Lugar: Teatro As Torres de Santa Cruz
Horario: 10,30 h.
Presentación a cargo das profesoras da Universidade da Coruña María José Souto Salorio e Ana Dorotea Tarrío Tobar. Actividade organizada polas Bibliotecas Municipais de Oleiros.
María Wonenburger naceu en Montrove (Oleiros) no ano 1927. Foi profesora na Universidade de Toronto (Canadá) e posteriormente nas Universidades de Buffalo e Indiana (EE UU). O seu título de doutora expedido en Estados Unidos non foi recoñecido no seu momento en España.
Publicou artigos de investigación en prestixiosas revistas de matemáticas e dirixiu varias teses doutorais, algunhas delas de gran repercusión internacional. A súa investigación enmárcase na área de álxebra.
Regresa a Galicia con 56 anos. A partir das súas publicacións e divulgacións a María Wonenburguer chéganlle en vida os recoñecementos da universidade, asociacións e sociedade máis próxima. E así merecidamente a Xunta de Galicia crea o Premio María Wonenburguer para a ciencia e a tecnoloxía.
No 2007 recibe o nomeamento de Socia de Honra da Real Sociedad Matemática Española e a Universidade da Coruña agasállaa coa máxima distinción universitaria como é o nomeamento de Doutora Honoris Causa da mesma.
No ano 2012, no seu lugar de nacemento, Montrove, o Concello de Oleiros honra a súa persoa cun fermoso parque que se bautiza como Parque María Wonenburguer Planells.
Estas sesións están dirixidas a alumnado de 3º e 4º de ESO dos institutos de Oleiros e os obxectivos que se perseguen son dar a coñecer a vida e obra desta ilustre matemática, divulgar a súa figura de destacada científica internacional e transmitir contidos de matemáticas.
Descarga a unidade didáctica
No hay comentarios:
Publicar un comentario