Nas Bibliotecas Municipais de Oleiros compartimos a iniciativa que promove a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega: a celebración do 24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro. Esta data está fixada no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora e a AELG propón á cidadanía desde 2010 que agasalle un libro en galego e unha flor.
Estrela Rosalía: a Unión Astronómica Internacional fixo público o 17 de decembro de 2019 que a estrela asignada a España que figuraba nos catálogos astronómicos como HD 149143 da constelación de Ofiuco, pasará a chamarse Rosalía de Castro. A proposta da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, co apoio da Fundación Rosalía de Castro e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña tivo unha excelente acollida e a estrela Rosalía de Castro loce xa no ceo. Por iso, este 24 de febreiro, queremos encher a Biblioteca Central Rialeda de astros coloridos. Pinta e recorta estreliñas relumbrantes, fermosas como os versos de Rosalía! Visita a expo de libros de Rosalía na sala infantil-xuvenil de Rialeda (Perillo). Na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) manteremos ata o 2 de marzo unha exposición #Libre o meu pensamento, de material infantil relacionado coa escritora galega e animaremos tamén ás-aos usuarias-os a que busquen entre os libros da exposición algún poema curto de Rosalía. A Biblioteca vaino fotocopiar para que a-o usaria-o o recorte e o personalice para despois pegalo na exposición habilitada.
Recomendámosche a lectura do manifesto Errantes polo mundo, que para esta celebración encomendou a AELG ao escritor Daniel Asorey.

No hay comentarios:
Publicar un comentario