- Xuvenil:
"Mentira" de Care Santos, en Edebé.
Premio Edebé de Literatura Juvenil 2015
"Mentira" de Care Santos, en Edebé.
Premio Edebé de Literatura Juvenil 2015
Unha novela xuvenil dividida en tres partes: a primeira e a terceira están narradas en primeira persoa por Xenia e a segunda por Marcelo e está escrita en forma de carta.
Xenia é unha moza, unha boa estudante de 2º de bacharelato, curso no que estaba especialmente interesada en sacar boas notas para poder entrar na carreira de Medicina na Universidade. Pero, ultimamente o seu rendemento baixou. Coñeceu, a través de Internet, un mozo do que namorou. Entrou en contacto con el dunha maneira bastante casual. A profesora de filosofía recomendoulles, para subir nota, a lectura da obra El guardián entre el centeno de Salinger e cando colleu o libro na biblioteca no seu interior traía un punto que dicía “comparte a túa lectura con outros mozos coma ti no fórum da nosa páxina web”. Entrou no fórum e noutras páxinas de Internet para ver que dicían desa obra e aí atopou un comentario curioso ao que decidiu contestar. Así se puxo en contacto cun mozo que se presenta como Marcelo López de 17 anos. Empezan a intercambiar correos e ela proponlle quedar para coñecerse. Como el se nega, Xenia comeza a facer indagacións ...
A autora di que á hora de escribir esta narración pensou en que “debíamos formularnos algunhas preguntas incómodas e reflexionar sobre algún asuntos que nunca son tan simples como nos empeñamos en pensar” e aclara que o personaxe de Marcelo López está baseado nunha persoa real e que para ela é o verdadeiro protagonista da obra.
Unha obra interesante que fala da delincuencia xuvenil e da súa reinserción na sociedade, pero tamén da amizade, do amor, da familia e da solidariedade. Móstranos como o amor pode transformarnos, tanto para ben como para mal.
Unha obra interesante que fala da delincuencia xuvenil e da súa reinserción na sociedade, pero tamén da amizade, do amor, da familia e da solidariedade. Móstranos como o amor pode transformarnos, tanto para ben como para mal.
- Mozas-os e adultas-os:
"O anxo negro" de Manuel Gago, editado por Xerais.
O anxo negro é unha novela negra e de misterio, pero tamén histórica. O autor mestura realidade e ficción, polo que ao lado de feitos e de personaxes históricos atoparemos ficción.
"O anxo negro" de Manuel Gago, editado por Xerais.
O anxo negro é unha novela negra e de misterio, pero tamén histórica. O autor mestura realidade e ficción, polo que ao lado de feitos e de personaxes históricos atoparemos ficción.
Na parroquia montañesa de Cereiro, na costa da Morte, a principios de decembro do ano 1981, roubaron a figura dunha santa Mariña da que a poboación era moi devota. Esta santa estaba situada nunha zona non moi visible do mosteiro de Cereiro. Era unha imaxe pequena, á que lle faltaba unha man dereita e case todo o brazo esquerdo, pero iso non impedía que case sempre estivese rodeada de candeas prendidas polos fregueses.
Reunidos todos os veciños deciden falar con Nicolás Bren, capitán retirado da Mariña Mercante para que sexa el o encargado de buscala, axudado por Andreu Meis un mozo que ten un bar na zona e algo implicado no contrabando de tabaco.
Segundo van investigando descobren que noutras igrexas tamén desapareceron imaxes relixiosas pero que ninguén deu parte á garda civil e poderán ver que existe todo unha trama para o roubo sistemático de patrimonio relixioso galego. Descubrirán que esta imaxe está relacionada con importantes momentos da historia europea da época do Renacemento.
Con esta obra poderemos viaxar no tempo pasando polo século XVI con María Estuardo, a desamortización no XIX, a Guerra Civil española e os anos 80 do século XX, pero tamén viaxar por distintos lugares: desde Galicia a Roma, París, Sheffield, Namur ou Escocia.
Estamos ante unha boa e moi interesante narración, que engancha ao pouco de comezar a lela, cun ritmo áxil e unha historia que parte das raíces da cultura popular galega mesturada con doses de novela negra, e coa que, ademais de divertirnos, aprenderemos sobre a cultura galega e a historia de Europa.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario