14/11/23

Parabéns, Luis Mateo Díez!!!

Parabéns, Luis Mateo Díez!!!
Luis Mateo Díez gañou o Premio Cervantes 2023, o galardón máis importante das letras en español, que concede o Ministerio de Cultura y Deporte. O xurado destacou que o escritor leonés é "un dos grandes narradores da lingua castelá e herdeiro do espírito cervantino, creador de mundos e territorios imaxinarios. Sinalou, así mesmo, que Luis Mateo Díez posúe "unha prosa singular, que sorprende polos seus continuos e novos desafíos” e resaltou que o autor ten "un estilo propio, esixente, de grande orixinalidade, onde prevalece o humor expresionista, paródico ou esperpéntico como o mellor resorte para relativizar o que sucede, e que conleva unha perspectiva lúcida e ambigua que permite comprobar a complexidade da condición humana". O Premio Cervantes, entregarase o 23 de abril de 2024.
Luís Mateo Díez Rodríguez, natural de Villablino (León) é membro da Real Academia Española desde 2001, coa cadeira "l" (ele) minúsculo. É o único autor en lingua castelá que obtivo en dúas ocasións o Premio Nacional de Narrativa e outras dúas o Premio da Crítica, grazas ás súas novelas "La fuente de la edad" (1986), novela recomendada en Radioleiros, e "La ruina del cielo" (1999). 
Parabéns, Luis Mateo Díez!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario