Teatro As Torres. Santa Cruz.
Xoves 13 de marzo ás 19:30 h.
Intervirán: Fina Paulos Lareo e Óscar Manuel Rey Calo (autores). Diana Varela Puñal (representante de Medulia editorial).
“Intelixencia Artificial para a sociedade” e un libro que vén a democratizar o uso da Intelixencia Artificial entre a poboación en xeral e achegar á veciñanza a un mundo que parece complexo pero, presente cada día nas nosas vidas.
A chave do libro está precisamente en abordar a IA desde unha perspectiva sinxela e atractiva para todos.
Fina Paulos Lareo é veciña de Perillo. Exerce como profesora de ensino secundario, na especialidade de Informática, no IES Maximino Romero de Lema, en Baio-Zas. Está comprometida coa innovación educativa e a integración das tecnoloxías dixitais no ensino. Está nomeada este ano á mellor docente de España na modalidade de secundaria e bacharelato nos Premios Educa.
Óscar Manuel Rey Calo é veciño de Corme. Tamén é docente no IES Maximino Romero de Lema, na especialidade de Sistemas e Aplicacións Informáticas. A súa aproximación ao ensino baséase no uso práctico das tecnoloxías dixitais, promovendo unha aprendizaxe colaborativa e motivadora para o alumnado.
Desde as bibliotecas municipais invítase a todas as persoas que desexen asistir, ata completar o aforo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario