16/10/15

Recomendacións en Radioleiros: 16 de outubro

http://www.ipernity.com/doc/284673/40024760/in/album/748070
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=111570- Xuvenil (de 10 a 12 anos):

Arlindo Yip, de Daniel Nesquens; ilustracións de Alba Marina Rivera
Bambú

Arlindo traballou nunha construtora e sempre xantaba un bocadillo de chourizo. Agora é funcionario de correos especializado en atopar paquetes perdidos. A súa vida tranquila altérnase coas anécdotas que lle pasan.

Libro onde texto e ilustracións van da man.

- Mozas/os e adultas/os:

Kitchen, de Banana Yoshimoto
Rinoceronte

Mikage,unha muller nova, refúxiase na cociña cando morre a súa avoa. A aparición de Yuichi, un home simpático que lle ofrece ir vivir con el e a nai, mudará toda a paisaxe funcional e afectiva.

Alimentos e guisos mestúranse co amor, a amizade e a complicidade nunha historia dura e á vez exemplo da sabiduría de sempre.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

13/10/15

15 e 27 de outubro: Presentación da unidade didáctica "María Wonenburger: unha científica adiantada ao seu tempo"

http://igualdade.xunta.es/sites/default/files/files/documentos/unidade_didactica_maria_wonemburger-ilovepdf-compressed.pdf
Lugar: Teatro As Torres de Santa Cruz
Horario: 10,30 h.

Presentación a cargo das profesoras da Universidade da Coruña María José Souto Salorio e Ana Dorotea Tarrío Tobar. Actividade organizada polas Bibliotecas Municipais de Oleiros.

María Wonenburger naceu en Montrove (Oleiros) no ano 1927. Foi profesora na Universidade de Toronto (Canadá) e posteriormente nas Universidades de Buffalo e Indiana (EE UU). O seu título de doutora expedido en Estados Unidos non foi recoñecido no seu momento en España.


Publicou artigos de investigación en prestixiosas revistas de matemáticas e dirixiu varias teses doutorais, algunhas delas de gran repercusión internacional. A súa investigación enmárcase na área de álxebra.

Regresa a Galicia con 56 anos. A partir das súas publicacións e divulgacións a María Wonenburguer chéganlle en vida os recoñecementos da universidade, asociacións e sociedade máis próxima. E así merecidamente a Xunta de Galicia crea o Premio María Wonenburguer para a ciencia e a tecnoloxía


No 2007 recibe o nomeamento de Socia de Honra da Real Sociedad Matemática Española e a Universidade da Coruña agasállaa coa máxima distinción universitaria como é o nomeamento de Doutora Honoris Causa da mesma.

No ano 2012, no seu lugar de nacemento, Montrove, o Concello de Oleiros honra a súa persoa cun fermoso parque que se bautiza como Parque María Wonenburguer Planells.

Estas sesións están dirixidas a alumnado de 3º e 4º de ESO dos institutos de Oleiros e os obxectivos que se perseguen son dar a coñecer a vida e obra desta ilustre matemática, divulgar a súa figura de destacada científica internacional e transmitir contidos de matemáticas.

Descarga a unidade didáctica


15 de outubro: Contos para adolescentes na Biblioteca Rialeda

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=32371&folderId=122717&name=DLFE-22870.pdf

- 15 outubro: "O meu profe é un monstro" con Soledad Felloza
- 5 novembro: "Historias de arrepío e de noites escuras de inverno" con Paula Carballeira

- 28 outubro: "Os contos que non me contaron" con Paula Carballeira
- 18 novembro: "Éche unha historia!" con Ramiro Neira

Para mozas/os de 10 a 12 anos. Todas as sesións terán lugar ás 18,30 h.

14 de outubro: Inicio da tempada na Tertulia Literaria en Rialeda (Grupo A)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-22834.pdfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comenzamos o 1º trimestre nas Tertulias literarias da Biblioteca Central Rialeda no Grupo A.


 - "Charlotte" de David Foenkinos
- "El palacio azul de los ingenieros belgas", de Fulgencio Argüelles
- "Morgana en Esmelle" de Begoña Caamaño
- "La firma de todas las cosas" de Elizabeth Gilbert

Datas:
- Outubro: días 14 e 28
- Novembro: días 11 e 25
- Decembro: día 9

Pode apuntarse á actividade:
- A través da páxina web do Concello de Oleiros.
- Persoalmente na Biblioteca Central Rialeda.
- Por teléfono (981 639 511) no horario da biblioteca.

Nestes intres o grupo está completo, polo tanto as novas inscricións pasarán a formar parte da lista de espera.

9/10/15

Hora do conto e Ler conta moito: de 13 a 16 de outubro

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-22713.pdf
Todas as sesións celebraránse ás 18:30
Biblioteca Pública Municipal “Federico García Lorca”. Montrove
Para nenas-os de 3 a 10 anos
Martes 13 de outubro
CONTACONTOS: Trinke Trinke
TÍTULO: “A raíña de Turnedó”

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 14 de outubro
Para nenas-os de 1 a 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)
CONTACONTOS: Pavís-Pavós
ACTIVIDADE: “Contos para bebés”

Biblioteca Central “Rialeda”. Perillo
Xoves 15 de outubro
Para nenas-os de 10 a 12 anos
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: “O meu profe é un monstro”

Biblioteca Pública Municipal “Xograr Mendiño”. Lorbé
Xoves 15 de outubro
Para nenas-os de 3 a 10 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)
MONITORADO: Xandobela
ACTIVIDADE: “Pan e auga? Sopas!”

Biblioteca Pública Municipal “Ánxel Fole”. Nós
Para nenas-os de 5 a 10 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)
Venres 16 de outubro
CONTACONTOS: Leo Leíño
TÍTULO: “Maxia cómica”

Algúns destes actos están incluídos no programa 
http://rbgalicia.xunta.es/ler-conta-moito/ da Rede de Bibliotecas de Galicia

Recomendacións en Radioleiros: 9 de outubro

 http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion/radio/podcast/todo-esta-nos-libros
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=77556- Infantil (maiores de 6 anos):
"El príncipe de los enredos", texto de Roberto Aliaga e ilustracións de Roger Olmos, en Edelvives.
Un texto poético, presentado dun xeito simple e cunhas ilustracións magníficas ás que o ilustrador dá un toque persoal tanto ao cruel e malvado corvo protagonista, enredador nato que con rumores malintencionados arrastra ao abismo como á outra protagonista do conto, a marabillosa aciñeira que vive placidamente no medio dun campo, ata que a ave se cruza no seu camiño e con trampas faise rei da paraxe.
 
- Mozos-as e adultos-as:
"El olvido que seremos" de Héctor Abad Faciolince, editado por Seix Barral.
Un relato desgarrador sobre o asasinato da persoa que máis fixo en Colombia pola saúde
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-search.pl?q=olvido+que+seremos&idx=ti
pública e os dereitos humanos, Héctor Abad Gómez, testemuña da violencia que nese país xerou o paramilitarismo. Narrado en primeira persoa polo escritor que perdeu así á persoa máis importante da súa vida, seu pai.
Ademáis de toda esta parte pública da súa vida, Héctor Abad Gómez era un pai amoroso, que educou aos seus fillos a base de apertas, de amor protector, de caricia permanente e tolerancia, interesante cando se dá no medio dunha sociedade atravesada pola violencia política, institucional e histórica. 

 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

5/10/15

Xoves 8 de outubro: presentación da obra “Cadros dunha exposición” n'As Torres de Santa Cruz

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=36737&name=DLFE-22840.pdf
O xoves, 8 de outubro, ás 19 horas, no Teatro As Torres de Santa Cruz, organizado polas Bibliotecas Municipais do Concello de  Oleiros e a editorial Kalandraka, realizarase a presentación do libro titulado “Cadros dunha exposición" e a lectura da adaptación da suite de Modest Mussorgsky.
Contarase coa intervención do autor do libro José Antonio Abad e o ilustrador Xosé Cobas, creador das ilustracións que acompañan ao texto.
 
José Antonio Abad é psicólogo e pedagogo, especialista
 http://www.kalandraka.com/ga/autores/detalle/ficha/abad/en proxectos educativos. Durante máis de dez anos foi director e psicólogo do centro de Educación Infantil Pino Montano de Sevilla e ao trasladarse a Galicia  dirixiu o Departamento de Divulgación da Música na Orquesta Sinfónica de Galicia. Organizou o Programa Municipal “Descubrir a música” do Concello de A Coruña, os “Domingos con música” do Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa e levou a cabo diferentes concertos didácticos para as familias en varias cidades españolas. É autor de varios libros infantís como: "Hércules e Crunia", "As catro estacións", "O carnaval dos animais", "O oso fabuloso", "Timoteo", "El amigo fiel",  "El abuelo saxo", etc..  Actualmente goza da súa xubilación escribindo “contos con música” para nenas, nenos, mozas e mozos.
  
Xosé Cobas é pintor, deseñador gráfico e ilustrador. Expuxo por vez primeira en 1977, na cidade da Coruña. A partir de 1980 compaxinou a pintura co deseño gráfico e a ilustración, e desde 1988 centra a súa actividade de ilustrador na literatura infantil e xuvenil. Ten traballadohttp://www.xosecobas.es/ con autores de prestixio como os galegos Juan Farias, Xabier P. Docampo ou Fina Casalderrey (os tres contan co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil que outorga o Estado Español). Desde 1991 traballa como deseñador gráfico para a Deputación da Coruña.
Ao longo da súa traxectoria ilustrou máis dun cento de libros de diversos xéneros e recibiu varias distincións: Premio FETEN ao mellor libro de teatro ilustrado (2002), Gourmand World Cookbook Awards (Estocolmo, 2004) ao mellor libro do mundo de literatura gastronómica en lingua española, Premio Isaac Díaz Pardo (2008) e Premio Xosé Neira Vilas (2014). Ademais, foi incluído en dúas ocasións na lista The White Ravens da Biblioteca Internacional de Munich.
No argumento do libro pasearemos con “Ocazul, unha gansa noviña que nun despiste abandona o grupo das súas compañeiras e entra no Museo Hermitage de San Petersburgo. Alí, ao ritmo da música de Mussorgsky (que tamén escoitaremos nesta presentación), contempla as pinturas de Hartmann. A súa curiosidade fai que os cadros alí expostos cobren vida coa súa presenza, deste  xeito temos nós o privilexio de gozar co percorrido polos salóns do Museo de San Petersburgo. Os cadros toman vida, facendo desta visita unha experiencia inesquecible, a medio camiño entre a realidade e a fantasía. Un libro-disco para espertar a curiosidade artística e a imaxinación”.
Esta presentación está dirixida a nais/pais e docentes sobre como desenvolver nos nenos e nenas o afecto pola audición musical.
Segundo as propias palabras do autor José Antonio Abad «Valorar a linguaxe universal da música: “oír-escoitar-entender”. Este é o esquema sobre o que se deben traballar as manifestacións sensoriais, afectivas e mentais do neno/a, tendo en conta, sobre todo, que é entre os 5-9 anos cando se produce o espertar da sensibilidade sensorial. Con este xeito de presentar “Cadros dunha exposición”, asociando conto e música, intento vencellar a nais/pais e docentes á actividade pedagóxica da escoita e desenvolver nos nenos/as o afecto pola audición musical».
Invitamos a todas as persoas que o desexen a asistir a esta presentación!!!

7 de outubro: Inicio da tempada na Tertulia Literaria en Rialeda (Grupo B)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-22833.pdfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comenzamos o 1º trimestre nas Tertulias literarias da Biblioteca Central Rialeda no Grupo B.


Programación:
- "El palacio azul de los ingenieros belgas" de Fulgencio Argüelles
- "La muerte de Iván Ilich" de Lev Tolstói
- "Morgana en Esmelle", de Begoña Caamaño
- "El loro de Flaubert" de Julian Barnes
- "La fórmula preferida del profesor" de Yoko Ogawa
- "Canadá" de Richard Ford

Datas:
- Outubro: días 7 e 21
- Novembro: días 4 e 18
- Decembro: días 2 e 16

Pode apuntarse á actividade:
- A través da páxina web do Concello de Oleiros.
- Persoalmente na Biblioteca Central Rialeda.
- Por teléfono (981 639 511) no horario da biblioteca.

Nestes intres o grupo está completo, polo tanto as inscricións pasarán a formar parte da lista de espera.

2/10/15

Hora do conto e Ler conta moito: de 5 a 9 de outubro

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-22713.pdf
Todas as sesións celebraránse ás 18:30
Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda
Para nenas-os de 5 a 10 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
Luns 5 de outubro
CONTACONTOS: Elefante Elegante
TÍTULO: “O aviador”

Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros
Martes 6 de outubro
Para nenas-os de 3 a 10 anos
CONTACONTOS: Migallas
TÍTULO: “Merenda con pan de millo”

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 7 de outubro
Para nenas-os de 5 a 10 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)
ARTISTA: Leo Leíño
ACTIVIDADE: “Maxia cómica”

Biblioteca Central “Rialeda”. Perillo
Xoves 8 de outubro
Para nenas-os de 5 a 10 anos
CONTACONTOS: Larraitz
TÍTULO: “Babamor”

Biblioteca Pública Municipal “Xograr Mendiño”. Lorbé
Xoves 8 de outubro
Para nenas-os maiores de 6 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)
MONITORADO: Viravolta Títeres
ACTIVIDADE: “Obradoiro de marionetas”

Biblioteca Pública Municipal “Mª José Trincado”. Mera
Para nenas-os de 5 a 10 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)
Venres 9 de outubro
CONTACONTOS: Elefante Elegante
TÍTULO: “Lobo bobo”

Estes actos están incluídos no programa 

http://rbgalicia.xunta.es/ler-conta-moito/
da Rede de Bibliotecas de Galicia

Recomendacións en Radioleiros: 2 de outubro

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Recomendaci%C3%B3ns%20en%20Radioleiros
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-search.pl?q=libro+sentia+solo&idx=- Infantil (de 6 a 8 anos):
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-search.pl?q=pe+magnolio+mayoral&idx=
El libro que se sentía solo, de Kate Bernheimer; ilustracións de Chris Sheban
Juventud

Un libro vello da biblioteca está triste porque ninguén lle presta atención. O seu encontro con Alicia, unha lectora con sensibilidade e imaxinación, mudará o seu destino. Ilustracións de grande calidade do norteamericano Chris Sheban.

- Mozas/os e adultas/os:

Ao pé do magnolio, de Marina Mayoral
Galaxia

Paco cóntalle a historia da súa vida a unha escritora. Unha reflexión sobre o que foi e o que puido ser, a aceptación da renuncia e as decisións que tomou. Un monólogo onde os éxitos mestúranse cos fracasos, contado desde a perspectiva masculina e que é continuación de "Unha árbore, un adeus".

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

1/10/15

Tertulias literarias en Rialeda e Santa Cruz: grupos completos

Xa están completos os grupos participantes nas Tertulias literarias na Biblioteca Central Rialeda e na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz.

As solicitudes recibidas a partir de agora formarán parte das respectivas listas de espera de ambos clubs de lectura. 
Avisaráse ás/aos solicitantes (por orde de inscrición) unha vez que haxa prazas vacantes.

Dita inscrición pode facerse dos seguintes xeitos:
- A través da páxina web do Concello de Oleiros (só para Rialeda).
- Persoalmente na Biblioteca Central Rialeda ou na Biblioteca de Santa Cruz
- Por teléfono (981 639 511 Rialeda) (981 626 338 Santa Cruz) no horario das bibliotecas.

27/9/15

Luns 28 de setembro: apertura do prazo de inscrición nas Tertulias Literarias en Rialeda e Santa Cruz

BIBLIOTECA CENTRAL RIALEDA

O prazo de inscrición para as Tertulias literarias na Biblioteca Central Rialeda ábrese o luns 28 de setembro ás 8,15 h.*.

A inscrición poderá facerse dos seguintes xeitos:
- A través da páxina web do Concello de Oleiros.
- Persoalmente na Biblioteca Central Rialeda.
- Por teléfono (981 639 511) no horario da biblioteca (luns a venres de 8,15 a 21,15 h.).


40 prazas por orde de inscrición. As 20 primeiras solicitudes constituirán o grupo A e as 20 restantes o grupo B.

As persoas que queden sen praza entrarán a formar parte dunha Lista de Espera.


BIBLIOTECA E CENTRO DE DOCUMENTACIÓN DA MULLER "ROSALÍA DE CASTRO". SANTA CRUZ

A inscrición para as Tertulias literarias na Biblioteca de Santa Cruz ábrese o luns 28 de setembro ás 16 h.*

A inscrición poderá facerse dos seguintes xeitos:
- Persoalmente na Biblioteca de Santa Cruz.
- Por teléfono (981 626 338) no horario da biblioteca (martes a xoves de 10 a 13,30 h.; luns a venres de 16 a 20 h.; primeiro e terceiro sábado de mes de 10 a 14 h.).


20 prazas por orde de inscrición. As persoas que queden sen praza entrarán a formar parte dunha Lista de Espera.


*Non se admitirán solicitudes previas á data sinalada.

IMPORTANTE: A inscrición en liña está dispoñible únicamente para as tertulias da Biblioteca Rialeda.

26/9/15

Hora do conto e Ler conta moito: de 28 de setembro a 2 de outubro

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-22713.pdf
Todas as sesións celebraránse ás 18:30
Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda
Para nenas-os de 5 a 10 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
Luns 28 de setembro
MONITORADO: Maumarela
ACTIVIDADE: “Crea fósiles de dinosauro”

Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros
Martes 29 de setembro
Para nenas-os de 3 a 10 anos
CONTACONTOS: Raquel Queizás
TÍTULO: “A maleta da avoa”

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 30 de setembro
Para nenas-os de 5 a 10 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)
MONITORADO: Viravolta Títeres
ACTIVIDADE: “Obradoiro de marionetas”

Biblioteca Central “Rialeda”. Perillo
Xoves 1 de outubro
Para nenas-os de 1 a 4 anos Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Bea Campos de Migallas Teatro
TÍTULO: “Contos do chupete”

Biblioteca Pública Municipal “Mª José Trincado”. Mera
Para nenas-os de 1 a 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)
Venres 2 de outubro
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: “Cinco lobitos”
 
Algúns destes actos están incluídos no programa 
http://rbgalicia.xunta.es/ler-conta-moito/da Rede de Bibliotecas de Galicia