18/11/23

Ler conta moito, Obradoiros e a Hora do conto: 22 a 24 de novembro de 2023

Ler conta moito, Obradoiros e a Hora do conto: 22 a 24 de novembro de 2023
- Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. 
Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das mesmas.  

Mércores 22 de novembro, 2 sesións, ás 17:30 e ás 18:45 
Para crianzas a partir de 6 anos Aforo completo!!!
OBRADOIRO: “Robótica educativa: creatividade inspiradora”
MONITORADO: A Nube de Artear

Xoves 23 de novembro, ás 18:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos Aforo completo!!!
TÍTULO: “Contos de de galos e demáis animais”
CONTACONTOS: Ramiro Neira


Xoves 23 de novembro, ás 18:30  
Para crianzas-os a partir de 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511)
TÍTULO: “Querida ovella negra”
CONTACONTOS: Trinketrinke Teatro

Venres 24 de novembro, ás 18:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)
TÍTULO: “Menú de contos”
CONTACONTOS: Charo Pita
AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

17/11/23

Recomendacións en Radioleiros: 17 novembro 2023

Recomendacións en Radioleiros: 17 novembro 2023
- Infantil (crianzas menores de 6 anos):
"O osiño Chispa" de José Antonio Abad; ilustracións de Rosa Osuna."O osiño Chispa" de José Antonio Abad; ilustracións de Rosa Osuna. En Kalandraka.
"El show de Gary" de Nell LeyshonChispa quere deixar a escola para ir traballar pero atopar un labor axeitado non será doado...


- Mocidade e persoas adultas:
"El show de Gary" de Nell Leyshon. Editado por Sexto Piso.
Gary vive nunha familia con problemas. Un microcosmos que impregnará toda a súa existencia.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

15/11/23

Presentación da novela "Ámame, anarquista" de Luisa G. Avecilla: 16 novembro 2023

Teatro "As Torres" de Santa Cruz
Xoves 16 de novembro ás 19 h.

Intervirán: a autora Luisa G. Avecilla e o xornalista Ricardo Sandoval.

Acompañamento musical a cargo de Gertraud Brilmayer, violinista da Orquesta Sinfónica de Galicia.
O cantautor César Morán porá música ao poema de Claudio Rodríguez Fer, Ámame anarquista.

Ámame, anarquista, é unha historia de mulleres, na que os homes se presentan como distantes e esvaradíos. A persecución dun imposible amoroso é a súa idea clave.

Dúas mulleres, en dúas épocas distintas e con temperamentos dispares, levan a busca obsesiva dunha quimera.
Inés, no primeiro terzo do século XX, embárcase na aventura de seguir os pasos do lendario anarquista leonés, Buenaventura Durruti, do que se namora perdidamente, levándoa a pasar situacións penosas e converténdoa nun elemento activo do movemento revolucionario.
Lucía, nos albores do século XXI, na súa busca interminable de Simón, non vivirá a súa vida a causa de deixarse arrastrar por unha paixón que nin ela é capaz de entender.

Luisa G. Avecilla é licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela.
Ao acabar os estudos optou polo xornalismo e durante dúas décadas traballou como secretaria de redacción e redactora xefa en prensa escrita e revistas de difusión autonómica e estatais. Actualmente compaxina o seu traballo de funcionaria coa escritura.

Desde as bibliotecas municipais invítase a todas as persoas que desexen asistir, ata completar o aforo.

14/11/23

Parabéns, Luis Mateo Díez!!!

Parabéns, Luis Mateo Díez!!!
Luis Mateo Díez gañou o Premio Cervantes 2023, o galardón máis importante das letras en español, que concede o Ministerio de Cultura y Deporte. O xurado destacou que o escritor leonés é "un dos grandes narradores da lingua castelá e herdeiro do espírito cervantino, creador de mundos e territorios imaxinarios. Sinalou, así mesmo, que Luis Mateo Díez posúe "unha prosa singular, que sorprende polos seus continuos e novos desafíos” e resaltou que o autor ten "un estilo propio, esixente, de grande orixinalidade, onde prevalece o humor expresionista, paródico ou esperpéntico como o mellor resorte para relativizar o que sucede, e que conleva unha perspectiva lúcida e ambigua que permite comprobar a complexidade da condición humana". O Premio Cervantes, entregarase o 23 de abril de 2024.
Luís Mateo Díez Rodríguez, natural de Villablino (León) é membro da Real Academia Española desde 2001, coa cadeira "l" (ele) minúsculo. É o único autor en lingua castelá que obtivo en dúas ocasións o Premio Nacional de Narrativa e outras dúas o Premio da Crítica, grazas ás súas novelas "La fuente de la edad" (1986), novela recomendada en Radioleiros, e "La ruina del cielo" (1999). 
Parabéns, Luis Mateo Díez!!!

Tertulia literaria en Rialeda: mércores 15 novembro 2023 (Grupo A)

Biblioteca Central Rialeda. Perillo.
17:30 a 19:30 h.

Sesión moderada por Cecilia Monllor.
Comentario de "Llévame a casa" de Jesús Carrasco.
Documentación.

Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "O paraíso dos inocentes" de Antón Riveiro Coello.

11/11/23

Tertulia literaria en Mera: luns 13 novembro 2023 (Grupo A)

Biblioteca "María José Trincado". Mera.
19 a 20:30 h.

Sesión moderada por Rosa García Vilariño, profesora xubilada de lingua e literatura galegas.
Comentario de "Ninguén queda" de Brais Lamela.
Documentación.

Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "Delirio" de Laura Restrepo.

10/11/23

Ler conta moito, Obradoiros e a Hora do conto: 13 a 17 de novembro de 2023

Ler conta moito, Obradoiros e a Hora do conto: 13 a 17 de novembro de 2023
- Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. 
Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das mesmas. 

Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda)
Luns 13 de novembro, ás 18:30  
Para crianzas de 5 anos en adiante (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
TÍTULO: “Unha noite de inverno”
CONTACONTOS: Vero Rilo

Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros)
Martes 14 de novembro, ás 18:30
Para crianzas de 5 anos en adiante (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700)
TÍTULO: “Animais do bosque”
CONTACONTOS: Trinketrinke Teatro

Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 15 de novembro, ás 18:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)
TÍTULO: “Sorpresa!”
CONTACONTOS: A Xanela do Maxín

Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Xoves 16 de novembro, ás 18:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos Aforo completo!!!
TÍTULO: “Follas de outono”
CONTACONTOS: Ramiro Neira

Biblioteca Municipal Mª José Trincado (Mera)
Venres 17 de novembro, ás 18:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos Aforo completo!!!
TÍTULO: “Ollo, piollo”
CONTACONTOS: Chus Álvarez
AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

Recomendacións en Radioleiros: 10 novembro 2023

- Infantil (a partir dos 8 anos):

Alicia Patapam en los cuentos. Texto de Gianni Rodari e ilustracións de Anna Laura Cantone
Lumen

Partindo dun relato de Gianni Rodari, a ilustradora realiza un orixinal libro que achega os contos clásicos aos nenos e ás nenas.

Un aburrido día de choiva Alicia Patapam decide mirar un libro de contos. Ao comezar a lelo, interésase tanto polo que acontece que cae de cabeza dentro del e co ruído que provoca esperta á Bela Durminte. Vaia erro! Tíñaa que espertar un príncipe. Pasa á páxina seguinte e atópase co lobo que estaba agardando por Carapuchiña Vermella...

Simpático álbum ilustrado de gran formato, cunhas divertidas ilustracións, que nos lembrarán obras clásicas infantís que podemos volver a ler.

- Mocidade e persoas adultas:

Libros del Asteroide

Versión dixital en eBiblio

Unha novela que trata sobre as relación de parellas, a actitude ante a morte e a soidade.

Un matrimonio estadounidense con problemas viaxa a unha fría e remota cidade europea para adoptar un neno. Aínda que a súa relación está moi deteriorada, levan anos soñando con ese momento e cren que un fillo lles axudará a recuperar a ledicia e a salvar a súa relación. Mentres agardan noticias do orfanato nun decadente hotel de atmosfera misteriosa e poboado por uns excéntricos hóspedes, a parella verase envolta nuns sorprendentes sucesos que lles empuxarán a reconsiderar as súas certezas.

Cameron presenta uns personaxes levados ao límite, nun entorno inquietante, e cuns acontecementos que lles están causando moitos problemas, converténdose nun continuo pesadelo, aumentando as diferencias da parella e rompendo as súas fráxiles esperanzas, facéndonos dubidar se estamos na esfera do real ou se son alucinacións.

A editorial di que se trata dunha “absorbente novela sobre as nosas incertezas e os desexos ocultos, que indaga na complexidade do amor e os poderosos vínculos que establecemos cos demais”.
Unha obra desacougante, cunha historia desgarradora, sobre o amor e o achegamento á morte.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

8/11/23

Ler para saber A CIENCIA: 10 de novembro 2023

Ler para saber A CIENCIA: 10 de novembro 2023
Charla de divulgación científica dirixida
á poboación infantil 
(a partir de 10 anos), 
adolescentes e público en xeral.

Día: Venres, 10 de novembro.
Lugar: Biblioteca Central Rialeda (Perillo).
Hora: 18:30 h.

Árbores e arbustos no xardín da Biblioteca Rialeda
Miguel Sánchez. Fotógrafo.
Fina Mosquera. Profesora de Educación Primaria.

Seleccionamos para ti títulos relacionados con este tema. Preme na ligazón.

7/11/23

Tertulia literaria en Rialeda: mércores 8 novembro 2023 (Grupo B)

Biblioteca Central Rialeda. Perillo.
17:30 a 19:30 h.

Sesión moderada por Rosa García Vilariño, profesora xubilada de lingua e literatura galegas.

Presentación e comentario de "As malas mulleres" de Marilar Aleixandre.
Documentación.

Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "El show de Gary" de Nell Leyshon.

6/11/23

Tertulia literaria en Santa Cruz: martes 7 novembro 2023 (Grupo B)

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro".
Santa Cruz

17:30 a 19 h.

Primeira sesión do grupo B. Moderada por Cecilia Monllor.
Comentario de "La lotería" de Shirley Jackson.
Documentación.

Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "A nena do abrigo de astracán" de Xabier P. Docampo.

3/11/23

Ler conta moito, Obradoiros e a Hora do conto: 8 a 10 de novembro de 2023

Ler conta moito, Obradoiros e a Hora do conto: 8 a 10 de novembro de 2023
- Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. 
Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das mesmas. 

Mércores 8 de novembro, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)
TÍTULO: “Que comen as bruxas?”
CONTACONTOS: Pavís Pavós

Xoves 9 de novembro, ás 18:30
Para crianzas a partir de 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511)
TÍTULO: “Debulendo lendas galegas”
CONTACONTOS: Tarabelos

Venres 10 de novembro, ás 18:30
Para crianzas a partir de 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)
TÍTULO: “A gran aventura dos animais”
CONTACONTOS: Trémola Teatro
AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

Recomendacións en Radioleiros: 3 novembro 2023

"Peixe" de de Emilio Urberuaga, ilustrado por Javier Zabala
Recomendacións en Radioleiros: 3 novembro 2023- Infantil (crianzas menores de 8 anos):
"Peixe" de Emilio Urberuaga, ilustrado por Javier Zabala. Editado por Bululú.
Dous premios nacionais de ilustración xuntos crean este fermoso álbum ilustrado, unha extraordinaria historia de inconformismo e superación.
Peixe vivía no mar e aburríase de ver outros peixes, asomaba a cabeza fóra da auga e gozaba mirando o ceo. Un día impulsándose coa súa aleta caudal conseguiu chegar á praia. Ao principio custáballe respirar, claro é un peixe, pero pouco a pouco foise acostumando, incorporouse sobre a cola e comezou a camiñar...
Cunha gran creatividade realizan este orixinal e extravagante conto sobre un celacanto (uns peixes que se crían extintos, que xunto cos peixes pulmonados, son os seres vivos mariños máis cercanos aos vertebrados terrestres) cunhas singulares e coloridas ilustracións. Un magnífico canto á liberdade e ao desenvolvemento persoal.
"14 de abril" de Paco Cerdá- Mocidade e persoas adultas:
"14 de abril" de Paco Cerdá. En Libros del Asteroide.

Versión dixital en eBiblio

II Premio de No Ficción Libros del Asteroide, Premio das Librerías de Navarra 2023, Premio da Crítica Valenciana 2023

O 14 de abril de 1931 foi proclamada en España a II República, en substitución da monarquía de Alfonso XIII, debido a que o 12 de abril houbo eleccións municipais gañadas nas grandes cidades por formacións contrarias á monarquía.
Neste ensaio Paco Cerdá achégase a este momento histórico, ao que aconteceu ese día en distintos lugares de España: Madrid, Barcelona, Éibar, Moaña, etc.
Dividido en oito capítulos que levan o nome das horas canónicas. O primeiro é Prima, abarca das 6 ás 9 horas, despois virá Tercía, Sexta, etc. ata finalizar en Maitines de 0 a 3 h do día seguinte e en Laudes das 3 ás 6 horas. En total, 24 horas, nas que o autor reconstrúe diversos acontecementos. O que lle sucedeu a distintas persoas: unhas descoñecidas como obreiros, unha mariscadora, un telegrafista morto en Barcelona por unha bala perdida, etc.; outras que co tempo serían importantes como Santiago Carrillo que tiña 16 anos e vivía en Madrid. Pero tamén se achega á figura de Alfonso XIII, á marcha do monarca ás 21 horas, primeiro por terra cara Cartagena e desde alí no buque Príncipe Alfonso cara Cádiz para recoller ao infante Don Juan, antes de viaxar ao exilio e á da raíña Victoria Eugenia, que sairá de Madrid, algo máis tarde, nun tren rumbo ao desterro, acompañada dos outros fillos e fillas.
Para os que o autor denomina esquecidos da Historia, que foron persoas que faleceron ese día por causas non naturais (cargas da Garda Civil, etc) foi fundamental a revisión das hemerotecas, como o caso dun encadernador en paro ferido nunha manifestación que pedía o fin da monarquía, Emilio Arauzo Honorio, co que abre e pecha o libro; ou de Cándida Lago que inicia o segundo capítulo; ou o de Teresa Claramunt no que se aproxima á morte e enterro desta anarquista.
Todos os relatos son reais: declaracións, detalles, nomes. Todo está documentado en diversas fontes: xornais, libros, arquivos fotográficos, vídeos, ensaios, teses doutorais, incluso os telegramas que o embaixador americano enviou nesa xornada.
O autor localiza pequenas historias que vai reconstruíndo, reflectindo a tensión e expectación dese histórico día.
Desde a editorial indican que é unha mirada humana que busca tanto aos grandes protagonistas do momento como aos anónimos participantes nesa xornada transcendental. Un solo día no que caben, como nunha traxedia shakespeariana, todos os sentimentos: a ilusión das masas, o medo da familia real, a ansiedade dos presos, a ambición polo poder, a lealdade a unhas ideas, a esperanza colectiva e a dor das vítimas. 
Unha crónica conmovedora, moi ben documentada, que reflicte o sentir da sociedade, non solo polo que narra senón tamén pola sensibilidade con que o narra. Un libro ben escrito, con distintas historias curtas (moitas delas de persoas descoñecidas) que nos aproximan dunha forma magnífica ao acontecido.
“Co pulso do cronista, o rigor do investigador e a prosa do novelista, Paco Cerdà afronta unha ambiciosa empresa: a de contar a chegada da Segunda República a través dos ollos dos que a desexaban e dos que a temían. Como resultado, esta narración trepidante, apaixonada” Elvira Lindo.
“Unha obra que conxuga a lente do xornalismo cunha prosa de enorme estilo literario e que afonda con audacia en todo o que non se conta desa emblemática data” J. Ors (Cultura de La Razón).
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

2/11/23

Presentación do libro de Silvia Salgado "Verde en el tejado" no Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga

Presentación do libro de Silvia Salgado "Verde en el tejado" no Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga
No Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga -sito nas antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora- Rúa Casares Quiroga nº 29, Liáns (Oleiros), o venres 3 de novembro ás 19:00, terá lugar a presentación da última obra literaria de Silvia Salgado, "Verde en el tejado".
O aforo é limitado, confirma a túa asistencia a través do seguinte FORMULARIO ou no tlf. 981 630 618.

Publicada por Hércules de Ediciones, "Verde en el tejado" mestura literatura, natureza e vida. A través dunha prosa que rexistra un profundo lirismo, a autora escribe unha fermosa historia de amor en todas as súas dimensións. Un eloxio á vida e á beleza que se atopan nos detalles máis sinxelos, como as flores e os libros. 
Silvia Salgado naceu en Barcelona en 1974. Licenciada en Ciencias Políticas pola Universitat Autònoma de Barcelona, ten un posgraduado en Xornalismo acreditado pola Columbia University de Nova York. É autora das novelas "Mientras hilan las mariposas" (2016), "La aldea" (2017), "El intermedio que somos" (2019) e "Si te vuelves invierno" (2021), todas elas presentadas na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz). Colabora como columnista en El ideal gallego. Profesora de obradoiros de escritura creativa, fomenta, coordina e dirixe varios clubs de lectura, como o da Biblioteca Municipal Mª José Trincado, Mera. Na actualidade, reside coa súa familia nesta localidade costeira de Oleiros. Declárase para sempre unha amante amateur da fotografía.
Silvia é, ademáis, usuaria habitual das bibliotecas municipais do Concello de Oleiros e do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga, onde se documentou para a escritura desta quinta novela.