28/2/20

Hora do conto e actividades infantís: 4 a 6 de marzo 2020

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-31645.pdf
Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 4 de marzo, ás 18:30
Celebramos o Día da Muller
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338) 
CONTACONTOS: Olga Abad
TÍTULO: “A viaxe de Maruxa"


Biblioteca Central Rialeda. Perillo
Xoves 5 de marzo, ás 18:30 
Celebramos o Día da Muller
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511) 
CONTACONTOS: Anxo Fariña
TÍTULO: “Dulcinea, a nena cabaleira"

Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera
Venres 6 de marzo
, ás 18:30  Celebramos o Día da Muller 
Para nenas-os de 1 a 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)  
CONTACONTOS: Charo Pita
TÍTULO: “Eu nena, ti neno”

Actividades de promoción da lectura: de 2 a 5 de marzo 2020

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-31672.pdfPrograma de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 2 a 5 de marzo:
Luns 2 de marzo: 
- 9:40 e 10:50: alumnas-os de 1º de Bacharelato do IES Miraflores (Oleiros).
 "As barreiras do carballo" con Ramiro Neira.
Martes 3 de marzo: 
- 9:40 e 10:50: alumnas-os de 1º de ESO do IES Miraflores (Oleiros).
 "As barreiras do carballo" con Ramiro Neira.
Mércores 4 de marzo: 
- 9:40 e 10:50: alumnas-os de 4º de ESO do IES Miraflores (Oleiros).
 "Contos escollidos de Emilia Pardo Bazán" con Soledad Felloza. 
Xoves 5 de marzo: 
- 10:20: alumnas-os de 2º de EP d
o CEIP Juana de Vega (Nós).
 "A favor da igualdade" a cargo de Caxoto.  
 
Martes 3 de marzo: 
- 10:20: alumnas-os de 5º de EP do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz), e 11:50: alumnas-os de 4º de EP do CEIP Luís Seoane (Mera).
"Chocolata" a cargo de Charo Pita. 
Mércores 4 de marzo:
- 10:20: alumnas-os de 6º de EP do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz), e 11:20: alumnas-os de 5º de EP do CEIP Luís Seoane (Mera).
"O coelliño branco" a cargo de Trinke Trinke. 
Xoves 5 de marzo:
- 10:20: alumnas-os de 6º de EP do CEIP Luís Seoane (Mera).
"O coelliño branco" a cargo de Trinke Trinke.
 

Tertulia literaria en Rialeda: 4 marzo 2020 (Grupo B)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Tertulias%20Literarias
https://jamesjoyce.ie/Biblioteca Central Rialeda
(Casiña de actividades)
17,30 a 19,30 h.

Comentario de Dublineses, de James Joyce
Documentación

Seguinte lectura: Madres e hijas, de Laura Freixas

Tertulia literaria en Santa Cruz: 3 marzo 2020 (Grupo B)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Tertulias%20Literarias
http://graemesimsion/Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
17,30 a 19 h.

Comentario de El proyecto esposa, de Graeme Simsion

Seguinte lectura: Antoloxía do conto galego: século XX

Recomendacións en Radioleiros: 28 febreiro 2020

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=ti&q=%22monstruo+colores+cole%22&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas+P%C3%BAblicas+Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE
https://youtu.be/huQZXwIT6sI- Infantil (de 2 a 6 anos):

El monstruo de colores va al cole, de Anna Llenas
Flamboyant

Anna Llenas escribiu co mesmo personaxe El monstruo de colores e El monstruo de colores va al cole.

El monstruo de colores foi o primeiro álbum que asinou como autora e ilustradora e é un dos principais libros cos que se traballa a educación emocional (alegría, tristeza, ira, nerviosismo, etc.) nas nenas e nenos máis pequenos.

O monstro de cores é un simpático monstro que lle gusta ao público infantil, que cambia de cor en función das emocións. Se está tranquilo adquire a cor verde, se está contento ponse amarelo, etc.

No título que recomendamos, ao principio o monstro está de cor verde porque está en calma pero unha nena chamada Nuna dille que hoxe vai ser o seu primeiro día de colexio, polo que o monstro vólvese de todas as cores, debido a que esta acción provócalle nerviosismo, medo, alegría, etc. Que será iso do cole?, pregúntase.

Nuna acompáñao e móstralle a súa clase. O monstro agáchase detrás dunha cortina. Vai cambiando ao presentarlle os compañeiros e compañeiras, ir a clase de música, saír ao patio, xantar, etc. O cole non está tan mal e o monstro pasouno ben, está alegre polo que o vemos de cor amarela.

Obra ideal para ler e mostrar aos máis pequenos, principalmente ao comezar o cole ou se non lles gusta moito. Se os nenos e nenas xa coñecen o primeiro libro, mellor, porque así vanse fixando de que cor está o monstro. No caso de que non o coñezan é necesario explicarlles o que lle vai acontecendo, o motivo polo cal vai cambiando de cores.

- Mozas/os e adultas/os:

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=ti&q=mujer+pelo+rojo&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas+P%C3%BAblicas+Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-OLELa mujer del pelo rojo, de Orhan Pamuk
Penguin Randon House

Orhan Pamuk foi Premio Nobel de Literatura no ano 2006.

Tráxica novela contemporánea que explora temas como a culpa, o desexo e a paternidade baixo mitos e lendas que chegaron ata os nosos días.

Nos arredores de Istambul, un mestre poceiro e un aprendiz novo son contratados para atopar auga nun terreo bastante estéril. Mentres escavan sen sorte, nace entre eles un vínculo case paterno-filial, unha dependencia mutua que se ve alterada cando o adolescente se namora dunha misteriosa muller de pelo vermello que é moito maior ca el. Sinte por ela unha gran atracción, síguea ata que descobre que é actriz dun grupo de teatro que está de paso e comparte con ela unha noite de amor. Será un primeiro amor que marcará o resto dos seus días.

Volve ao traballo. Están a 25 metros de profundidade e seguen sen atopar auga, pero un descoido do mozo fai que o poceiro teña un accidente no fondo do pozo. Cem (o mozo), desesperado busca axuda, pero como non a atopa, marcha abandonando a Mahmut (o poceiro) no fondo do pozo. Non sabe se só está ferido ou se xa está morto. Escapa para a capital. Anos despois, está xa casado e cun negocio inmobiliario, pero segue arrastrando a culpa de deixar abandonado o poceiro...

Segundo imos lendo esta historia veremos como se vai transformando e cambiando Turquía.

Unha obra de amor e misterio na que se mestura a intriga, a fábula e a traxedia e profundiza en temas como a familia ou a figura paterna.

Segundo o Financial Times “promove que sempre debemos interrogar polo pasado, pero nunca negalo ou enterralo”.

Cunha escritura maxistral, como nos ten acostumados este autor, esta novela atrapa ao lector ou lectora e reafirma a Pamuk como un dos grandes escritores da actualidade.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.


24/2/20

24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-shelves.pl?viewshelf=8302&sortfield=
Nas Bibliotecas Municipais de Oleiros compartimos a iniciativa que promove a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega: a celebración do 24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro. Esta data está fixada no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora e a AELG propón á cidadanía desde 2010 que agasalle un libro en galego e unha flor.
Estrela Rosalía: a Unión Astronómica Internacional fixo público o 17 de decembro de 2019 que a estrela asignada a España que figuraba nos catálogos astronómicos como HD 149143 da constelación de Ofiuco, pasará a chamarse Rosalía de Castro. A proposta da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, co apoio da Fundación Rosalía de Castro e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña tivo unha excelente acollida e a estrela Rosalía de Castro loce xa no ceo. Por iso, este 24 de febreiro, queremos encher a Biblioteca Central Rialeda de astros coloridos. Pinta e recorta estreliñas relumbrantes, fermosas como os versos de Rosalía! Visita a expo de libros de Rosalía na sala infantil-xuvenil de Rialeda (Perillo).  Na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) manteremos ata o 2 de marzo unha exposición #Libre o meu pensamento, de material infantil relacionado coa escritora galega e animaremos tamén ás-aos usuarias-os a que busquen entre os libros da exposición algún poema curto de Rosalía. A Biblioteca vaino fotocopiar para que a-o usaria-o o recorte e o personalice para despois pegalo na exposición habilitada.
Recomendámosche a lectura do manifesto Errantes polo mundo, que para esta celebración encomendou a AELG ao escritor Daniel Asorey.

21/2/20

Recomendacións en Radioleiros: 21 febreiro 2020

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1247987&branch_group_limit_txt=Oleiros%20-%20Biblioteca%20Central%20Rialeda&branch_group_limit=branch%3AOLE1https://youtu.be/FGP6eOKYvKA- Infantil (nenas-os de 8 a 10 anos):
“O que nunca che contaron” de María Canosa e Kike Gómez; ilustracións de Dani Padrón. Editado por Oqueleo.
Seis historias arredor da maxia e da ilusión ilustradas por Dani Padrón. Henry que traballa de mecánico nocturno amañando estrelas, a debuxante de horizontes que entra na súa propia paisaxe, Anasclasia que está decidida a salvar as bolboretas dos seus cazadores, Morgana que é repartidora de onomatopeas… conformando un texto orixinal e optimista.
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1793123&branch_group_limit_txt=Oleiros%20-%20Biblioteca%20Central%20Rialeda&branch_group_limit=branch%3AOLE1 - Mozas-os e adultas-os:
“Aporofobia, el rechazo al pobre. Un desafío para la democracia” de Adela Cortina. En Paidós.
O medo ao pobre é xeral en todas as sociedades do primeiro mundo o que contrasta co aprezo polo estranxeiro de bo nivel económico. Neste libro, Adela Cortina expón este problema do noso tempo, reflexiona arredor do mesmo e tenta facilitarnos ferramentas para enfrontarnos a esta realidade.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Sábado 22 de febreiro: a Biblioteca Manuel María (Oleiros ) estará pechada

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/biblio/manuel-maria-oleiros
A Biblioteca Municipal "Manuel María" (Oleiros) permanecerá pechada o sábado 22 de febreiro desde as 11 ata as 13 h.

Pregamos desculpen as molestias.

20/2/20

Actividades de promoción da lectura: 27 e 28 de febreiro 2020

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-31672.pdfPrograma de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 27 e 28 de febreiro:
Venres 28 de febreiro: 
- 9:00: alumnas-os de 2º de Bacharelato do IES Miraflores (Oleiros), "Do fantástico ao neofantástico", e 11:30: alumnas-os de 1º de Bacharelato do IES Miraflores (Oleiros), "Pártome e móndome", con Isabel Andrés .
Xoves 27 de febreiro:
- 10:20: alumnas-os de
1º de EP do CEIP Luís Seoane (Mera), e 11:20: alumnas-os de 6º de EP do CEIP Juana de Vega (Nós).
"Chove miudiño" a cargo de Soledad Felloza. 
Venres 28 de febreiro:
- 9:15: alumnas-os de 2º de ESO do IES María Casares (Santa Cruz).
"Unha torre de lenda" a cargo de Enrique López.

17/2/20

18 febreiro 2020: Presentación das obras de Esther Pena na Biblioteca de Santa Cruz

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-31671.pdf
Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz
Martes 18 de febreiro ás 19 h.

A autora Esther Pena Vázquez e o escritor Xabier Maceiras presentarán as obras:

“Esa tierra extraña”, “Múltiples destellos de luz”, “Un café para recordarte”, “Espalda de seda” e  “Crimen para olvidar”

Entre as páxinas das súas obras, a/o lectora/o poderá vivir historias cotiás e visitar lugares da Coruña fácilmente recoñecibles. Acompañar ao inspector Duarte na resolución dunha trama criminal e deleitarse coa poesía desta escritora que ademais afonda en temas sobre a amizade e a paixón.

Desde as bibliotecas municipais invítase a todas as persoas que desexen asistir a gozar cos textos e as palabras desta autora.

Tertulia literaria en Rialeda: 19 febreiro 2020 (Grupo B)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-31552.pdfBiblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
17,30 a 19,30 h.

Comentario de Órdenes sagradas, de Benjamin Black
Documentación

Seguinte lectura: Dublineses, de James Joyce

Tertulia literaria en Santa Cruz: 18 febreiro 2020 (Grupo A)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Tertulias%20Literarias
https://www.megustaleer.com/autor/kent-haruf/0000945449Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
17,30 a 19 h.

Comentario de Nosotros en la noche, de Kent Haruf

Seguinte lectura: As voces baixas, de Manuel Rivas

15/2/20

Segue o Entroido en Bibloleiros: de 17 a 20 de febreiro 2020


Seguimos gozando do Entroido nas Bibliotecas Municipais de Oleiros con obradoiros nos que as-os nenas-os participantes realizarán peliqueiros articulados e outras figuras da festa por excelencia dos disfraces e as carautas e coñecerán as características das máscaras desta celebración tadicional.

*Dirixido a nenas e nenos a partir de 6 anos.
*Máximo de participantes en cada obradoiro: 20.
*Imprescindible inscribirse na biblioteca na que desexen participar. Podes facelo telefonicamente ou achegándote á biblioteca correspondente. O prazo para inscribirse ábrese 10 días antes da data de realización da actividade.
*Hora: 17:30.

- Luns 17 de febreiro
Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso. (Dorneda)
Tel.: 981 626 638
- Martes 18 de febreiro
Biblioteca Pública Municipal Manuel María. (Oleiros)
Tel.: 981 610 700
- Martes 18 de febreiro
Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño. (Lorbé)
Tel.: 981 618 201
- Mércores 19 de febreiro
Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro. (Santa Cruz)
Tel: 981 626 338
- Xoves 20 de febreiro
Biblioteca Central Rialeda. (Perillo)
Tel.: 981 639 511

Clica na ligazón para ver os recursos que temos sobre o Entroido en Bibloleiros: gastronomía, festas, etc. e visita a expo "Libros de filloas e antefaces, de rosquillas e disfraces" que temos na sala infantil-xuvenil da Biblioteca Rialeda.