A partir de 21 de setembro nas Bibliotecas Municipais de Oleiros realizaranse 45 actividades de promoción da lectura dirixidas a nenas e nenos desde 1 a 12 anos. Levaranse a cabo nas sete bibliotecas municipais e serán actividades moi diversas. Desde os tradicionais contacontos até obradoiros de encadernación de libros, ilustración, cantacontos, creación de fósiles de dinosauros, etc.
Participarán Soledad Felloza, Maumarela, Juste Kamishibai papel e teatro, Os Quinquilláns, Crearte Servizos Culturais, Pablo Díaz, OQO, Luís Vallecillo, Xulio Varela, Elefante Elegante, Teatro de Marionetas Trécola, A Illa d@s Nen@s, Chío Couto, Efervesciencia, Vicente Mohedano, Mirari Urruzola, Sonia Ojea, Charo Pita e a Compañía Trinke-Trinke cos “Ratos da biblioteca”. Estas actividades de animación á lectura realizaranse de forma lúdica, activa e participativa, fomentando a imaxinación e a creatividade.
Algúns destes actos están incluídos no programada Rede de Bibliotecas de Galicia

No hay comentarios:
Publicar un comentario