28/2/25

Recomendacións en Radioleiros: 28 febreiro 2025

- Infantil (a partir de 8 anos):

One piece, de Eiichiro Oda.
Planeta cómic.

One Piece é un manga escrito e ilustrado por Eiichirō Oda, que se publica desde 1997 en Xapón. A historia segue a Monkey D. Luffy, un rapaz que soña con converterse no Rei dos Piratas. Ao longo da súa viaxe, Luffy reúne unha tripulación diversa, cada un cos seus propios soños e habilidades únicas, pero todos unidos pola amizade e a camaradería.

- Mocidade e persoas adultas:

Theodoros, de Mircea Cartarescu.
Impedimenta.

Versión dixital en eBiblio.

Aparentemente unha novela histórica, a obra narra a vida de Tudor, o fillo menor de dous serventes na corte dun gran señor feudal na antiga rexión de Valaquia, Romanía. Desde o seu nacemento e froito das historias sobre Julio César e Alejandro Magno, Tudor desenvolve unha ambición desmedida que o impulsa a ascender ao poder sen escatimar en medios, deixando ao seu paso un ronsel de cadáveres. Ao longo da súa travesía, adopta diversas identidades: bandido, pirata e, finalmente, convértese en Tewodros, o desapiadado Emperador de Abisinia, o imperio etíope.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario