicina ou causas sociais e medioambientais.
Público ao que vai dirixida:  infantil.
Tempo que durará a mostra bibliográfica: do 5 ao 19 de marzo.

Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño, en Lorbé: “Garantir a igualdade”.
Selección bibliográfica para sensibilizar e tomar conciencia das dificultades, que aínda, a día de hoxe atravesamos as mulleres, elaborando ademais, un breve recopilatorio de mulleres que fixeron historia en distintos ámbitos.
Público ao que vai dirixida: todo o público en xeral .
Tempo que durará a mostra bibliográfica: desde o 6 de marzo ata fin de mes.

9/3/25

Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (10 a 12 marzo 2025)

Biblioteca "Mª José Trincado". Mera (Grupo A)
- Luns 10 de marzo.
19 a 20:30 h.
Comentario de "Llévame a casa" de Jesús Carrasco.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Historia de los vertebrados" de Mar García Puig.

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo A)
- Martes 11 de marzo.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "A nosa cinza" de Xabier Alcalá.
Modera: Pepe Taboada.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "No te veré morir" de Antonio Muñoz Molina.

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo A)
- Mércores 12 de marzo.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Un viejo que leía novelas de amor" de Luis Sepúlveda.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Todo cuanto amé" de Siri Hustvedt.

7/3/25

Recomendacións en Radioleiros: 7 marzo 2025

- Infantil (a partir de 6 anos):

Un carnaval moi animal
, de Susana Peix, ilustracións de Roger Zanni.
Cumio.

Os animais estaban emocionados ao celebrar unha festa de disfraces. Pero teñen un problema: o rinoceronte anuncia que non iría e teñen que facer algo...

- Mocidade e persoas adultas:

Aquellos hombres grises: el batallón 101 y la Solución Final en Polonia, de Christopher R. Browning.
Edhasa.

A participación dun grupo de profesionais alemáns, o Batallón 101, na matanza de xudeos conleva unha reflexión sobre as causas do acontecido e a xénese desta atrocidade.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Actividades de promoción da lectura: 10 a 14 marzo 2025

Programa de actividades educativas para o fomento da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, do 10 ao 14 de marzo:

Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo):
Luns 10 de marzo:
- 10:00 h. Alumnado de 2º de Primaria do CEIP Valle Inclán (Perillo).
"E ti, que queres ser de maior?" con Trémola Teatro.

Martes 11 de marzo:
- 10:00 e 11:30 h. Alumnado de 5º e 6º de Primaria do CEIP Valle Inclán (Perillo).
"Debulendo lendas galegas" con Tarabelos Teatro.

Mércores 12 de marzo:
- 10:15 e 12:10 h. Alumnado de 5º e 6º de Primaria do CEIP Juana de Vega (Oleiros).
"Debulendo lendas galegas" con Tarabelos Teatro.

Venres 14 de marzo:
- 10:15 h. Alumnado de 3º de Primaria do CEIP Juana de Vega (Oleiros).
"A máquina do tempo" con Ramiro Neira.

Na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz):
Martes 11 de marzo:
- 10:30 e 12:00 h. Alumnado de 4º de ESO do IES Neira Vilas (Perillo).
"Muller, poeta en galego" con Yolanda Castaño.

Mércores 12 de marzo:
- 10:00 e 12:00 h. Alumnado de 6º e 4º de Educación Infantil do CEIP Luis Seoane (Mera)
"Son animal" con Paco Nogueiras.

Xoves 13 de marzo:
- 10:00 e 11:30 h. Alumnado de 1º de Primaria e 5º de Educación Infantil do CEIP Parga Pondal (Santa Cruz)
"Son animal" con Paco Nogueiras.

Venres 14 de marzo:
- 10:30 h. Alumnado de 4º de Primaria do CEIP Luis Seoane (Mera)
"Chuches Amil" con Fran Amil.

Na Biblioteca Manuel María (Oleiros):
Martes 11 de marzo:
- 10:15 e 11:35 h. Alumnado de 2º e 5º de Primaria do CEIP A Rabadeira (Oleiros)
"Animaliños" e "A máquina do tempo" con Ramiro Neira.

Mércores 12 de marzo:
- 10:15 e 11:45 h. Alumnado de 6º de Primaria do CEIP A Rabadeira (Oleiros)
"A máquina do tempo" con Ramiro Neira.

Xoves 13 de marzo:
- 10:15 e 11:45 h. Alumnado de 3º e 4º de Primaria do CEIP A Rabadeira (Oleiros)
"Pasando a bola" con A Xanela do Maxín.

 

Hora do conto e actividades infantís: 10 a 14 de marzo 2025

- Aforo limitado: é imprescindible que reserves a túa praza a través de www.oleiros.org/bibliotecas/inscribete
Podes facelo desde 10 días antes da data de realización.

Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso (Dorneda)
Luns 10 de marzo, ás 18:30
Para crianzas a partir de 5 anos
TÍTULO: Dámoslle a volta ao conto
CONTACONTOS: Raquel Queizás

Biblioteca Pública Municipal Manuel María (Oleiros)
Martes 11 de marzo, ás 18:30
Para crianzas a partir de 5 anos
TÍTULO: A verdadeira historia de Cincenta
CONTACONTOS: Charo Pita

Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 12 de marzo, ás 18:30
Para crianzas a partir de 5 anos
TÍTULO: O mundo ao revés
CONTACONTOS: Trémola Teatro

Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Xoves 13 de marzo, ás 18:30
Para crianzas de 2 a 4 anos AFORO COMPLETO!
TÍTULO: Contos con tradición
CONTACONTOS: Pablo Díaz

Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño (Lorbé)
Xoves 13 de marzo, ás 18:30
Para crianzas a partir de 5 anos
TÍTULO: Lúa quere viaxar a Marte
CONTACONTOS: A Xanela do Maxín

Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado (Mera)
Venres 14 de marzo, ás 18:30
Para crianzas de 2 a 4 anos
TÍTULO: Contos para poder durmir
CONTACONTOS: Ramiro Neira

Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole (Nós)
Venres 14 de marzo, ás 18:30
Para crianzas a partir de 5 anos
TÍTULO: Contamos en igualdade
CONTACONTOS: Eduvía

AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

5/3/25

Mulleres e Ciencia: expo en Rialeda para o 8 de marzo 2025

Mulleres e Ciencia: expo en Rialeda para o 8 de marzo 2025
Mulleres vangardistas que contribuíron de xeito esencial a transformar as súas áreas científicas pero non tiveron recoñemento, aínda hoxe, do seu inmenso traballo.

"Mulleres e Ciencia" é unha selección de libros sobre científicas ocultadas polo veo da invisibilidade.

Eis a exposición bibliográfica que celebra o 8 de marzo que fala de médicas, xeólogas, matemáticas, enxeñeiras, xenetistas, biólogas que foron inspiradoras, valentes e pioneiras. Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo).

Arredemos os panos que agochan as vidas e as obras de investigadoras que non ocuparon o lugar que lles correspondería!!!

Actividades en Bibloleiros para conmemorar este día:
- Todas as sesións serán ás 18:30 e están dirixidas a crianzas a partir de 5 anos.
- Biblioteca Central Rialeda (Perillo): o xoves 6 de marzo, sesión de contacontos a cargo de Raquel Crespo titulada "Historias soñadas".  
- Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda): o luns 10 de marzo, sesión de contacontos con Raquel Queizás titulada "Dámoslle a volta ao conto".
- Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros): o martes 11 de marzo, contacontos con Charo Pita titulado "A verdadeira historia de Cincenta".
- Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz): o mércores 12 de marzo, sesión de contacontos titulada "O mundo ao revés" con Trémola Teatro.
- Biblioteca Municipal Xograr Mendiño (Lorbé): o xoves 13 de marzo, a sesión conmemorativa do 8 de marzo titúlase "Lúa quere viaxar a… Marte" con A Xanela do Maxín.
- Biblioteca Municipal Ánxel Fole (Nós): o venres 14 de marzo, o contacontos adicado ao Día da Muller titúlase "Contamos en igualdade" a cargo de Eduvía.

28/2/25

Recomendacións en Radioleiros: 28 febreiro 2025

- Infantil (a partir de 8 anos):

One piece, de Eiichiro Oda.
Planeta cómic.

One Piece é un manga escrito e ilustrado por Eiichirō Oda, que se publica desde 1997 en Xapón. A historia segue a Monkey D. Luffy, un rapaz que soña con converterse no Rei dos Piratas. Ao longo da súa viaxe, Luffy reúne unha tripulación diversa, cada un cos seus propios soños e habilidades únicas, pero todos unidos pola amizade e a camaradería.

- Mocidade e persoas adultas:

Theodoros, de Mircea Cartarescu.
Impedimenta.

Versión dixital en eBiblio.

Aparentemente unha novela histórica, a obra narra a vida de Tudor, o fillo menor de dous serventes na corte dun gran señor feudal na antiga rexión de Valaquia, Romanía. Desde o seu nacemento e froito das historias sobre Julio César e Alejandro Magno, Tudor desenvolve unha ambición desmedida que o impulsa a ascender ao poder sen escatimar en medios, deixando ao seu paso un ronsel de cadáveres. Ao longo da súa travesía, adopta diversas identidades: bandido, pirata e, finalmente, convértese en Tewodros, o desapiadado Emperador de Abisinia, o imperio etíope.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Hora do conto e actividades infantís: 6 de marzo 2025

- Aforo limitado: é imprescindible que reserves a túa praza a través de www.oleiros.org/bibliotecas/inscribete
Podes facelo desde 10 días antes da data de realización.

Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Xoves 6 de marzo, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos
TÍTULO: “Dúas heroínas voando van!” Día da Muller
CONTACONTOS: Raquel Crespo

AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

24/2/25

Entroido 2025 en Bibloleiros: 24 a 27 de febreiro

Entroido 2025 en Bibloleiros: 24 a 27 de febreiro
Obradoiros de Libros pop-up Entroideiros
con Xogando nas Nubes.
Dirixidos a crianzas a partir de 6 anos.
- Máximo de participantes en cada obradoiro: 23
- Duración: 120´
- Hora: 17:30 h
- Aforo limitado: imprescindible inscribirse na biblioteca na que desexes participar. Podes facelo en liña: www.oleiros.org/bibliotecas/inscribete telefonicamente ou achegándote á biblioteca correspondente. O prazo para inscribirse ábrese 10 días antes da data de realización da actividade.

Luns 24 de febreiro
(inscrición aberta desde o venres 14 de febreiro ás 16:15 h.)
Tlf.: 981 626 638

Martes 25 de febreiro
(inscrición aberta desde o luns 17 de febreiro ás 16:15 h.)
Tlf.: 981 610 700

Mércores 26 de febreiro
Aforo completo!!!
Tlf.: 981 626 338

Xoves 27 de febreiro
Aforo completo!!!
Tlf.: 981 639 511
Aviso:
A persoa adulta responsable de cada unha das crianzas deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

23 de febreiro: Día de Rosalía de Castro

23 de febreiro: Día de Rosalía de Castro en Bibloleiros
Saúde e forza, para reclamarmos o dereito de vivirmos en galego, para sermos Galiza, esa palabra que nos sinala. Cantarte hei Galiza, na lingua galega, que así mo pediron, que así mo mandaron.
Do manifesto SAÚDE E TERRA! de Marga do Val para a AELG.
O 23 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía de Castro, data do seu nacemento. Rosalía de Castro é un símbolo para o pobo galego, unha das grandes poetas da literatura galega e española do século XIX e unha das figuras emblemáticas do Rexurdimento galego. Un ano máis, as Bibliotecas Municipais de Oleiros xuntámonos á iniciativa que promove a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega  e celebramos o aniversario do nacemento da autora. A  AELG propón á cidadanía desde 2010 que agasalle un libro en galego e unha flor. O lema escollido para este 2025 foi #SaudeeTerra!.
En 2025 Marga do Val foi a persoa escollida para a redacción do Manifesto da AELG, que será lido no acto central do Día de Rosalía de Castro, (sábado 22 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, Santiago de Compostela). Podes ler o manifesto nesta ligazón.
Actividades en Bibloleiros para conmemorar este día:
- Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz): as crianzas de 2 a 4 anos poden gozar dunha sesión da Hora do conto adicada a Rosalía o mércores 19 de febreiro ás 18:30 a cargo de Ramiro Neira titulada "Rosalía pequeniña".
- Biblioteca Central Rialeda (Perillo): o xoves 20 de febreiro, ás 18:30, sesión de contacontos para crianzas a partir de 5 anos a cargo de Trémola Teatro titulada "Historias soñadas".
Exposición de libros de Rosalía de Castro.