5/10/15

Xoves 8 de outubro: presentación da obra “Cadros dunha exposición” n'As Torres de Santa Cruz

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=36737&name=DLFE-22840.pdf
O xoves, 8 de outubro, ás 19 horas, no Teatro As Torres de Santa Cruz, organizado polas Bibliotecas Municipais do Concello de  Oleiros e a editorial Kalandraka, realizarase a presentación do libro titulado “Cadros dunha exposición" e a lectura da adaptación da suite de Modest Mussorgsky.
Contarase coa intervención do autor do libro José Antonio Abad e o ilustrador Xosé Cobas, creador das ilustracións que acompañan ao texto.
 
José Antonio Abad é psicólogo e pedagogo, especialista
 http://www.kalandraka.com/ga/autores/detalle/ficha/abad/en proxectos educativos. Durante máis de dez anos foi director e psicólogo do centro de Educación Infantil Pino Montano de Sevilla e ao trasladarse a Galicia  dirixiu o Departamento de Divulgación da Música na Orquesta Sinfónica de Galicia. Organizou o Programa Municipal “Descubrir a música” do Concello de A Coruña, os “Domingos con música” do Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa e levou a cabo diferentes concertos didácticos para as familias en varias cidades españolas. É autor de varios libros infantís como: "Hércules e Crunia", "As catro estacións", "O carnaval dos animais", "O oso fabuloso", "Timoteo", "El amigo fiel",  "El abuelo saxo", etc..  Actualmente goza da súa xubilación escribindo “contos con música” para nenas, nenos, mozas e mozos.
  
Xosé Cobas é pintor, deseñador gráfico e ilustrador. Expuxo por vez primeira en 1977, na cidade da Coruña. A partir de 1980 compaxinou a pintura co deseño gráfico e a ilustración, e desde 1988 centra a súa actividade de ilustrador na literatura infantil e xuvenil. Ten traballadohttp://www.xosecobas.es/ con autores de prestixio como os galegos Juan Farias, Xabier P. Docampo ou Fina Casalderrey (os tres contan co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil que outorga o Estado Español). Desde 1991 traballa como deseñador gráfico para a Deputación da Coruña.
Ao longo da súa traxectoria ilustrou máis dun cento de libros de diversos xéneros e recibiu varias distincións: Premio FETEN ao mellor libro de teatro ilustrado (2002), Gourmand World Cookbook Awards (Estocolmo, 2004) ao mellor libro do mundo de literatura gastronómica en lingua española, Premio Isaac Díaz Pardo (2008) e Premio Xosé Neira Vilas (2014). Ademais, foi incluído en dúas ocasións na lista The White Ravens da Biblioteca Internacional de Munich.
No argumento do libro pasearemos con “Ocazul, unha gansa noviña que nun despiste abandona o grupo das súas compañeiras e entra no Museo Hermitage de San Petersburgo. Alí, ao ritmo da música de Mussorgsky (que tamén escoitaremos nesta presentación), contempla as pinturas de Hartmann. A súa curiosidade fai que os cadros alí expostos cobren vida coa súa presenza, deste  xeito temos nós o privilexio de gozar co percorrido polos salóns do Museo de San Petersburgo. Os cadros toman vida, facendo desta visita unha experiencia inesquecible, a medio camiño entre a realidade e a fantasía. Un libro-disco para espertar a curiosidade artística e a imaxinación”.
Esta presentación está dirixida a nais/pais e docentes sobre como desenvolver nos nenos e nenas o afecto pola audición musical.
Segundo as propias palabras do autor José Antonio Abad «Valorar a linguaxe universal da música: “oír-escoitar-entender”. Este é o esquema sobre o que se deben traballar as manifestacións sensoriais, afectivas e mentais do neno/a, tendo en conta, sobre todo, que é entre os 5-9 anos cando se produce o espertar da sensibilidade sensorial. Con este xeito de presentar “Cadros dunha exposición”, asociando conto e música, intento vencellar a nais/pais e docentes á actividade pedagóxica da escoita e desenvolver nos nenos/as o afecto pola audición musical».
Invitamos a todas as persoas que o desexen a asistir a esta presentación!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario