- Infantil (nenos-as de 10 a 12 anos):
"Comandante Hussi" de Jorge Araújo. Ilustracións de Pedro Sousa Pereira, en Kalandraka.
O conflito de Guinea converte a Hussi nun neno soldado. Abandoa a casa e vaise á guerra para axudar ao seu pai. Relato poético que descrebe a tiranía, a inxustiza, as consecuencias do conflito e a vida cotiá nos países máis desfavorecidos.
- Mozos-as e adultos/as:
"Nada se opone a la noche" de Delphine de Vigan, editado por Anagrama.
A autora comeza a reconstruír a vida da súa nai tras o seu falecemento. Fotografías, conversas con quen a coñeceu, películas caseiras de vacacións, todo forma unha crónica familiar do París entre os anos 1950 e os primeiros do século XXI. Crises mentais, periodos de ánimo, relacións amorosas da nai, afectos e desputas conforman este texto que supuxo unha catarse para a propia escritora. Un exercicio de alto risco que non deixa a ninguén indiferente. Premiada en Francia en varias ocasións.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario