31/5/13

Recomendacións en Radioleiros: 31 de maio


- Infantil e Xuvenil (a partir de 10 anos):


Un fermoso libro que nos presenta a Daniela, unha nena que fai amizade cun extraterrestre.

Daniela é unha nena de 9 anos, que vai pasar uns días na casa da súa avoa, en Mondoñedo, por mor
de que a súa familia vai cambiar de residencia de Lugo para Vigo, e teñen que trasladar os mobles e demais pertenencias.


Ao día seguinte de chegar, decide explorar o faiado, o único lugar prohibido da casa. Abre un baúl que está cheo de libros e leva un enorme susto porque de alí sae un rato que se pon a falar con ela en diferentes idiomas. Un rato que se pode transformar en diferentes animais ou persoas. En realidade non é un rato é un extraterrestre...

Con esta obra Agustín Fernández Paz prantéxanos como se pode establecer amizade entre seres tan diferentes, como se poden axudar mutuamente, ao mesmo tempo que fai unha defensa da utilidade das redes sociais.

- Mozos/as e Adultos/as:



"La hija del Este" é unha novela que mestura realidade e ficción, datos verídicos ao lado de rumores e conxecturas, que reflexiona sobre a manipulación política, ao mesmo tempo que nos presenta a relación entre un pai e a súa filla e nos achega aos terribles episodios da Guerra da ex-Iugoslavia.

A protagonista é Ana Mladić, filla do xeneral serbio Ratko Mladić. En marzo de 1994, Ana Mladić suicídase ao regresar dunha viaxe a Moscú, que realizou xunto cuns compañeiros da Facultade de Medicina de Belgrado. Ana era unha das mellores alumnas desa facultade, unha moza guapa, intelixente e cun bo porvir. O pai non quería que ela fixera esa viaxe, na que vai descubrir que o que ela pensa del, ao que tanto quere e admira, non é totalmente certo. Seu pai era para ela o único home en quen confiar e negábase a crer que fose certo o que oía, pensaba que eran mentiras inventadas para difamalo, pero cando comeza a comprender que é verdade, todo o seu mundo se ven abaixo.

Alternan capítulos con acontecementos da vida familiar e do que lle vai sucedendo en Moscú, con outros nos que se presenta parte da historia de Serbia, dos antepasados serbios, dos mosteiros, pero principalmente o referente á batalla do rei Lazar fronte aos turcos no ano 1389 e que marcaría o destino de Serbia ata principios do século XX. Seiscentos anos despois o dirixente serbio Slobodan Milosevic, visitou o lugar (chamado Campo dos Mirlos) e ante a memoria do rei mártir Lazar, que fora traizoado, xurou que nunca máis volverían a derrotar ao seu pobo, pero nesta época os inimigos xa eran os musulmáns bosnios e os croatas. Hai que ter en conta que a organización dos ustachas croatas foran colaboradores dos nazis.

É unha novela interesante, principalmente para todas as persoas que queiran saber algo máis sobre o conflito dos Balcáns e algunhas das causas da disgregación da antiga Iugolasvia, pero non é fácil de ler pola temática que trata e porque ten capítulos moi duros sobre batallas e matanzas que nestas se produciron. Nela tamén vemos como algúns gobernantes, militares e dirixentes políticos sen escrúpulos (para conseguir os obxectivos que se propoñen) manipulan á poboación, a través de discursos, documentais, medios de comunicacións e intelectuais afíns.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

30/5/13

31 de maio: Paula Carballeira no Teatro As Torres de Santa Cruz

A actriz e narradora oral Paula Carballeira achegaráse ao Teatro As Torres para realizar 3 sesións de contacontos dirixidas ao alumnado de Educación Infantil (4 e 5 anos) e 1ª de Primaria do CEIP Isidro Parga Pondal.

10 h. - Educación Infantil (5 anos)
11,15 h. - 1ª de Primaria
12,30 h. - Educación Infantil (4 anos)

28/5/13

Recital poético-musical no Teatro As Torres de Santa Cruz: 30 de maio

Día: xoves 30 de maio
Hora: 20:00 
Presentación da Escolma poética titulada VERSUS, da que son coautores Antón Borrazás, Hugo Álvarez, Miguel Queipo, Óscar de Souto e Manuel García Pombo.

Carlos Solla é profesor de lingua galega e foi Premio de Poesía Johan Carballeira no ano 2010 polo poemario MazinGZ, Premio de Poesía Victoriano Taibo no ano 2011 pola obra Holocausto zacoe. Antón Borrazás, deixa constancia escrita da súa denuncia e máis da obriga de arrepórmonos á realizade imposta. Hugo Álvarez achega á antoloxía doce textos traballados en lingua castelá, pertencentes á súa obra “Al filo de la cordura”. Miguel Queipo presenta dezasete poemas, dos que seis son en lingua galega. Óscar de Souto engádelle ao poemario dezaseis composicións e esta antoloxía finaliza cos poemas de Manuel  García Pombo.

Nas propias palabras de Carlos Solla: Están os tempos acaecidos para os poetas do social, pois baixan lodos os ríos da dignidade.. Versus é unha escorreita colección de poemas poliautoriais de verso latexante, vital, guerrileiro e namorado, “poesía necesaria como el pan de cada día”.

31 de maio e 5 de xuño: Ler conta Moito en Mera e Lorbé

31 de maio ás 18,30 h.

A actriz Raquel Queizás presentará o espectáculo de contacontos titulado “Historias da Maletra”, dirixido a nenas e nenos de 5 a 12 anos, co que viaxarán ao longo do mundo, coñecendo as diferentes culturas e costumes dos distintos continentes, incluíndo lendas e historias antigas que nos axudarán a redescubrir a nosa propia historia e cultura galegas.

5 de xuño ás 18,30 h.

 A Asociación Cultural Oficios Antigos e Medievais representará un espectáculo de maxia denominado “Gravidade cero”, dirixido a un público maior de 3 anos de idade, no que as sorpresas e as gargalladas aparecen por arte de maxia. Un espectáculo no que se suceden a ciencia e as ilusións ópticas para que os asistentes poidan gozar de novas sensacións.



Tertulia literaria en Rialeda: 29 de maio (Grupo A)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades) 
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario da obra "El reflejo de las palabras" de Kader Abdolah
Documentación
Obras de Kader Abdolah nas nosas bibliotecas.

A seguinte obra programada é "Ilustrísima" de Carlos Casares, que será comentada o día 12 de xuño e coa que remataremos a tempada 2012-2013 neste grupo.

24/5/13

Hora do conto: de 27 a 31 de maio

Aquí tes a programación da hora do conto de 27 a 31 de maio.
Biblioteca Pública Municipal "Mª José Ruso". Dorneda
Luns 27 de maio
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULOS:  A primavera que nunca daba chegado!
Biblioteca Pública Municipal "Manuel María". Oleiros
Martes 28 de maio
CONTACONTOS: Fran Insua
TÍTULOS:     “O día que olvidei pechar a billa”, “Antonino de soño en soño”, “Josefina o asexo”
 

Biblioteca Pública Municipal "Ánxel Fole". Nós
Venres 31 de maio
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULOS:       “Secundino”,  “Era un conto”, “Todo é posible”
(AVISO: Os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente)

Recomendacións en Radioleiros: 24 de maio

- Infantil (nenos-as de 10 a 12 anos):
"Comandante Hussi" de Jorge Araújo. Ilustracións de Pedro Sousa Pereira, en Kalandraka.
O conflito de Guinea converte a Hussi nun neno soldado. Abandoa a casa e vaise á guerra para axudar ao seu pai. Relato poético que descrebe a tiranía, a inxustiza, as consecuencias do conflito e a vida cotiá nos países máis desfavorecidos.
- Mozos-as e adultos/as:
"Nada se opone a la noche" de Delphine de Vigan, editado por Anagrama.
A autora comeza a reconstruír a vida da súa nai tras o seu falecemento. Fotografías, conversas con quen a coñeceu, películas caseiras de vacacións, todo forma unha crónica familiar do París entre os anos 1950 e os primeiros do século XXI. Crises mentais, periodos de ánimo, relacións amorosas da nai, afectos e desputas conforman este texto que supuxo unha  catarse para  a propia escritora. Un exercicio de alto risco que non deixa a ninguén indiferente. Premiada en Francia en varias ocasións.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas. 

21/5/13

Tertulia literaria en Rialeda: 22 de maio (Grupo B)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)

Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario da obra "Todo cuanto amé" de Siri Hustvedt
Documentación
Obras de Siri Hustvedt nas nosas bibliotecas

A seguinte obra programada é "A pensión Eva" de Andrea Camilleri, que será comentada o día 5 de xuño e coa que remataremos a tempada 2012-2013 neste grupo.

20/5/13

Hora do conto: de 21 a 24 de maio

Aquí tes a programación da hora do conto de 21 a 24 de maio
Biblioteca Pública Municipal "Federico García Lorca". Montrove
Martes 21 de maio
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULOS:  “Espaguetis á Bolañesa”
Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño". Lorbé
Mércores 22 de maio
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS:       “O porquiño”, “Para facer o retrato dun paxaro”, “Un pallaso chamado Roberto”


Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 22 de maio
CONTACONTOS: Fran Insua
TÍTULOS:          “Antonino de soño en soño”, “Boas noites monstros”, “Josefina ao asexo”
Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 23 de maio
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULOS:     “Historias da lúa e do sol e algún touporroutou"
Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera
Venres 24 de maio
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULOS:       “Os domingos”, “Caprichos!!!”, “Os ladróns de pelos”
(AVISO: Os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente)

Tertulia literaria en Santa Cruz: 20 de maio

De 18,30 a 20 horas.

Comentario da obra "Un árbol crece en Brooklyn" de Betty Smith.
Obras de Betty Smith nas nosas bibliotecas.

Entregaráse o título "Al este del Edén" de John Steinbeck 
Importante: a sesión final da tertulia terá lugar o luns 10 de xuño, en lugar do día 3 inicialmente programado.

15/5/13

20 de maio: Presentación do libro "Feminismos" en As Torres de Santa Cruz

Teatro Municipal "As Torres". Santa Cruz  
Ás 19,30 h. 

Presentación do libro "Feminismos" a cargo de María Reimóndez.

María Reimóndez, xunto con Olga Castro, son as autoras desta obra que realiza un recorrido sobre os feminismos ao longo da xeografía e a historia. 

Para a escritora e traductora María Reimóndez “os feminismos son os movementos que máis transformacións sociais provocaron de cara a unha mellora da vida de todas as persoas”.

É presidenta e fundadora da organización de cooperación internacional Implicadas/os no Desenvolvemento.

Entrada libre para público en xeral. 

16 de maio: Soledad Felloza na Biblioteca Central Rialeda

Na Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Celebraranse dúas sesións:
- Ás 9:30 H para o alumnado de 1º A, B e C de primaria
- Ás 11:00 H participará o alumnado de 1º C, 2º A e B
"Contacontos teatralizado" da obra de Carlos Casares, "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas", a cargo de Soledad Felloza.
Actividade dirixida a alumnado do CEIP Valle-Inclán.