1/10/17

44 sesións de actividades de promoción da lectura e Ler conta moito de outubro a decembro!!!

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-27124.pdf
Unha tempada máis, as Bibliotecas Municipais de Oleiros organizan actividades de promoción da lectura dirixidas a nenas e nenos. Entre os meses de outubro a decembro, nas sete bibliotecas municipais levaranse a cabo 44 sesións de diferentes actividades infantís para fomentar á lectura e animar a que as nenas e os nenos visiten as bibliotecas no seu tempo libre. Levarase a cabo a programación de Ler conta moito, os bebecontos, a hora do conto así como diversas actividades e obradoiros para adolescentes. Os folletos e carteis están distribuídos en todos os colexios de ensino público de Oleiros e tamén nas sete bibliotecas municipais.
Ler conta moito é un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e en colaboración coas Bibliotecas Municipais de Oleiros.
 
A hora do conto é unha actividade tradicional nas Bibliotecas Municipais de Oleiros na que se levan a cabo diferentes sesións de narración oral dirixidas a nenas e nenos menores de 10 anos. Cóntanse ou dramatízanse un ou varios contos, cun enfoque lúdico e unha vivencia activa e participativa cos libros, fomentando a creatividade, como unha invitación a viaxar a un mundo máxico de imaxinación e fantasía.
Bebecontos son contacontos dirixidos a nenas e nenos de 1 a 3 anos.
Con esta programación as nenas e os nenos poderán escoitar e gozar cos contacontos, fomentar a creatividade con distintos obradoiros: de cómic, de scrapbooking, de maxia, de creación de teatriños de papel, de autoedición...,  divertirse e aprender con sinxelos experimentos científicos como os obradoiros sobre submarinos, coñecer a formación dos planetas e estrelas ou entreterse con espectáculos de maxia.
As sesións levaranse a cabo, preferentemente, ás 18:30 horas, excepto algúns obradoiros que terán lugar ás 17:30 h. e que se avisan na propia actividade.
 
O aforo é limitado en todas as actividades, polo que é imprescindible reservar praza
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-27124.pdf
na biblioteca correspondente, tanto indo persoalmente como chamando por teléfono. Poderanse inscribir desde 10 días antes da data de realización da actividade.
Os obxectivos que se intentan conseguir son a promoción da lectura, que as nenas e os nenos participantes se divirtan escoitando contos, facer novas lectoras e lectores ou consolidarlles este hábito, que descubran a diversidade dos libros e o pracer pola lectura e que vivan o libro en colectividade xunto con outras nenas e nenos.

Preténdese introducir ás nenas e aos nenos no mundo dos libros a través dunha lectura que poidan comprender, coa que gocen e se entreteñan. Tratarase de espertar unha sensibilidade que faga descubrir o pracer que pode proporcionar a lectura, que os nenos e as nenas vexan que tamén se poden divertir e pasar momentos moi agradables cos libros.
Para calquera información que precisen sobre estas sesións poden chamar por teléfono á Biblioteca Central Rialeda 981 639 511 ou a calquera das demais bibliotecas municipais.   

29/9/17

Recomendacións en Rialeda: 29 setembro 2017

https://youtu.be/dk_NTFXVRYUhttps://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1226912&query_desc=ti%2Cwrdl%3A%20gran%20libro%20del%20cuerpo - Infantil (a partir de 6 anos):
"El gran libro del cuerpo" texto de Mary Hoffman e ilustrado por Ros Asquith. En Juventud.
Un libro informativo e ameno dirixido aos primeiros lectores, que ofrece datos, curiosidades e ilustracións atractivas e moi clarificadoras sobre as partes do corpo.
As ilustracións a toda cor, que neste libro son moi importantes, mostran de maneira moi visual como as formas e tamaños do corpo van transformándose.
É un bo libro cheo de información que axuda a coñecernos e a integrarnos nunha comunidade de iguais pero distintos, onde a diferencia enriquece.

 
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=399714- Mozas e adultas-os:
"Era por setembro" de Xabier Quiroga. Editado por Xerais.
A protagonista, Aldara, recente ministra dun hipotético goberno español de esquerdas viaxa desde a capital á súa vila natal para asistir ao enterro dun dos seus seres máis queridos, ao enterro da súa nai.
A medida que o tren achega á cidade, os recordos non tan lonxanos van renacendo de novo no seu maxín
, recordos que a levan a un pasado que realmente definiu a súa vida e a súa personalidade, dirixíndoa cara o que hoxe é.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

25/9/17

Tertulias Literarias en Rialeda e Santa Cruz: inscrición a partir do mércores 27 de setembro


http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122549&name=DLFE-16219.pdf BIBLIOTECA CENTRAL RIALEDA

O prazo de inscrición para as Tertulias literarias na Biblioteca Central Rialeda ábrese o mércores 27 de setembro ás 8,15 h.*

A inscrición poderá facerse dos seguintes xeitos:
- A través da páxina web do Concello de Oleiros.
- Persoalmente na Biblioteca Central Rialeda.
- Por teléfono (981 639 511) no horario da biblioteca (luns a venres de 8,15 a 21,15 h.).

40 prazas por orde de inscrición. As 20 primeiras solicitudes constituirán o grupo A e as 20 restantes o grupo B.

As persoas que queden sen praza entrarán a formar parte dunha lista de espera, sendo avisadas cando haxa unha vacante.


BIBLIOTECA E CENTRO DE DOCUMENTACIÓN DA MULLER "ROSALÍA DE CASTRO". SANTA CRUZ

A inscrición para as Tertulias literarias na Biblioteca de Santa Cruz ábrese o mércores 27 de setembro ás 10 h.*

A inscrición poderá facerse dos seguintes xeitos:
- Persoalmente na Biblioteca de Santa Cruz.
- Por teléfono (981 626 338) no horario da biblioteca (martes a xoves de 10 a 13,30 h.; luns a venres de 16 a 20 h.; primeiro e terceiro sábado de mes de 10 a 14 h.).

20 prazas por orde de inscrición. As persoas que queden sen praza entrarán a formar parte dunha lista de espera, sendo avisadas cando haxa unha vacante.


*Non se admitirán solicitudes previas á data sinalada.

IMPORTANTE: A inscrición en liña está dispoñible únicamente para as tertulias da Biblioteca Rialeda.

Poden inscribirse todos/as os/as maiores de 16 anos que desexen participar.

Comentaranse obras de distintos xéneros literarios, principalmente narrativa contemporánea, pero tamén se le poesía, teatro e ensaio, nun ambiente de familiaridade, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura.

O principal obxectivo é animar a ler lendo, gozar da literatura como un desenvolvemento da capacidade de creación e comunicación a través da lectura, de maneira que compartindo ideas, reflexionando sobre temas diversos poidamos enriquecernos cos diferentes puntos de vista.

As programacións inclúen obras de autoras e autores da literatura galega, española e internacional.

Datas de inicio da actividade:
- Grupo A de Rialeda: mércores 25 de outubro, das 17,30 ás 19,30 h.
- Grupo B de Rialeda: mércores 18 de outubro, das 17,30 ás 19,30 h.
- Tertulia de Santa Cruz: luns 9 de outubro, das 17,30 ás 19 h

As sesións teñen un carácter quincenal. A actividade remata no mes de xuño de 2018

22/9/17

Recomendacións en Radioleiros: 22 setembro 2017

https://youtu.be/J8bxfKxnC2s
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1028284- Infantil (6 a 8 anos):
"Os monstros grandes non choran" de Kalle Güettler, Rakel Helmsdal, Áslaug Jónsdóttir. En Sushi Books.
A habilidade de Monstro Pequeno choca con Monstro Grande que é tremendamente zoupón e ponse moi triste. Que fará para atoparlle unha solución?... Unha historia sobre a amizade e o comportamento dirixida ás máis pequenas-os.
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1239630 
- Mozas-os e adultas-os:
"Pasteles sin horno: 30 propuestas veganas, sin azúcar y sin gluten" de Joanna Farrow. Editado por Blume.
Receitas simples que non requiren forno pensadas para todas-os e aptas para persoas que optan ou necesitan unha dieta distinta. Textos moi claros acompañados dunha fotografía coidada.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

15/9/17

Recomendacións en Radioleiros: 15 setembro 2017

 https://youtu.be/C5pg6tM91g8
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=&q=historia+dracolino+ibarrola&branch_group_limit=- Infantil (menores de 6 anos):
La historia de Dracolino, de Begoña Ibarrola
SM

Dracolino era un dragón descendente da única familia de dragóns que quedaba en todo o territorio coñecido. Todos esperaban del que fose un dragón que asustase a todos os habitantes lanzando enormes lumeradas pola boca ao igual que os seu pais. Así que cando Dracolino, en vez de lume, o único que coseguíu emitir foron fermosos e melodiosos asubíos, a vergoña que sentiu foi enorme.

Trátase dun conto que pode axudar aos máis pequenos e pequenas a canalizar o sentimento da vergoña.

- Mozos/as e adultos/as:

Crónica Córnica, de Francisco Coimbra
Xerais

Unha soprendente novela arredor da recuperación dunha lingua extinguida, o córnico, no condado de Cornualles en Gran Bretaña.

Unha mañán dun día calquera, a case totalidade da poboación de Cornualles se levanta falando, non en inglés, como viñan facendo dende sempre, senón nunha lingua considerada extinguida, o córnico. O Estado británico non está disposto a toleralo e todos os habitantes desta rexión son acusados de subversivos, tratados de terroristas e fortemente reprimidos.


Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

8/9/17

Recomendacións en Radioleiros: 8 setembro 2017

https://youtu.be/q1HSRtrhptU
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1213150- Infantil (menores de 6 anos):
"O fío" texto de Gracia Iglesias e ilustracións de Rosa Osuna. En Kalandraka.
Un fío solto na chaqueta dá comezo a este conto para cativas-os con moi pouco texto e unhas ilustracións moi coidadas. Final aberto propicio para comentar coas-os lectoras-es.
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=974670 
- Mozas-os e adultas-os:
"Cuervos" de John Connolly. Editado por Tusquets.
O secuestro dunha menor crúzase na vida profesional de Charlie Parker, un investigador privado maltratado pola vida e o seu medio. Violencia e intriga no estado de Maine nunha novela negra con varias direccións.


Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

1/9/17

Recomendacións en Radioleiros: 1 setembro 2017

https://youtu.be/XVhLJ96H8qM
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1039213- Infantil (nenas-os de 7 anos en adiante):
"O homiño vestido de gris e outros contos" de Fernando Alonso. Ilustracións de Ulises Wensell. En Kalandraka.
Reedición desta obra clásica da literatura infantil. Editada por primeira vez no ano 1978, pero que conserva todo o seu encanto e vixencia.
Son oito relatos  nos que os personaxes nos comunican as súas inquietudes e anhelos, que reflexionan sobre a utilidade e a beleza oculta de determinados obxectos, sobre a busca da felicidade e a súa conquista grazas ao esforzo colectivo e que desexan cambiar a realidade que os rodea para facer un mundo mellor.
Estes fermosos textos xunto coas sinxelas pero, ao mesmo tempo, excelentes ilustracións fan deste libro unha obra de gran calidade.

 
- Mozas-os e adultas-os:
"El informe de Brodeck" de Philippe Claudel. Editado por Salamandra.
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=807978Hai un ano que acabou a guerra cando un asasinato rompe a tranquilidade dunha pequena localidade illada nas montañas. O único estranxeiro que vivía na zona ao que chamaban “De Anderer” (que significa o outro en alemán) desapareceu e todos os homes da localidade confésanse autores desa desaparición. Os veciños encárganlle a Brodeck (un supervivente dos campos de concentración e ademais non é un deles xa que veu doutra localidade) que faga o informe do que aconteceu. El xa nos di na primeira páxina que non tivo nada que ver, pero como non quería acabar como o outro non se atreveu a negarse. Eles están convencidos de que non actuaron mal e queren un informe que busque a comprensión e o perdón. As testemuñas reconstrúen a vida do outro pero tamén removen o pasado. Brodeck vai redactando o informe e ao mesmo tempo unha crónica persoal (a súa chegada, a súa vida alí, a deportación, o campo de concentración...), pero comeza a ter medo debido a que descobre algo que non só afecta ao outro, senón tamén a el e a súa familia. Pensaba que o sabía todo mais non era así, os seus dous anos no campo de concentración impedíronlle coñecelo...
Neste lugar cerrado entre montañas temos dous personaxes de fóra: un que é submiso e intenta adaptarse para non molestar e o outro que mostra a súa diferencia e a súa independencia e ao mesmo tempo (cos seus debuxos) como son os habitantes do pobo polo que acaban odiándoo.
Estamos ante unha novela inquietante,  na que domina a imprecisión, que nos fala da desconfianza cara o diferente ou o que ven de fóra, tamén de vinganza e de silencios e ao mesmo tempo de perdón.

 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

25/8/17

Recomendacións en Radioleiros: 25 agosto 2017

https://youtu.be/A5DpRkeD1CE
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1228081&query_desc=ti%2Cwrdl%3A%20todo%20tempo%20mundo- Infantil (10-12 anos):
"Todo o tempo do mundo" texto de David Pérez Iglesias e ilustracións de Marcos Viso. Editado por Xerais.
O Premio Merlín de Literatura Infantil 2016 tráenos a visita de Ariadna ao seu avó Valente debido a que seus pais teñen que emigrar. Serán unhas semanas distintas que lle abrirán os ollos para sempre. Un libro emotivo que paga a pena ler aos dez e aos oitenta anos.


- Mozas-os e adultas-os:
"Memorias del estanque" de Antonio Colinas, en Siruela.
Un salto creativo que recolle os momento esenciais da súa vida: as experiencias en Italia ou en
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1212475 Ibiza, as tertulias con Umbral e Gerardo Diego entre outros, as mudanzas de casa, a relación con poetas de Valencia e Cataluña, forman un conxunto que fai deste Premio Nacional de Literatura un poeta, tradutor, narrador e crítico literario  fundamental para entender as últimas décadas na literatura española.
 
 Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

18/8/17

Recomendacións en Radioleiros: 18 agosto 2017

https://youtu.be/Sim1jESCi1A
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=ti&q=Oxal%C3%A1+estiveses+aqu%C3%AD&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE- Infantil (a partir de 9 anos):
"Oxalá estiveses aquí", texto de Charo Pita e ilustracións de Dani Padrón. Editado por Galaxia.
Unha tarde, Lebre estaba deitada cando oíu un son que viña do río. Achegouse á beira e por fin o viu, era un vulto pequeno que baixaba levado pola corrente. Imaxinou algo valioso, un tesouro. Intentou collelo (aínda que a auga non lle gustaba) e por fin o conseguiu. Era unha botella e dentro traía unha mensaxe, pero como a podería sacar sen rompela. Tivo que pedir axuda a seus amigos Cangrexo, Lagarta, Abella e Vento Norberto. Cando entre todos o conseguen, lena e, estrañados, ven que pon “Oxalá estiveses aquí!”. Pero, onde é aquí?, e, quen a envía?...
Un fermoso libro de aventuras, cunhas sinxelas e agradables ilustracións que acompañan o texto, que nos fala de amizade, compañeirismo, retos, axuda e colaboración.

- Mozas-os e adultas-os:

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=ti&q=habitaci%C3%B3n+de+Nona&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE"La habitación de Nona" de Cristina Fernández Cubas. En Tusquets.
Premio Nacional de Narrativa no ano 2016 por este libro do que o xurado destacou “a madurez dunha obra que representa a excelencia do relato breve” e que “mestura con mestría o cotián e o fantástico, alcanzando a esencia e a vitalidade propias do mellor deste xénero literario”. Esta obra tamén recibiu o Premio Nacional da Crítica no 2015.
Está formada por 6 relatos: La habitación de Nona (que dá título ao libro), Hablar con viejas, Interno con figura, El final de Barbro, La nueva vida e Días entre los Wasi-Wano.
En
La habitación de Nona fala dunha nena que ten unha irmá especial (ou tal vez non...?)
En
Hablar con viejas atopamos unha muller que vai ser desafiuzada do piso no que vive e queda cun antigo amigo para ver se lle pode prestar os cartos necesarios para evitalo. Unha anciá pídelle que lle axude a cruzar a rúa e despois invítaa a tomar un café...
En
Interno con figura presenta a unha escritora que, nunha visita a un museo, ve a un grupo escolar comentando un cadro, pero principalmente como unha nena crea unha historia a partir das imaxes dese cadro...
En
El final de Barbro explica como Barbro ou “Ojos del Norte” entrou na vida do pai da narradora cando este estaba moi necesitado de agarimo...
En
La nueva vida vemos a unha viúva que volve ao pasado...
E, en
Días entre los Wasi-Wano amosa a dous irmáns (un neno e a súa irma duns 13 anos)
que van pasar o mes de agosto á casa duns tíos debido a que seu pai está bastante enfermo...
Son seis magníficos relatos (en todos os casos narrados por unha muller, de maior ou menor idade pero sempre de xénero feminino) nos que moitas veces non sabemos se o que nos están contando é real ou é imaxinario, se é algo que está sucedendo ou é algo que se está imaxinando a narradora.
En ABC cultural din que “os relatos de Fernández Cubas configuran un dos universos literarios máis singulares da literatura contemporánea, un espazo onde o inesperado e o cotián, o inexplicable e o real, se entrelazan para ofrecer unha insólita visión da experiencia humana”.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.


11/8/17

Boletín de novidades 11 agosto 2017

https://drive.google.com/open?id=0B95bhc9HVVwOMjJNQV9xeU5EVW8

Recomendacións en Rialeda: 11 agosto 2017

https://youtu.be/QU9LoM_TPGI
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1085868- Infantil (nenas-os maiores de 4 anos):
"A mellor sopa do mundo" texto de Susanna Isern e ilustracións de Mar Ferrero. En OQO.
Nun lugar escondido do bosque a Tartaruga está a preparar a comida. Mentras tanto, fóra, os animais do bosque, vense sorprendidos por unha forte tormenta de neve polo que non teñen máis remedio que refuxiarse na casa da Tartaruga, no momento no que a auga para preparar a sopa está a ferver, así que a medida que os hóspedes entran, van ofrecendo novos ingredientes. No exterior, escurece e vai frío. Dentro da casa, o recendo da sopa vai enchendo a estancia.

- Mozas-os e adultas-os:
"El diagnóstico" de Edith Wharton. Editado por Rey Lear.
Paul Dorrance, o protagonista, é un solteiro acomodado, lixeiramente hipocondríaco, ao que os médicos acaban de certificarlle a súa boa saúde, momento no que decide deixar a Eleanor, a súa amante, para vivir unha vida libre de ataduras. Sen embargo á beira do teléfono
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1196295 atopa un informe médico que lle descobre a “verdade” sobre o fatal desenlace da súa enfermidade. A perspectiva cambia e Eleanor recibe unha proposición de matrimonio.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

4/8/17

Recomendacións en Radioleiros: 4 agosto 2017

https://youtu.be/LUWActWNF8w
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=ti&q=sadako+gruas+papel&branch_group_limit=- Infantil - Xuvenil (de 10 anos en adiante):

Sadako e as mil grúas de papel, de Eleanor Coerr
Everest Galicia

Libro baseado na historia real de Sadako, unha nena xaponesa que con 12 anos faleceu vítima dunha leucemia orixinada pola radiación á que foi exposta de pequena tras a bomba nuclear que asolou Hirosima. Dános a coñecer unha fermosa lenda xaponesa: se constrúes mil grúas de papel, o teu maior desexo farase realidade. Iso é o que empeza a facer Sadako, construir mil grúas de papel para curarse da súa enfermidade.

- Mozas/os e adultas/os:

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=&q=chicas+cline&branch_group_limit=Las chicas, de Emma Cline
Anagrama

Novela inspirada nun feito real, os crimes da familia Manson que en 1969 conmocionaron EEUU. Evie, que ten 14 anos en 1969 é a única filla dun acomodado matrimonio de California que recén se separou. Un día no parque repara nunhas mozas de aspecto andraxoso e comportamento descarado. Así empeza o seu fascinamento polas “chicas de Russell” e pola súa rebelión.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

1/8/17

Mergúllate na lectura! na Biblioteca de Santa Cruz

Este verán toca 
mergullarse 
entre as 
páxinas 
dun libro que te refresque…

Se queres refrescarte este verán e non sufrir o inmenso calor do deserto…. invitámoste e só para TI, que tes máis de 12 anos a mergullarte en refrescantes historias para quitar a sede… sobre todo de lecturas.

E se ademáis queres enviarnos unha foto túa lendo… faremos un mural na entrada da Biblioteca de Santa Cruz coas túas aportacións.....