Unha tempada máis, as Bibliotecas Municipais de Oleiros organizan actividades de promoción da lectura dirixidas a nenas e nenos. Entre os meses de outubro a decembro, nas sete bibliotecas municipais levaranse a cabo 44 sesións de diferentes actividades infantís para fomentar á lectura e animar a que as nenas e os nenos visiten as bibliotecas no seu tempo libre. Levarase a cabo a programación de Ler conta moito, os bebecontos, a hora do conto así como diversas actividades e obradoiros para adolescentes. Os folletos e carteis están distribuídos en todos os colexios de ensino público de Oleiros e tamén nas sete bibliotecas municipais.
Ler conta moito é un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e en colaboración coas Bibliotecas Municipais de Oleiros.

A hora do conto é unha actividade tradicional nas Bibliotecas Municipais de Oleiros na que se levan a cabo diferentes sesións de narración oral dirixidas a nenas e nenos menores de 10 anos. Cóntanse ou dramatízanse un ou varios contos, cun enfoque lúdico e unha vivencia activa e participativa cos libros, fomentando a creatividade, como unha invitación a viaxar a un mundo máxico de imaxinación e fantasía.
Bebecontos son contacontos dirixidos a nenas e nenos de 1 a 3 anos.
Con esta programación as nenas e os nenos poderán escoitar e gozar cos contacontos, fomentar a creatividade con distintos obradoiros: de cómic, de scrapbooking, de maxia, de creación de teatriños de papel, de autoedición..., divertirse e aprender con sinxelos experimentos científicos como os obradoiros sobre submarinos, coñecer a formación dos planetas e estrelas ou entreterse con espectáculos de maxia.
As sesións levaranse a cabo, preferentemente, ás 18:30 horas, excepto algúns obradoiros que terán lugar ás 17:30 h. e que se avisan na propia actividade.

O aforo é limitado en todas as actividades, polo que é imprescindible reservar praza
na biblioteca correspondente, tanto indo persoalmente como chamando por teléfono. Poderanse inscribir desde 10 días antes da data de realización da actividade.
Os obxectivos que se intentan conseguir son a promoción da lectura, que as nenas e os nenos participantes se divirtan escoitando contos, facer novas lectoras e lectores ou consolidarlles este hábito, que descubran a diversidade dos libros e o pracer pola lectura e que vivan o libro en colectividade xunto con outras nenas e nenos.
Participarán o Mago Albert, Pallaso Piruleta & CIA, Ciencia en ruta, Soledad Felloza, Elefante Elegante, Mamá Cabra, Pablísimo, Sonia Ojea, Gemola, Juan Juste, Chus Álvarez, Teatro Ghazafelhos, Migallas, Gargallando, Manel Cráneo, Pavís Pavós, Pedras: artesanía e patrimonio, Chrystyan Magic, Paco Nogueiras, OQO, Pakolas, Carmen Domech, Marisa Irimia, Caxoto, Efervesciencia, Charo Pita, Ramiro Neira e Paula Carballeira.
Preténdese introducir ás nenas e aos nenos no mundo dos libros a través dunha lectura que poidan comprender, coa que gocen e se entreteñan. Tratarase de espertar unha sensibilidade que faga descubrir o pracer que pode proporcionar a lectura, que os nenos e as nenas vexan que tamén se poden divertir e pasar momentos moi agradables cos libros.
Para calquera información que precisen sobre estas sesións poden chamar por teléfono á Biblioteca Central Rialeda 981 639 511 ou a calquera das demais bibliotecas municipais.
Para calquera información que precisen sobre estas sesións poden chamar por teléfono á Biblioteca Central Rialeda 981 639 511 ou a calquera das demais bibliotecas municipais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario