23/9/16

Recomendacións en Radioleiros: 23 de setembro 2016

 http://www.ipernity.com/doc/284673/43409370/in/album/863040
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=&q=seres+raices+cara+alfaya&branch_group_limit=- Infantil (a partir de 12 anos):
Os seres con Raíces na Cara, de An Alfaya ; ilustracións de Xosé Cobas
Galaxia

Adentrarse neste libro é facelo noutra forma de entender o mundo. Un mundo poboado de seres diferentes. Os seres con Raíces na Cara. Como? Non sabes quen son? Velaquí a porta de entrada ao lugar no que eles habitan. Un libro distinto, de fantasía nos que os trasnos Papabicos son os protagonistas.

- Mozos/as e adultas/os:

http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1217305Eifel Blues, de Jacques Berndorf
Funambulista

Unha nova aportación para os lectores en castelán do xénero negro na figura do xornalista Baumeister. Xubilado nun pobo alemán próximo a Bélxica e Luxemburgo, fumador en pipa, amante dos gatos e do jazz, protagoniza unha investigación con varios mortos, a presenza do exército e a xa desaparecida RDA. Unha trama que lembra a tensión da Guerra Fría dun xeito aséptico e á vez cun alto grao de implicación.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

19/9/16

Ler conta moito e actividades infantís de setembro a decembro 2016: avanzamos a programación!!!

http://172.17.2.12:8080/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-24837.pdf
 http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-24836.pdfA partir de 21 de setembro nas Bibliotecas Municipais de Oleiros realizaranse 45 actividades de promoción da lectura dirixidas a nenas e nenos desde 1 a 12 anos. Levaranse a cabo nas sete bibliotecas municipais e serán actividades moi diversas. Desde os tradicionais contacontos até obradoiros de encadernación de libros, ilustración, cantacontos, creación de fósiles de dinosauros, etc.

Participarán Soledad Felloza, Maumarela, Juste Kamishibai papel e teatro, Os Quinquilláns, Crearte Servizos Culturais, Pablo Díaz, OQO, Luís Vallecillo, Xulio Varela, Elefante Elegante, Teatro de Marionetas Trécola, A Illa d@s Nen@s, Chío Couto, Efervesciencia, Vicente Mohedano, Mirari Urruzola, Sonia Ojea, Charo Pita e a Compañía Trinke-Trinke cos “Ratos da biblioteca”. Estas actividades de animación á lectura realizaranse de forma lúdica, activa e participativa, fomentando a imaxinación e a creatividade.

Algúns destes actos están incluídos no programahttp://rbgalicia.xunta.es/ler-conta-moito/da Rede de Bibliotecas de Galicia

16/9/16

Recomendacións en Radioleiros: 16 de setembro 2016

 .
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1203219- Infantil (nenas e nenos  maiores de 12 anos):
"Solos", debuxos de Bruno Gazzotti, guión de Fabien Vehlmann. Editado por Dibbuks.
Da noite para a mañá, un pequeno grupo de nenos espértase nunha cidade na que o resto de habitantes desapareceron misteriosamente sen deixar rastro. A partir de aí, e como ben indica o título, terán que defenderse sós (aínda que a medida que avanza a historia descubriremos que non o están tanto coma semellaba). Cinco rapaces que non se coñecían de nada nas rúas da cidade: o duro Dodji, a perspicaz Leila, a “empollona” Celia, o imaxinativo Iván e o impertinente Terry. Ningún sabe que ocorreu mentres durmían, nin como enfrontarse a un mundo hostil no que os seus pais e o resto de adultos xa non están para dicirlles o que está ben ou mal.
 
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1215483- Mozas-os e adultas-os:
"Aqueles días en que eramos malas" de Inma López Silva. En Galaxia.
Nun módulo do Centro Penitenciario de A Lama conviven un grupo de mulleres bastante desigual: unha prostituta enganchada á droga, unha rapaza colombiana atrapada cando entraba no país cun pequeno alixo de droga, unha monxa, unha funcionaria de prisións e
unha escritora que decide relatar o que alí acontece. Segundo avanzan as historias da cada unha, chegas á convicción que o concepto de maldade non é intrínseco ás persoas senón que ás veces son as situacións e a falla de recursos o que as leva a actuar deste xeito o cal conleva unhas consecuencias funestas.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

9/9/16

Recomendacións en Radioleiros: 9 de setembro 2016

http://www.ipernity.com/doc/284673/43409104/in/album/863040
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=kw&q=&idx=ti&q=mentira&idx=au%2Cwrdl&q=care+santos&limit-yr=&limit=&limit=&multibranchlimit=OLE&sort_by=relevance&do=Busqueda- Xuvenil:
"Mentira" de Care Santos, en Edebé.
Premio Edebé de Literatura Juvenil 2015
 
Unha novela xuvenil dividida en tres partes: a primeira e a terceira están narradas en primeira persoa por Xenia e a segunda por Marcelo e está escrita en forma de carta.
 
Xenia é unha moza, unha boa estudante de 2º de bacharelato, curso no que estaba especialmente interesada en sacar boas notas para poder entrar na carreira de Medicina na Universidade. Pero, ultimamente o seu rendemento baixou. Coñeceu, a través de Internet, un mozo do que namorou. Entrou en contacto con el dunha maneira bastante casual. A profesora de filosofía recomendoulles, para subir nota, a lectura da obra El guardián entre el centeno de Salinger e cando colleu o libro na biblioteca no seu interior traía un punto que dicía “comparte a túa lectura con outros mozos coma ti no fórum da nosa páxina web”. Entrou no fórum e noutras páxinas de Internet para ver que dicían desa obra e aí atopou un comentario curioso ao que decidiu contestar. Así  se puxo en contacto cun mozo que se presenta como Marcelo López de 17 anos. Empezan a intercambiar correos e ela proponlle quedar para coñecerse. Como el se nega, Xenia comeza a facer indagacións ...
 
A autora di que á hora de escribir esta narración pensou en que “debíamos formularnos algunhas preguntas incómodas e reflexionar sobre algún asuntos que nunca son tan simples como nos empeñamos en pensar” e aclara que o personaxe de Marcelo López está baseado nunha persoa real e que para ela é o verdadeiro protagonista da obra.
Unha obra interesante que fala da delincuencia xuvenil e da súa reinserción na sociedade, pero tamén da amizade, do amor, da familia e da solidariedade. Móstranos como o amor pode transformarnos, tanto para ben como para mal.

 
- Mozas-os e adultas-os:
"O anxo negro" de Manuel Gago, editado por Xerais.
O anxo negro é unha novela negra e de misterio, pero tamén histórica. O autor mestura realidade e ficción, polo que ao lado de feitos e de personaxes históricos atoparemos ficción.

Na parroquia montañesa de Cereiro, na costa da Morte, a principios de decembro do ano 1981, roubaron a figura dunha santa Mariña da que a poboación era moi devota. Esta santa estaba situada nunha zona non moi visible do mosteiro de Cereiro. Era unha imaxe pequena, á que lle faltaba unha man dereita e case todo o brazo esquerdo, pero iso non impedía que case sempre estivese rodeada de candeas prendidas polos fregueses.
Reunidos todos os veciños deciden falar con Nicolás Bren, capitán retirado da Mariña Mercante para que sexa el o encargado de buscala, axudado por Andreu Meis un mozo que ten un bar na zona e algo implicado no contrabando de tabaco.
Segundo van investigando descobren que noutras igrexas tamén desapareceron imaxes relixiosas pero que ninguén deu parte á garda civil e poderán ver que existe todo unha trama para o roubo sistemático de patrimonio relixioso galego. Descubrirán que esta imaxe está relacionada con importantes momentos da historia europea da época do Renacemento.
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1210511
Con esta obra poderemos viaxar no tempo pasando polo século XVI con María Estuardo, a desamortización no XIX, a Guerra Civil española e os anos 80 do século XX, pero tamén viaxar por distintos lugares: desde Galicia a Roma, París, Sheffield, Namur ou Escocia.

Estamos ante unha boa e moi interesante narración, que engancha ao pouco de comezar a lela, cun ritmo áxil e unha historia que parte das raíces da cultura popular galega mesturada con doses de novela negra, e coa que, ademais de divertirnos, aprenderemos sobre a cultura galega e a historia de Europa. 

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

2/9/16

39'6 ºC: cómics, álbums ilustrados e pelis a temperatura de verán

https://goo.gl/photos/ZbmbSSpMvLZDff5i8
https://goo.gl/photos/ZbmbSSpMvLZDff5i839'6 ºC é a temperatura máxima absoluta rexistrada até agora n'A Coruña. Foi un 28 agosto de 1961*. 

Nesta expo que podes ver no vestíbulo da Biblioteca Rialeda hai cómics, álbums ilustrados e películas con arrecendo canicular, fragrancia de praia e piscina, aroma de amores efémeros, perfume de viaxes inesquecibles. Agardamos que as altas temperaturas te acheguen á boa sombra da Rialeda e leves en préstamo algunha destas propostas estivais. 

1/9/16

Recomendacións en Radioleiros: 2 de setembro 2016

http://www.ipernity.com/doc/284673/42961102/in/album/863040
 http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=748160&viewallitems=1- Infantil (a partir de 5 anos):
"Unha parella diferente" de Daniela Kulot, en Kalandraka.
Crocodilo e Xirafa namoraron, construíron unha casa para os dous e emprenderon unha vida en común, que lamentablemente topou coa incomprensión dos seus respectivos semellantes. Sen embargo, cando unha familia veciña está en perigo non dubidan en colaborar para salvar vidas, por riba de calquera diferenza.
 
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1196817- Mozos-as e adultos-as:
"Los humanos" de Matt Haig, editado por Roca.
O profesor Andrew Martin da Universidade de Cambridge resolve o máis grande dos enigmas matemáticos de todos os tempos: a hipótese de Riemann, relacionado cos números primos. Resolvelo supón unha revolución na aplicación da análise matemática que transformará as nosas vidas e a das xeracións futuras. Pero misteriosamente o profesor desaparece durante unhas horas, e cando o atopan está desorientado, parece diferente e compórtase como se todo lle fose alleo, parece estar afectado por unha gran amnesia...
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

26/8/16

Recomendacións en Radioleiros: 26 de agosto 2016

 http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion/radio/podcast/todo-esta-nos-libros
 http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1198244- Infantil (de 6 a 8 anos):
"A burra Ramona" de Paula Carballeira; con ilustracións de Xosé Tomás. Editado por Baía.
A burra Ramona era unha burra que xa estaba farta de traballar, comer e durmir, agora quería voar. Miraba ao ceo e preguntábase que se sentiría, como sería voar. Así que sentou e alí quedou, e o señor Xosé, o seu dono, como non tiña forma de facer que Ramona fora cara adiante nin cara atrás, decidiu ficar alí con ela. Pero Ramona sentara no medio do camiño por onde tiña que pasar a xente, así que ninguén podía pasar, nin a señora Baia que por alí paseaba, nin a familia Castro,  nin as bruxas que ían cara o mar. Así que todos decidiron ficar alí coa burra Ramona, ata que se aproximou un exército que facía tremer a terra, un exército co que viaxaba o mesmísimo rei e quería pasar polo camino. Pero Ramona non era unha burra normal, era unha burra que quería voar, así que…
Quen podería máis, o rei ou a burra Ramona???

 
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=ti&q=Nora+Webster&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE- Mozos-as e adultos-as:
"Nora Webster" de Colm Toíbín, en Lumen.
A novela está ambientada en Enniscorthy, unha cidade irlandesa de finais da década de 1960 e principios de 1970. Arranca pouco despois da morte, tras unha breve enfermidade, de Maurice, marido de Nora durante 21 anos. As súas dúas fillas maiores están estudando fóra, e Nora vive na súa casa cos seus dous fillos pequenos. Non ten aforros, a súa pensión é pequena e vive nunha cidade na que non abundan as novidades. Esa cidade coñece a vida de Nora e ese coñecemento oprímea, séntese exposta á compaixón e ás suposicións da xente. O seu home, un preciado mestre de escola, era o que tiña máis encanto dos dous. Descubriremos que ata a nai e as irmás de Nora prefirían a compañía de Maurice  antes que a dela.
Todo narrado coa prosa exquisita, elegante e pausada de Colm Toíbín.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

22/8/16

39'6 ºC: libros a temperatura de verán

  https://goo.gl/photos/vgTkMiocMgFukK9Y7
  https://goo.gl/photos/vgTkMiocMgFukK9Y739'6 ºC é a temperatura máxima absoluta rexistrada até agora n'A Coruña.
Foi un 28 agosto de 1961*.
 
39'6 ºC: libros a temperatura de verán é unha expo que podes ver no vestíbulo da Biblioteca Central Rialeda onde poderás atopar novelas con arrecendo canicular, fragrancia de praia e piscina, aroma de amores efémeros, perfume de viaxes inesquecibles. Agardamos que as altas temperaturas te acheguen á boa sombra da Rialeda e leves en préstamo algunha destas propostas estivais.
*(fonte: http://www.aemet.es)

19/8/16

Recomendacións en Radioleiros: 19 de agosto 2016

http://www.ipernity.com/doc/284673/42835960/in/album/863040
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=399709&viewallitems=1- Infantil (menos de 6 anos):

Se eu fose moi alto, de António Mota e ilustrado por André Letria
Kalandraka

Os portugueses Mota e Letria tráenos este texto merecedor de diversos premios no que fomentan a imaxinación cun protagonista de grande estatura que pode limpar as chemineas, ver os avión desde distancias curtas o cambiar as lámpadas fundidas dos farois, entre outros, contribuíndo á aceptación das persoas que son distintas polo seu físico. Boas ilustracións de Letria e un texto moi preciso de Mota.

- Mozos/as e adultos/as:

http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=&q=olvidados+tragedia+americana+rusia&branch_group_limit=Los olvidados: una tragedia americana en la Rusia de Stalin, de Tim Tzouliadis
Debate

Premiado co Longman-History Today 2009 por este libro, o xornalista grego Tzouliadis tráenos esta viaxe polo século XX da man de aqueles norteamericanos que emigraron no primeiro terzo á Unión Soviética para traballar nese proxecto político e social. Unha pescuda detallada que comeza coa Depresión e segue nos anos trinta (época do terror de Stalin), a II Guerra Mundial e a Guerra Fría. Varias xeracións afectadas nun episodio histórico tráxico moi pouco coñecido e de grande interese.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

16/8/16

III Día das Galegas nas Letras: exposición bibliográfica en Santa Cruz

http://www.asega-critica.net/2016/08/programa-do-iii-dia-das-galegas-nas.html
Exposición bibliográfica sobre a obra de María Xosé Queizán, figura reivindicada neste III Día das Galegas nas Letras, promovido pola plataforma de crítica literaria A Sega.

María Xosé Queizán nace en Vigo. Catedrática de Lingua e Literatura galega, imparte clases nun IES desta cidade. Presidenta de FIGA (Feministas Independentes Galegas). Directora da revista cultural Festa da Palabra Silenciada. Dirixe a colección As Literatas de narradoras en Edicións Xerais. Creadora e directora do Teatro Popular galego.

Escritora, tradutora, conferenciante. Colaboradora en xornais e revistas. Na actualidade ten unha columna periódica no xornal La Voz de Galicia. 

12/8/16

Recomendacións en Radioleiros: 12 de agosto de 2016

http://www.ipernity.com/doc/284673/42786194/in/album/863040
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1215679- Infantil (de 6 a 8 anos):
"Axente Riciños" texto de El Hematocrítico e ilustracións de Alberto Vázquez, editado por Xerais.
Axente Riciños é un conto infantil que presenta unha nova versión do clásico Riciños de Ouro. Esta é unha nena divertida, atrevida e moi, moi curiosa, nada doce, iso si, pero moi simpática e firme nas súas pesquisas, tanto que mesmo chega a colaborar coa policía do bosque nunha misión moi necesaria para a “xustiza infantil”. Ademáis de atopar a unha Riciños reconvertida en axente, os peques gozarán doutros-as personaxes de contos por todas-os coñecidas-os. Por que a sopa dos osos está a temperatura volcánica? Por que o xarope especial para mazás que a vella lle ofrece a Brancaneve está nun tarro negro cunha caveira debuxada? Estas son algunhas das preguntas que se fai a nosa Axente Riciños.
 
- Mozas-os e adultas-os:
"Una casa en Amargura" de Elisa Vázquez de Gey, en Ediciones B.
Un libro que nos axuda a evadirnos, máis que nada porque nos traslada á exótica Cuba, á
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1202983&viewallitems=1
Cuba colonial, á Cuba das grandes mansións señoriais. Á illa da música, da luz e do sol, pero tamén, no século XIX, á illa da escravitude e das miserias humanas. Comeza situándonos en La Habana de 1882 onde unha nova dama, Dulce Elena Prieto y Lamas, filla do cabaleiro Síndico Segundo, procurador Xeral, atópase no peirao do porto de San Cristóbal esperando a chegada dun barco que trae desde Europa a Felicité, unha muller da que non sabe nada pero que se veu na obriga de localizar a petición da súa amiga e empregada Misterio del Cobre Montserrat.
Mentres espera, Dulce dedícase a escribir nunhas cuartillas o relato de todo o que aconteceu nos últimos meses.
Unha excelente novela que permite achegarnos ao sistema escravista, ás relacións que del se desprenden e coñecer a introdución de galegos en condicións de escravos.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

10/8/16

Grazas, Agustín!!!

https://goo.gl/photos/pUk3wq9x51tmrahM9
Podes visitar a exposición adicada a Agustín Fernández Paz na Biblioteca Central Rialeda. O autor de, entre moitas outras obras, “Contos por palabras” é un dos escritores máis recoñecidos da literatura galega, máis lidos, máis estimados polas-os lectoras e lectores e máis recomendados na emisora municipal Radioleiros (105.5 FM) que deixa unha obra literaria fundamental.

Un autor que recibiu numerosos premios, entre os que podemos destacar o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil pola fermosa obra “O único que queda é o amor”. Un referente ético para todas-os, unha persoa que sempre defendeu a lingua galega, fomentou a lectura e destacou o seu compromiso polo ensino público. 
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=au%2Cwrdl&q=agustin%20fernandez%20paz&limit=%28branch%3A%20OLE1%20%20or%20branch%3A%20OLE2%20%20or%20branch%3A%20OLE3%20%20or%20branch%3A%20OLE4%20%20or%20branch%3A%20OLE6%20%20or%20branch%3A%20OLE7%20%20or%20branch%3A%20OLE8%20%20or%20branch%3A%20OLE9%20%29&offset=0&sort_by=title_az

O seu recente pasamento déixanos a todas-os un pouco orfas-os, mais como “escritor galego para a humanidade” como a el lle gustaba definirse, deixa un brillante ronsel que durará sempre xa que “os libros son imprescindibles para axudar a soñar e a vivir”.

5/8/16

Recomendacións en Radioleiros: 5 de agosto 2016

http://www.ipernity.com/doc/284673/42666596/in/album/863040
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=&q=cabeza+medusa+aleixandre&branch_group_limit=- Xuvenil (a partir de 14 anos):

A Cabeza de Medusa, de Marilar Aleixandre
Xerais

Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil (2008). Premio The White Ravens (Internationale Jugend Bibliothek) (2009). Premio Frei Martín Sarmiento (2010).

Marilar Aleixandre recentemente ingresou como académica de número na Real Academia Galega. Desde as Bibliotecas Municipais de Oleiros desexamos felicitala e darlle os nosos parabéns pola súa incorporación a esta institución.

Sofía e Lupe son dúas mozas, estudantes de 2º de bacharelato, que son violadas ao saír dunha festa de disfraces. Están tiradas nun descampado. Os mozos xa marcharon. Que fan? Chaman aos pais? Como lles explican o acontecido? Chaman á policía?
Unha vez que están cos pais deciden ir realizar a denuncia na policía, pero ao día seguinte sae a noticia no xornal. Cando Sofía a le, desgústase dobremente porque agora vano saber no instituto e vai ser público...

Unha obra moi interesante inspirada no mito da fermosa Medusa. Medusa foi violada por Neptuno no templo de Minerva e, en vez de ser el o castigado, Minerva castigou a Medusa. Na obra tamén imos ver como hai algunha persoa que culpa ás mozas. Son elas as que deben avergoñarse ou hai que castigar aos culpábeis? Que é mellor, denunciar e que se faga público, ou ocultalo e que o feito quede impune?  Encima do terrible acontecemento polo que veñen de pasar, teñen que sufrir a actitude dalgunhas persoas...

Cunha prosa áxil, unha descrición dos sucesos nada morbosa preséntanos este feito e a reacción dalgunha parte da sociedade, pero, ao mesmo tempo, o papel da amizade e o amor que axudan a superar esta experiencia tan dura e a vergoña que ocasiona.

Unha magnífica novela xuvenil narrada con delicadeza e tenrura que recomendamos para adolescentes a partir de, aproximadamente, 14 anos.

- Mozas/os e adultas/os:

http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=&q=accionista+mayoritario+petros+markaris&branch_group_limit=El accionista mayoritario, de Petros Márkaris
Tusquets

Presenta un novo caso do comisario Kostas Jaritos cun pano de fondo do mundo da publicidade e do terrorismo internacional.

Nun caloroso mes de xuño, Kostas Jaritos recibe a terrible noticia de que o barco no que viaxaba a Creta a súa filla Katerina e o seu mozo, para pasar unhas pequenas vacacións, acaba de ser asaltado por un comando terrorista. A vida de todos os pasaxeiros corre perigo, pero non se sabe de que nacionalidade son os secuestradores, nin que pensan esixir. A súa preocupación vai en aumento ao comprobar que pasan as horas e non se coñecen as reivindicacións dos terroristas.
Paralelamente ordénanlle investigar o asasinato dun modelo publicitario que traballa facendo anuncios para a televisión. Isto resúltalle difícil porque ten a mente no barco e no que lle pode acontecer a súa filla e ao seu mozo...


Unha novela policiaca moi entretida, áxil, ben escrita, cunha mirada crítica e escéptica sobre Grecia. Con gran ironía e moitas doses de humor, vainos presentando os distintos acontecementos.


Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.