31 de maio ás 18,30 h.
A actriz Raquel Queizás presentará o espectáculo de contacontos titulado “Historias da Maletra”, dirixido a nenas e nenos de 5 a 12 anos, co que viaxarán ao longo do mundo, coñecendo as diferentes culturas e costumes dos distintos continentes, incluíndo lendas e historias antigas que nos axudarán a redescubrir a nosa propia historia e cultura galegas.
5 de xuño ás 18,30 h.
A Asociación Cultural Oficios Antigos e Medievais representará un espectáculo de maxia denominado “Gravidade cero”, dirixido a un público maior de 3 anos de idade, no que as sorpresas e as gargalladas aparecen por arte de maxia. Un espectáculo no que se suceden a ciencia e as ilusións ópticas para que os asistentes poidan gozar de novas sensacións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario